P3161216 - Organización e Dinámica Industrial (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO propósito desta materia é que o alumno adquira os coñecementos e habilidades necesarias para analizar as decisións de crecemento das empresas e comprender os diversos factores que condicionan a dinámica das industrias e dos mercados. A materia adopta un enfoque estratéxico para examinar unha ampla variedade de decisións das empresas sobre cuestións relativas ao seu crecemento: a súa rendibilidade a longo prazo e a súa interacción con clientes, provedores, competidores e goberno. No curso examínanse as diversas formas de crecemento das empresas: ampliación de capacidade, fusións, adquisicións, aventuras conxuntas, expansión internacional e innovación. Na última parte do curso avánzase no estudo da forma en que a competencia, o crecemento e a entrada e saída de empresas moldean a dinámica da industria. Ao longo do curso combínanse a análise rigorosa e a orientación práctica dirixida a analizar cuestións e problemas relativos a industrias e mercados concretos. Desta forma, o alumno adquire coñecementos, técnicas e habilidades necesarias para levar a cabo unha análise económica da dinámica industrial rigorosa e útil para a toma de decisións.
ContidosO crecemento da empresa
Fusións, adquisicións e restricións verticais
Organización industrial, comercio e empresas multinacionais
Gastos en I+D, patentes e innovación
Difusión da tecnoloxía
Competencia, concentración e dinámica industrial
Bibliografía básica e complementariaArmstrong, M. and R. Porter (eds.) (2007). Handbook of Industrial Organizations, Vol. 3. Elsevier-North-Holland.
Cabral, L. (1997). Organización Industrial. McGraw-Hill.
Cabral, L. (2000). Introduction to Industrial Organization. MIT Press.
Carlton, D. W. y Perloff, J. M. (1999). Modern Industrial Organization. 3th edition, Addison Wesley Longman, Inc.
Clarke, R. (1985). Economía Industrial. Colegio de Economistas-Celeste Ediciones, Madrid, 1993.
Church, J and R. Ware (2000). Industrial Organization a Strategic Approach McGraw-Hill.
Elsner, W. (2012). Microeconomics of Interactive Economies. Edward Elgar.
Hay, D. and D. Morris (1987). Industrial Economics. Theory and Evidence. Oxford University Press.
Jacquemin, A. (1989). La Nueva Organización Industrial. Vincens-vives
Jaskow, P. and Waterson, M. (eds.) (2004). Empirical Industrial Organization. Vols. 1 and 2. Edward Elgar.
Martin, S. (1993). Advanced Industrial Economics. Basil Blackwell
Pepall and Norman (2006). Organización Industrial. Teoría y Práctica contemporánea. Thompson Internacional, 3ª edición.
Pepall and Norman (2005). Industrial Organization: Contemporary Theory and Practice. Thompson. 3rd Edition.
Shmalensee, R and R. Willig (eds.) (1989). Handbook of Industrial Organizations, Vols. 1 and 2. North-Holland.
Shy, O. (1995). Industrial Organization. Theory and Applications, MIT Press.
Tirole, J. (1990). La teoría de la organización industrial, Ariel Economía.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
. Coñecer e comprender a forma de articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos sobre a competencia e a estratexia empresarial en sectores industriais.
. Coñecer o carácter interdisciplinar das decisións relativas á estratexia empresarial e á política industrial e ser capaz de integrarse a grupos multidisciplinares para analizar e resolver problemas.
. Interpretar e comprender a análise teórica e empírica da elaboración de estudos sobre a competencia e a estratexia empresarial en sectores industriais.
. Elaboración e presentación de informes sectoriais e de mercados de xeito oral e escrito e ser capaz de comunicarse con claridade tanto a públicos especializados como non especializados.
. Integrar coñecementos e formular xuízos a partir da información limitada e incompleta para analizar e propoñer solucións a problemas relativos á asignación de recursos en sectores industriais.
. Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos na análise da competencia. Coñecer e comprender a forma de articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos sobre a competencia e a estratexia empresarial en sectores industriais
. Competencias transversais: Análise e síntese. Comunicación oral e escrita en máis dun idioma, e en especial en inglés. Xestión da información. Toma de decisións. Traballo en equipo. Habilidades nas relacións interpersoais. Razoamento crítico. Iniciativa. Creatividade. Adaptación ao ámbito e ao cambio. Sensibilidade cara a problemas sociais. Autonomía na aprendizaxe.
Outras competencias específicas da materia:
. Coñecer e comprender os factores e consideracións que afectan ás decisións tácticas e estratéxicas das empresas en relación a ampliación de capacidade e os esforzos de innovación e incorporación de novas tecnoloxías.
. Aplicar a análise económica e a teoría de xogos á identificación, previsión e solución de problemas relativos ao crecemento das empresas e a dinámica das industrias.
. Coñecer e comprender os incentivos e consecuencias económicas das interaccións estratéxicas das empresas nos sectores industriais.
. Analizar as vantaxes e os inconvenientes das distintas alternativas de política pública no ámbito industrial.
. Participar no asesoramento e deseño de estratexias e políticas referidas a fusións e adquisicións, competencia en mercados internacionais, innovación e difusión da tecnoloxía.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas teñen como obxecto proporcionar ao alumno unha visión xeral dos temas, os seus conceptos, teorías, métodos e aplicacións fundamentais. Na clase maxistral ponse a énfase na explicación de dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión. Estas sesións serven de base para o estudo individual e de grupo que permitirá ao alumno asimilar a información proporcionada nas aulas e transformala en coñecemento. A resolución de exercicios, tanto de xeito autónomo coma en grupos reducidos, é esencial para o proceso de aprendizaxe. Mediante estas actividades o alumno aprende a aplicar a análise económica e a teoría de xogos á análise das decisións da empresa e á solución de problemas de asignación, e capacítase para comprender os incentivos e consecuencias de exercer o poder do mercado e para avaliar as vantaxes e inconvenientes de distintas alternativas de política pública e regulación de mercados.
As sesións de análise de casos, a análise critico de artigos e a elaboración de noticias contribúen a que o alumno comprenda a forma en que se articulan a análise teórica e empírica, a forma na que se integran os coñecementos para elaborar xuízos e facer propostas, e desenvolven a súa capacidade para discernir o alcance e limitacións do emprego de teorías e modelos na análise e solución de problemas. Estas actividades tamén contribúen á adquisición e desenvolvemento doutras habilidades de carácter transversal como son a resolución de problemas, o razoamento critico, o traballo en equipo, as habilidades nas relacións interpersoais, e a comunicación oral e escrita.
A elaboración e presentación do traballo de curso en grupos tutorizados de 4-5 alumnos, ademais de contribuír de xeito significativo á adquisición das competencias mencionadas nos parágrafos anteriores, desenvolven outras competencias como: organizar e planificar o traballo colectivo; recoller e manexar datos e información; integrar coñecementos e formular xuízos a partir da información limitada e incompleta, analizar e propoñer solucións a problemas relativos á asignación de recursos en sectores industriais, e desenvolver a perspectiva e habilidades interpersoais necesarias para integrarse en grupos de traballos multidisciplinares para a análise e solución de problemas.
Finalmente, a través dos exames o alumno desenvolve a súa habilidade para analizar e resolver problemas de xeito eficiente e para comunicar os seus coñecementos e conclusións en forma escrita de xeito claro e preciso.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia combina os exames escritos, cun traballo de curso e unha avaliación continua dos exercicios, noticias e traballos individuais e de grupo, presentacións e intervencións en seminarios ao longo do curso. Os exames están centrados fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. O traballo de curso está encamiñado principalmente a avaliar a capacidade para aplicar os coñecementos na elaboración de estudos que combinan a análise teórica e o traballo empírico, a capacidade para emitir xuízos e propoñer solucións a problemas, a efectividade no traballo en grupo e a capacidade expositiva oral e escrita. Na avaliación continua téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. No proceso de avaliación considéranse, ademais do dominio da materia, outros aspectos tales como a capacidade de análise e de síntese, a efectividade no traballo en equipo, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía en inglés, a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso e o resto das competencias mencionadas nos apartados anteriores. A avaliación final do curso outorga un peso do 75% aos exames escritos e ao traballo de curso, e un 25% á avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións previas. Ter superadas as materias obrigatorias de Microeconomía, Econometría e Organización Industrial I do Máster ou materias equivalentes.
ObservaciónsNa nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.