P3012106 - TICs aplicadas ao turismo (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer as necesidades de TIC no eido turístico
- Coñecer as posibilidades das TIC no eido turístico
- Deseñar solucións baseadas en TIC en diferentes escenarios turísticos
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
1. Discusión dos escenarios do sector turístico
2. Conceptos básicos en TIC
3. As TIC no mercado turístico tradicional
4. Comercio electrónico e o novo mercado turístico
5. Novos paradigmas TIC e as suas aplicacións en turismo
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
1. Conceptos básicos en TIC
2. Comercio electrónico
3. Novos paradigmas TIC
Bibliografía básica e complementariaBásico
Inkpen, G (1998) Information Technology for Travel and Tourism, Addison Wesley Longman, Essex UK.
Intermedio
Werthner, H and Klein, S (1999) Information Technology and Tourism - A Challenging Relationship, Springer, Wien and New York.
Avanzado
Buhalis, D (2003) eTourism - Information technology for strategic tourism management, Prentice Hall, Harlow, UK.
Referencias adicionais:
- Zongqing Zhou. E-Commerce and Information Technology in Hospitality and Tourism. Thomson Delmar Learning. 2003.
- De Pablo Redondo, Rosana. Las nuevas tecnologias
aplicadas al turismo. Areces. 2004.
- Internet. Anaya Multimedia. Edición 2003.
- Introducción a Internet. Tórculo Ediciones. 2001.
- Sistemas distribuidos. Addison-wesley. 2001.
CompetenciasCompetencias xerais:
CG2. Capacidade de aplicar os coñecimentos adquiridos á realidade do sector turístico.
CG3. Capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplios (ou multidisciplinares) relacionados co turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
CG7. Adquirir e comprender os coñecimentos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.
Competencias específicas:
CE4. Coñecer as tendencias e a dinámica dos mercados turísticos.
CE12. Aplicar as tecnoloxías da comunicación e a información ó turismo.
CE16. Deseñar produtos e emprender proxetos turísticos.
Competencias transversais:
CT2. Capacidade de razoamiento crítico
CT3. Capacidade de análise y síntese
CT4. Capacidade de planificación e organización.
CT5. Capacidade de argumentación e comunicación.
CT6. Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
CT7. Creatividade e espíritu emprendedor.
Metodoloxía da ensinanza - Metodoloxía baseada en resolución de casos de uso reais
- Clases maxistrais para a introducción dos conceptos de TIC e a súa aplicación no mercado turístico
- Clases de prácticas para coñecer as tecnoloxías básicas por dentro
Sistema de evaluaciónA avaliación realizarase segundo os seguintes criterios:
* Traballos individuais: 20% * 3 traballos = 60%
* Caso de estudio en grupo: 40%
Para superar a materia os estudantes teñen que asistir polo menos o 80% das actividades presenciais.
Os estudantes repetidores estarán suxeitos o mesmo réxime co resto dos estudantes que cursen a materia.
Tempo de estudo e traballo persoal3 créditos ECTS, considerando 25 horas por crédito (presenciais e non presenciais)
temos un total de 75 horas que se reparten do seguinte xeito:
- Teoría: 10 horas presenciais e 16 horas de traballo persoal (horas totais: 26)
- Prácticas: 1’5 horas presenciais e 8,5 horas de traballo persoal (horas totais: 10)
- Casos de uso: 9’5 horas presenciais e 29’5 horas de traballo persoal e en grupo
(horas totais: 39)
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa nas clases maxistrais e de discusión.
- Realización das prácticas propostas na materia
- Utilización das TIC para a búsqueda e ampliación da materia en aspectos de interese ou dúbida.