P3161002 - Teoría Económica (Complementos de Formación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta disciplina ten por obxectivo facilitar unha breve introdución á economía a aqueles estudantes que vaian cursar o "Máster en Economía. Organización Industrial e Mercados Financieiros" e que proveñan de estudos nos cuais os fundamentos económicos foran escasos.
ContidosTeoría do Consumidor. Teoría da produción. Equilibrio e eficiencia. Os agregados macroeconómicos. A función de produción. Progreso tecnolóxico e crecemento. A procura agregada. O diñeiro. Perturbacións da procura agregada e flutuacións económicas.
Bibliografía básica e complementariaMankiw, Gregory N. (2010): Macroeconomía, 6ª edición, Antoni Bosch Eds.
Varian, Hal R. (2011): Microeconomía Intermedia: un enfoque actual, 8ª edición, Antoni Bosch Eds.
CompetenciasCompetencias transversais: Análise e síntese. Resolución de problemas. Razonamento crítico. Sensibilidade cara os problemas sociais. Traballo en equipa. Estimulación intelectual.
Metodoloxía da ensinanza O proceso de aprendizaxe proposta na materia require tanto do traballo na aula coma do traballo persoal do alumno.
Traballo na aula: clases expositivas combinadas con clases interactivas, titorías e exames.
As clases expositivas proporcionarán ao alumno unha visión xeral de cada tema e as aplicacións fundamentais deste. Poñerán a énfase na explicación dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión, e servirán de base para que, no estudo individual e de grupo, o alumno poida asimilar a información proporcionada nas aulas e transformala en coñecemento.
As sesións de análise de casos, a análise crítica de artigos e a resolución de problemas relacionados coa macroeconomía contribuirán a que o alumno comprenda como se articulan a análise teórica e empírica para poder elaborar xuízos e facer propostas.
As titorías en grupo reducido permiten ao profesor coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe do alumno e guialo en aspectos que revistan dificultade.
Traballo do alumno: preparar o traballo na aula e reafirmar os coñecementos adquiridos a través da elaboración e presentación de traballos, realización de exercicios ou estudos de caso. Estas actividades axudarán á adquisición e desenvolvemento doutras habilidades de carácter transversal como son a resolución de problemas, o razoamento crítico e a comunicación oral e escrita. Os traballos en grupo permitirán aos alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción.
Exames e resto das actividades de avaliación: forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso. A través dos exames, intentarase que o alumno desenvolva a súa habilidade para analizar e resolver problemas de xeito eficiente e para comunicar os seus coñecementos e conclusións por escrito, de xeito claro e preciso.
Os alumnos dispoñerán dunha guía docente cos contidos dos temas, que informará sobre a importancia relativa e interrelación entre estes. Así mesmo conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o traballo individual e en grupo. O material complementario poñerase a disposición dos alumnos a través da Aula Virtual.
Sistema de evaluaciónUn examen escrito al final del curso.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas do curso o estudante debe dedicar 30 horas ao estudo.
Recomendacións para o estudo da materiaLer os capítulos recomendados dos manuais despois de cada aula e facer os exercizos recomendados.
ObservaciónsPara o seguimento regular da disciplina é imprescindíbel a asistencia ás aulas.