Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3012102 - Dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO PENELA, ADOLFO.NON
CARBALLO PENELA, ADOLFO.NON
NEIRA FONTELA, EDELMIRA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Suscitar o interese dos/as estudantes pola Dirección estratéxica dos recursos humanos poñendo de manifesto a súa importancia para o éxito empresarial.
    2. Transmitir os coñecementos que constitúen os fundamentos básicos da disciplina.
    3. Subliñar a complexidade da Dirección estratéxica dos recursos humanos, derivada da diversidade de características das persoas, da acción en grupo e da presenza de múltiples elementos que inflúen, internos e externos.
    4. Resaltar a visión do recurso humano como persoa.
    5. Potenciar nos/as estudantes a adquisición e desenrolo de capacidades de xestión dos recursos humanos así como estimular o seu interese polo aprendizaxe constante.

    Contidos
    Os contidos que se desenvolven no curso axústanse ao descritor da materia no plan de estudos do Master Universitario en Turismo Urbano e Xestión das Empresas Turísticas.


    1. Retos dos recursos humanos nas empresas turísticas

    2. Dirección estratéxica dos recursos humanos nas empresas turísticas

    3. Modelo de análise dos recursos humanos nas empresas turísticas.

    4. Recrutamento e selección de candidatos nas empresas turísticas.

    5. Formación e desenvolvemento de carreira dos recursos humanos nas empresas turísticas

    6. Recompensas nas empresas turísticas


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    Gómez-Mejía, L.R.; Balkin, B.B.; Cardy, R.L. (2008) “Dirección y gestión de recursos humanos”. Pearson Prentice Hall.

    Martín, I.; Gaspar, A.I. (2010) "Administración de los recursos humanos en las empresas turísticas". Pirámide.

    Pardo, M.; Luna, R. (2006) "Recursos humanos para turismo". Pearson Prentice Hall.


    Para cada tema proporcionarase unha bibliografía específica
    Competencias
    -Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
    -Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
    -Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
    -Demostrar unha visión estratéxica ante os problemas empresariais.
    -Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
    -Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
    -Aplicar a ética á toma de decisiones.
    -Traballar en equipos de composición diversa.
    Metodoloxía da ensinanza
    O programa desenvólvese nas clases correspondentes á materia. A metodoloxía combina teoría, análise de casos e presentacións realizadas polos alumnos e alumnas. O material a utilizar para cada tema ponse a disposición do estudantado en data previa á clase correspondente.

    As clases se imparten con canón de proxección.

    Utilizarase o apoio virtual para a docencia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
    a.- Exame 50% da cualificación
    b.- Participación nas actividades desenvolvidas no aula 25%
    c.- Realización, presentación e defensa de traballo en equipo 15%.
    d. Lectura e sínteses das lecturas recomendadas 10%
    Para poder sumar b, c e d é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
    É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.

    A puntuación dos apartados b, c e d gardarase para a convocatoria de xullo pero en ningún caso para os cursos posteriores.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

    A materia é de 3 créditos.

    As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 27.
    Traballo persoal do alumno: 48
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase, a participación nas tarefas propostas, tanto dentro coma fora da aula, e o uso das titorías.