Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3012103 - Dirección comercial das empresas turísticas (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Con esta materia se pretende que o alumno profundice nos conceptos de marketing turístico. Os obxectivos do curso pódense concretar do seguinte xeito:

    1. Ofrecer unha visión do papel do marketing na empresa turística.
    2. Adquirir coñecementos e habilidades de análise da situación dos mercados turísticos.
    3. Adquirir coñecementos e habilidades de toma de decisións sobre as variables a disposición dos directivos comerciais para o logro dos obxectivos de marketing a curto e longo prazo.
    4. Elaborar un plan de marketing.


    Contidos
    O programa da materia está dividido en 5 temas básicos, que se indican a continuación:


    Bloque I. A dirección de marketing

    TEMA 1. INTRODUCCION O MARKETING. A importancia do marketing nas empresas turísticas. A Orientación aol mercado e ao servicio.

    TEMA 2. O CLIENTE TURÍSTICO. Atención ao cliente nas empresas turísticas. Satisfacción e retención dos clientes. Análise de incidentes críticos.

    Bloque II. Análise e estratexias de marketing

    TEMA 3. O PLAN DE MARKETING. Proceso de elaboración dun plan de marketing. Recomendacions para a presentación dun plan de marketing.

    TEMA 4. ANÁLISE COMERCIAL TURÍSTICO. Recollida de información. Análise do mercado e do entorno. Análise da competencia.

    TEMA 5.PRODUCTO E PREZO. Xestión dunha oferta de servicios. Métodos de fixación de prezos. Extratexias sobre o prezo.



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia básica:


    KOTLER, P.; BOWEN, J,; MAKENS, J.; GARCÍA, J. y FLORES, j. (2011) "Marketing turístico" 5ª Edición, Pearson, Prentice-Hall.


    Bibliografía complementaria:

    REY, M. (2004) "Fundamentos de marketing turístico" Sintesis.

    SERRA, A. (2007) "Marketing Turístico" Piramide.

    ALTES MACHIN, A. (1993) “Marketing y turismo”. Síntesis, Madrid.

    IGLESIAS TOVAR, J.R. (1995) “Comercialización de productos y servicios turísticos”. Síntesis.

    KYE-SUNG, C. y RAYMOND, T. (2001) "Atención al cliente en Hostelería" Paraninfo, Thomson Learning.

    ZEITHAML, V. Y BITNER, J. (2000) “Marketing de servicios”ed. Mcgraw-Hill

    MARTIN ARMARIO, E. (1993) - "Marketing" - Ed. Ariel.

    VAZQUEZ, R.; TRESPALACIOS, J.; AGUDO, A. (2000) - “Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales. 3ª edición” – Cívitas.

    MUNUERA, J.; RODRIGUEZ, A. (2002) - “Marketing estratégico. Teoría y casos”. Ed. Pirámide.

    SAINZ DE VICUÑA J.M. (2011) "El plan de marketing en la práctica, 15ª edición". Ed. ESIC.



    Competencias
    Nesta materia el alumno adquirirá e practicará una serie de competencias genéricas, deseable en cualquier titulación universitaria, e especificas, propias da dirección comercial das empresas turísticas.

    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    – Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
    – Aplicar os coñecementos adquiridos a realidade do sector turístico.
    – Resolver problemas en contornos novos o pouco coñecidos.
    – Demostrar unha visión extratésica ante os problemas empresariais.
    – Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
    – Describir as competencias e funcions das áreas de xestión.

    Competencias transversais:
    – Aplicar a ética a toma de decisions.
    – Demostrar razonamento crítico.
    – Analizar e sintetizar a información.
    – Traballar en equipos de composición diversa.
    – Formular propostas creativas e emprendedoras.


    -Resultados de aprendizaxe: Tras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
    -Explicar os aspectos relativos á comercialización turística.
    -Realizar unha análise do mercado turístico.
    -Elaborar un plan de marketing.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, coa realización de diversas cuestións para fomentar a participación do alumno. Nas sesións interactivas realizaranse casos, exercicios, lecturas e discutiranse artigos de interese turístico.



    Sistema de evaluación
    A avaliación do rendimento académico do alumno basearase na realización dun exame e actividades complementarias como a resolución de casos e traballos. Os examenes ordinarios e extraordinarios basaranse na realización de una proba escrita, nas datas fixadas no calendario oficial do centro. Tamén terase en conta a participación e aportacións que os alumnos realicen durante as clases prácticas na resolución dos casos propostos.

    A puntuación final basarase na calificación obtida no exame ordinario e extraordinario (50%) e a valoración das tareas propostas: realización de actividades na aula (30%) e un traballo relacionado ca materia (20%).

    Para supera a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades presenciais programadas.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS.

    Horas presenciais: 27 horas (Clases expositivas: 9 h. e clases interactivas: 12 h.)
    Horas traballo persoal do alumno: 48 horas
    Total horas de traballo: 75 horas



    Recomendacións para o estudo da materia
    Para a preparación da materia recoméndase a utilización continuada da bibliografía, do material de apoio utilizado nas clases e da comunicación continua co profesor, a través das tutorías personais.
    Para a participación nos casos recomendase o estudio previo dos conceptos teóricos.