P3151001 - Fundamentos de Finanzas (Modulo Preparatorio: Economía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 2.00
- Total: 2.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 16.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia constitúe unha primeira aproximación do alumno ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. Trataremos de explicar o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. O principal obxetivo a alcanzar e que ó alumno poida manexar conceptos financeiros dende unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións co mundo empresarial e no tratamento dos seus posibles investementos
Contidos1. Introdución ao cálculo financeiro.
1.1. O valor do diñeiro no tempo.
1.2. Fundamentos do cálculo financeiro.
1.3. Valoración financeira das rendas. Rendas constantes.
1.4. Operacións de amortización de préstamos.
2. A función financeira na empresa
2.1. Natureza e contido da función financeira na empresa.
2.2. O papel do directivo financeiro.
2.3. Os obxetivos financeiros das empresas.
2.4. A estructura económica e financeira da empresa.
3. As operacións de investimento na empresa.
3.1. O investimento como proceso temporal.
3.2. Modelosdinámicos de valoración e selección de investimentos.
3.2.1. O criterio do prazo de recuperación descontado.
3.2.2. O valor actual neto (VAN).
3.2.3. A tasa interna de rendemento.
3.2.4. Comparación entre os criterios do VAN e da TIR.
4. As operacións de financiamento na empresa.
4.1. Financiamento a medio e longo prazo.
4.1.1 Financiamento interno o autofinanciamento.
4.1.2 Financiamento externo.
4.2. Financiamento a corto prazo. Finanzas operativas
Bibliografía básica e complementariaXIMENEZ RODRÍGUEZ E OUTROS, Analisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones.
RICHARD A. BREALEY Y STEWART MYERS, Principios de Dirección Financiera, McGraw-Hill
ESCRIBANO RUIZ, JAVIER, Gestión Financiera. Ed. Paraninfo.
ARIZA,A Y RUIZ,I., Finanzas para todos, ESIC, 1999.
CASTÁN FERRERO,J.M., La gestión Financiera en la empresa, Ed. pirámide, 1997.
Competencias-Coñecer e comprender os conceptos básicos das finanzas e os principios financeiros fundamentais.
-Comprender os funadamentos das decisións de Investimento e financiamento que conforman a administración financeira da empresa.
-Coñecer as variables que entran en xogo á hora de acudir a unha entidade financeira a solicitar un préstamo o realizar un depósito.
-Capacidade para resolver un problema financeiro a través da folla de cálculo.
Metodoloxía da ensinanza - Análise dos contidos teóricos do programa.
- Resolución de exercicios prácticos
- Utilización de ferramentas informáticas para a resolución dos exercicios.
Sistema de evaluaciónPara unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta por un lado o resultado obtido nunha proba final teórico práctica e por outro a asistencia e participación activa nas clases.
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais: 20h
- Horas non presenciais:
Estudio dos contidos: 15h
Realización das tareas propostas: 5h
Recomendacións para o estudo da materiaDado que se trata dunha materia de nivelación recoméndase a asistencia e participación nas clases. Tamén é recomendable, ainda que non imprescindible, contar con certa práctica coa folla de cálculo.