P3012101 - Dirección estratéxica de organizacións turísticas (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcinar unha metodoloxía útil para ó desenvolvemento e a implantación da estratexia que pemrita organiza e valorar a información sobre a empresa e o seuo contorno, e que invite a reflexión e a crítica,
ContidosTema 1.- A natureza da dirección estratéxica das organizacions turísticas
Tema 2.- A contorna das organizacións turísticas
Tema 3.- Recursos e capacidades das organizacións turísticas
Tema 4.-Dirección extratéxica das organizacions turísticas: Misión, propósito estratexico e objetivos
Tema 5 .- Tipos de estratexias
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
NAVAS LÓPEZ, J.E. y GUERRAS MARTÍN, L.A. (2002). La dirección estratégica de la empresa: Teoría y apliaciones. Editorial Civitas.
JOHNSON, G., SCHOLES AND WHITTINGTON (2006). Dirección estratégica. Prentice Hall.
PARRA , E. y CALERO F. (2006). Gestión y Dirección de empresas turísticas. McGraw Hill.
HILL, C.W. L.;JONES, G.R.(2005): Administración Estratégica: Un enfoque integrado. McGraw Hill.
COMPLEMENTARIA:
GRANT,R. (1996): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas y Aplicaciones. Editorial Civitas
Competencias– Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
– Aplicar os coñecementos adquiridos a rrealidade do sector turístico.
- Integrar coñecemenots que aporten unha base e oportunidad de ser orixinais no desenvolvemento e/ouaplicación de ideas.
- Describir as competencias e funcións das áreas de xestión.
- Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar potencialidades e amenazas.-
- Utilizar técnicas de recogida e análisise de datos.
Competencias transversales:
– Aplicar a ética a la toma de decisións.
- Demostrar de razonamiento crítico.
– Analizar e sintetizar a información.
– Traballar en equipos de composición diversa.
– Formular propostas creativas e emprendedoras
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realízaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artígos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación. Adicionalmente, deberán elaborar un traballo en grupo e expolo oralmente en clase. O grupo conformarase utilizando tres criterios: titulación de procedencia do alumnado, experiencia profesional previa e país de orixe. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; temén servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa no análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 50% da cualificación
b.- Participación en analisé de casos, debate de lecturas … 25%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo 25%.
Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo rexime de avaliación que
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS, correspondendo 1 crédito a 25 horas de traballo total, que se reparte da seguinte forma:
Horas presenciais comprenden as horas presenciais na aula
Horas non presenciais: comprenden as horas de traballo autónomo do alumno. Estímase que por cada hora de cláse teórica, o alumno debe dedicar outra hora ó estudo da materia. Por cada hora de seminario, o alumno debe adicar duas horas para a realización das actividades. Con respecto os exámenes se estima que por cada hora , o alumno debe estudiar duas horas e media.
Recomendacións para o estudo da materiaAntes de comenzar cada tema, o alumno debe leer o tema polo manual señalado na bibliografía básica. Para poder participar e resolser os casos prácticos é imprescindible que o alumno previamente o prepare e os debata no seu grupo de traballo