Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3012107 - Impacto económico do turismo urbano (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MARTINEZ ROGET, FIDEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coa materia "Impacto económico do turismo urbano" preténdese que o alumno coñeza os aspectos básicos que deben terse en conta á hora de analizar un mercado turístico, e máis concretamente un mercado a escala subnacional, como pode ser un destino urbano.
    En concreto, é preciso que o alumno domine as ferramentas, coñeza as metodoloxías e identifique as bases de datos existentes, que lle permitan a análise da oferta e a demanda turísticas e que o orienten na estimación dos impactos económicos do turismo. Do mesmo xeito tamén se aspira a que saiba interpretar o contexto no que se desenvolve o sector turístico, analizando os cambios socioeconómicos e turísticos experimentados nos últimos anos e as posibles tendencias e retos de cara ao futuro. Para cumprir cos anteriores obxectivos, adoptarase un enfoque de tipo estrutural, que trata de reunir nun mesmo cadro explicativo global, o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel do mercado turístico e que permiten entender os cambios que, de forma acelerada, veñen caracterizando a evolución recente desta actividade.
    Contidos
    BLOQUE I: ANÁLISE DO MERCADO TURÍSTICO
    Tema 1: Análise da demanda turística
    Tema 2: Análise da oferta turística
    Tema 3: O marco institucional
    Tema 4: Análise do entorno: económico, político, sociocultural e competitivo

    BLOQUE II: IMPACTO ECONÓMICO DA ACTIVIDADE TURÍSTICA
    Tema 5: Impacto turístico: Concepto e tipos
    Tema 6: Metodoloxía para a análise dos impactos económicos do turismo
    Tema 7: Impacto económico do turismo en niveis subnacionais
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    COOPER, C.; FLETCHER, J.; FYALL, A.; GILBERT, D.; WANHILL, S. (2007): El turismo. Teoría y práctica. Ed. Síntesis. Madrid.
    TRIBE, J. (2000): Economía del ocio y del turismo. Ed. Síntesis. Madrid.
    RIVAS GARCÍA, J. (2008): Estructura y economía del mercado turístico. Septem ediciones. Oviedo.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    BRENT RITCHIE, J. R.; CHARLES, R. (1994): Travel, tourism, and hospitality research : a handbook for managers and researchers. John Wiley & Sons. New York.
    DWYER, L.; FORSYTH, P. (Eds.) (2006): International handbook on the economics of tourism. Edward Elgar, cop. Cheltenham
    LORENTE DE LAS CASAS, ET AL (2005): Economía y turismo: prácticas. McGraw-Hill. Madrid.
    MARTÍNEZ QUINTANA, V. (2006): Ocio y turismo en la sociedad actual: los viajes, el tiempo libre y el entretenimiento en el mundo globalizado. McGraw-Hill. Madrid.
    MOCHÓN, F. (2008): Economía y turismo. 2ª Edición. McGraw-Hill. Madrid.

    Competencias
    1. Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    –G2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
    –G4 Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
    –G6 Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
    –E4 Identificar as tendencias e a dinámica dos mercados turísticos.
    –E14 Aplicar as técnicas para avaliar o impacto económico do turismo urbano.
    –E15 Empregar técnicas de recollida e análise de datos.

    2. Competencias transversais:
    –T2 Demostrar razoamento crítico.
    –T3 Analizar e sintetizar a información.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas o profesor explicará, apoiándose en programas como o power-point, ou a folla de cálculo excel, os distintos temas da materia. O obxectivo destas explicacións será que o alumno coñeza o funcionamento dun mercado turístico, así como os distintos tipos de impacto xerados polo turismo. Tamén se presentará a metodoloxía existente para a análise do impacto económico do turismo e reflexionarase sobre as súas dificultades para aplicala en niveis subnacionais
    Nas clases interactivas o alumno realizará exercicios nos que terá que aplicar os coñecementos e técnicas aprendidas nas clases expositivas e terá que realizar unha análise dun mercado turístico concreto.
    Sistema de evaluación
    En primeiro lugar e en relación coa asistencia, para superar a materia, o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. En canto ao sistema concreto de avaliación, realizarase de dúas formas distintas e complementarias. Por un lado, realizarase un exame final, sobre os contidos da materia. Este exame representará entre o 30% e o 50% da nota final. Por outro lado, realizarase unha avaliación continua que consistirá en dous tipos de probas: a realización por parte do alumno dun traballo, nas clases interactivas, no que terá que analizar un mercado turístico concreto (entre o 30% e o 50% da nota final). A realización de exercicios específicos nos que aplicarán técnicas vistas nas clases expositivas (entre o 10% e o 20% da nota final).



    Ponderación mínima Ponderación máxima

    Exame 30% 50%
    Traballo 30% 50%
    Actividades na aula 10% 20%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia equivale a 75 horas de traballo para o alumno, das cales 27 serán de traballo presencial na aula e 48 de traballo persoal.
    As horas de traballo persoal distribúense en: estudo autónomo, lecturas, realización de exercicios e traballos, redacción de conclusións e preparación da materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen requisitos previos, se ben é recomendable que o alumno repase os coñecementos de análise económica aplicados ao turismo e as principais técnicas de análise estatística. Recoméndase, tamén que teña uns coñecementos mínimos no manexo da folla de cálculo Excel.