Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161108 - Organización Industrial (Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O propósito desta materia é que o alumno adquira os coñecementos necesarios para analizar as decisións das empresas e o funcionamento dos mercados atendendo á diversidade das formas nas que se organizan as industrias e os mercados. A materia adopta un enfoque estratéxico para examinar unha ampla variedade de decisións das empresas sobre cuestións relativas á súa rendibilidade e a súa interacción con clientes, provedores, competidores e goberno. No curso estúdanse decisións relativas a cuestións como os prezos, a capacidade instalada ou a publicidade atendendo tanto para os seus efectos sobre a rendibilidade coma ao seu impacto sobre competidores actuais e potenciais. Estúdase tamén a forma en que se obtén e se exerce o poder de mercado a través da diferenciación, o posicionamento de produtos, a fixación de prezos, a restrición de entrada, e analízase a forma en que tales decisións se ven afectadas pola forma en que operan os mercados. Ao longo do curso combínanse a análise rigorosa de decisións e interaccións entre empresas, unha perspectiva ampla dos mercados en que as empresas están inmersas e unha orientación práctica dirixida a adquirir as competencias necesarias para analizar cuestións e problemas relativos a industrias e mercados concretos. Desta forma, o alumno adquire coñecementos, técnicas e habilidades necesarias para levar a cabo unha análise económica de industrias e mercados relevantes e de utilidade práctica para a toma de decisións.
    Contidos
    Teorías da empresa.
    Análise económica e toma de decisións.
    Teoría de xogos e interacción estratéxica.
    Fixación de prezos e discriminación de prezos.
    Prácticas predatorias.
    Demanda e diferenciación do produto.
    Vendas atadas.
    Custos de cambio.
    Externalidades de rede.
    Durabilidade.
    Publicidade e información.
    Bibliografía básica e complementaria
    Armstrong, M. and R. Porter (eds.) (2007). Handbook of Industrial Organizations, Vol. 3. Elsevier-North-Holland.
    Cabral, L. (1997). Organización Industrial. McGraw-Hill.
    Cabral, L. (2000). Introduction to Industrial Organization. MIT Press.
    Carlton, D. W. y Perloff, J. M. (1999). Modern Industrial Organization. 3th edition, Addison Wesley Longman, Inc.
    Clarke, R. (1985). Economía Industrial. Colegio de Economistas-Celeste Ediciones, Madrid, 1993.
    Church, J and R. Ware (2000). Industrial Organization a Strategic Approach McGraw-Hill
    Hay, D. and D. Morris (1987). Industrial Economics. Theory and Evidence. Oxford University Press.
    Jacquemin, A. (1989). La Nueva Organización Industrial. Vincens-vives
    Jaskow, P. and Waterson, M. (eds.) (2004). Empirical Industrial Organization. Vols. 1 and 2. Edward Elgar.
    Martin, S. (1993). Advanced Industrial Economics. Basil Blackwell
    Pepall and Norman (2006). Organización Industrial. Teoría y Práctica contemporánea. Thompson Internacional, 3ª edición.
    Pepall and Norman (2005). Industrial Organization: Contemporary Theory and Practice. Thompson. 3rd Edition.
    Shmalensee, R and R. Willig (eds.) (1989). Handbook of Industrial Organizations, Vols. 1 and 2. North-Holland.
    Shy, O. (1995). Industrial Organization. Theory and Applications, MIT Press.
    Tirole, J. (1990). La teoría de la organización industrial, Ariel Economía.
    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    . Coñecer e comprender a forma de articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos sobre a competencia e a estratexia empresarial en sectores industriais.
    . Coñecer o carácter interdisciplinar das decisións relativas á estratexia empresarial e á política industrial e ser capaz de integrarse a grupos multidisciplinares para analizar e resolver problemas.
    . Recoller e manexar datos e información relevante de fontes estatísticas e publicacións especializadas.
    . Elaboración e presentación de informes sectoriais e de mercados de xeito oral e escrito e ser capaz de comunicarse con claridade tanto a públicos especializados como non especializados.
    . Integrar coñecementos e formular xuízos a partir da información limitada e incompleta para analizar e propoñer solucións a problemas relativos á asignación de recursos en sectores industriais.
    . Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos na análise da competencia.
    . Competencias transversais: Organización e planificación. Comunicación oral e escrita en máis dun idioma, e en especial en inglés. Resolución de problemas. Toma de decisións. Traballo en equipo. Habilidades nas relacións interpersoais. Razoamento crítico. Iniciativa. Creatividade. Sensibilidade cara a problemas sociais. Autonomía na aprendizaxe


    Outras competencias específicas da materia:
    . Coñecer os factores e consideracións que afectan as decisións tácticas e estratéxicas das empresas en relación coa fixación de prezos, o posicionamento e diferenciación do produto e a publicidade.
    . Aplicar a análise económica e a teoría de xogos á identificación, previsión e solución de problemas relativos á asignación eficiente dos recursos en empresas e sectores industriais.
    . Coñecer e comprender os incentivos e consecuencias económicas do exercicio do poder de mercados.
    . Participar no asesoramento e deseño de estratexias referidas a actividades específicas da industria.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas teñen como obxecto proporcionar ao alumno unha visión xeral dos temas, os seus conceptos, teorías, métodos e aplicacións fundamentais. Na clase maxistral ponse a énfase na explicación dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión. Estas sesións serven de base para o estudo individual e de grupo que permitirá ao alumno asimilar a información proporcionada nas aulas e transformala en coñecemento. A resolución de exercicios, tanto de xeito autónomo coma en grupos reducidos, é esencial para o proceso de aprendizaxe. Mediante estas actividades o alumno aprende a aplicar a análise económica e a teoría de xogos á análise das decisións da empresa e á solución de problemas de asignación, e capacítase para comprender os incentivos e consecuencias de exercer o poder do mercado e para avaliar as vantaxes e inconvenientes de distintas alternativas de política pública e regulación de mercados.
    As sesións de análise de casos, a análise critico de artigos e a elaboración de noticias contribúen a que o alumno comprenda a forma en que se articulan a análise teórica e empírica, a forma na que se integran os coñecementos para elaborar xuízos e facer propostas, e desenvolven a súa capacidade para discernir o alcance e limitacións do emprego de teorías e modelos na análise e solución de problemas. Estas actividades tamén contribúen á adquisición e desenvolvemento doutras habilidades de carácter transversal como son a resolución de problemas, o razoamento critico, o traballo en equipo, as habilidades nas relacións interpersoais, e a comunicación oral e escrita.
    Finalmente, a través dos exames o alumno desenvolve a súa habilidade para analizar e resolver problemas de xeito eficiente e para comunicar os seus coñecementos e conclusións en forma escrita de xeito claro e preciso.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia combina os exames escritos e unha avaliación continua dos exercicios, informes e traballos individuais e de grupo, presentacións e intervencións en seminarios ao longo do curso. Os exames están centrados fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. Na avaliación continua téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. No proceso de avaliación considéranse, ademais do dominio da materia, outros aspectos tales como a capacidade de análise e de síntese, a efectividade no traballo en equipo, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía en inglés, a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso e o resto das competencias mencionadas nos apartados anteriores. A avaliación final do curso outorga un peso do 70% aos exames escritos e un 30% á avaliación continua.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións previas: Coñecementos a un nivel intermedio de teoría do consumidor, da empresa e dos mercados. Nocións de teoría de xogos. Coñecementos a un nivel intermedio de inferencia estatística.
    Observacións
    Na nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.