P3161109 - Seminarios de aplicacións da análise económica (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Fundamentos da Análise Económica, Economía Cuantitativa, Departamento Externo
- Áreas: Economía Aplicada, Fundamentos de Análise Económica, Economía Cuantitativa (propia da USC) , Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO propósito destes seminarios é, en primeiro termo, que o alumno entre en contacto coas diversas áreas de aplicación dos coñecementos e métodos de análises que se estudan no máster. En segundo termo, búscase que o alumno explore o potencial de utilización dos modelos téoricos e dos métodos cuantitativos na análise dalgúns dos problemas e temas que se abordan nos seminarios. Desta forma o alumno desenvolve a súa capacidade para identificar as teorías, os métodos e as fontes de información relevantes para a comprensión e análise de problemas reais no campo da economía en xeral, a organización industrial e os mercados financeiros.
ContidosSeminarios de aplicación da análise económica e das técnicas estatísticas e econométricas a diversos temas de relevancia para particulares, empresas e organismos públicos en temas relativos a: asignación de recursos, sistemas de incentivos, eficiencia e produtividade, políticas macroeconómicas, estratexia empresarial, competencia e regulación económica, fiscalidade, operacións financeiras, valoración de riscos financeiros.
Bibliografía básica e complementariaEntregarase ao alumno en cada seminario.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
Aplicar os coñecementos de economía xeral e os específicos das materias das áreas de especialización do máster á identificación, previsión e solución de problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao seu perfil de especialización.
Elaborar informes económicos conxunturais e estudos orientados a analizar e predicir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos e da aplicación de métodos estatísticos e econométricos a problemas e situacións.
Desenvolver as seguintes capacidades: análise e síntese, Comunicación oral e escrita en máis dun idioma, e en especial en inglés, razoamento crítico, iniciativa e espírito emprendedor, estimulación intelectual.
Metodoloxía da ensinanza A asistencia a seminarios estimula ao alumno para explorar a aplicación dos modelos e métodos de análises a distintas situacións. O posterior traballo do alumno sobre algúns dos temas tratados nos seminarios serven de orientación ao alumno para a elección do seu itinerario formativo e para explorar alternativas de face á realización do traballo de fin de máster. Os alumnos presentan informes e elaboran propostas vinculadas aos seminarios para as cales reciben tutorización en grupos reducidos.
Sistema de evaluaciónO principal elemento de avaliación serán os traballos escritos sobre temas tratados nos seminarios. Avaliaranse aspectos como o dominio da materia e das técnicas, o manexo da terminoloxía propia do tema e as capacidades para: analizar e sintetizar, manexar información, integrar coñecementos, formular preguntas relevantes e analizar problemas. Na avaliación tamén se terán en conta outros aspectos como a claridade expositiva, a creatividade e iniciativa.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal.