Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3012108 - Tendencias internacionais en destinos urbanos (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Nos últimos anos o turismo urbano ten acadado unha grande importancia ate o punto de que as cidades se teñen convertido en importantes destinos turísticos. Alén do tradicional segmento de negocios ou de congresos, moitas se teñen preocupado por atraer visitantes culturais ou exclusivamente recreacionais. Para lograr eses obxectivos en moitas ocasións procederon a desenvolver ambiciosos procesos de renovación urbana ou de posta en valor do seu patrimonio, entroutras estratexias.
    As novas tendencias do mercado turístico, coa fragmentación dos períodos vacacionais que favorecen os destinos con maior accesibilidade, ou a procura de actividades e espazos singulares, ten posicionado de xeito vantaxoso os destinos urbanos. Neste sentido as cidades tamén se preocupan por se adaptar aos diferentes segmentos que queren atraer desenvolvendo accións e medidas que lle garantan o éxito.
    As cidades son no mundo actual os principais centros creadores e difusores da innovación. Isto tamén se pode aplicar ao turismo poidendo observarse unha interesante dinámica que as sitúa nunha posición de avangarda. Polo tanto, o obxectivo xeral desta materia será o de analizar as causas que contribúen ao desenvolvemento do turismo urbano e ao mesmo tempo estudar as principais tendencias en canto á produtos, xestión do destino ou comunicación.
    Cun contido eminentemente práctico no que abundarán os estudos de casos, fixemos unha división entre cidades mundiais e históricas. As primeiras son aquelas que se encontran no topo da hierarquía urbana e son as pezas claves do sistema mundo. Nelas os procesos de innovación son moi importantes e o turismo unha das actividades que máis ten crecido. Por outro lado, trataremos tamén as cidades históricas posto que a singulariedade do seu espazo desencadea procesos moi interesantes nos que o turismo se convirte nun punto central da súa economía mais tamén pode chegar a ser unha fonte de problemas.

    Contidos
    Tema 1: O turismo urbano no mundo, situación actual e tendencias

    Tema 2: Turismo nas cidades históricas

    Tema 3: O turismo nas grandes metrópoles

    Tema 4: A aposta polo turismo nas cidades medias

    Bibliografía básica e complementaria
    CALLE, M. de la (2002): La ciudad histórica como destino turístico. Barcelona: Ariel
    DESARROLLO turístico integral de ciudades monumentales (2003). Granada: Patronato Provincial de Turismo
    DU, G. (Ed.), (2007): Tourism and Urban Transformation. Tokyo: Kikkyo University Press
    FERNÁNDEZ, F.; PUMARES, P.; ASENSIO, A. (Eds.), (2002): Turismo y transformaciones urbanas en el siglo XXI. Almería: Universidad
    FERRER, M. (2003): Los centros históricos en España. Teoría, estructura, cambio. Pamplona: Gobierno de Navarra
    GARCÍA, J.; TROITIÑO, M. (Coords.), (1998): Vivir las ciudades históricas: recuperación integrada y dinámica funcional. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha
    HOFFMAN, L; FAINSTEIN, S.; JUDD, D. (Eds.), (2003): Cities and visitors. Oxford: Blackwell
    LOIS, R. (Ed.), (2006): Urban Changes in Different Scales: Systems and Structures. Santiago: Universidade
    MARCHENA, M. (Ed.), (1998): Turismo urbano y patrimonio cultural. Una perspectiva europea. Sevilla: Diputación
    MORALES, G. (Ed.), (2000): Turismo y Ciudad. Las Palmas: AGE
    PAGE, S. (1995): Urban Tourism. London: Routledge
    SANTOS, X.; LOIS, R. (Coords.), (2005): Desenvolvemento turístico sustentábel en cidades históricas. Santiago-Lugo: Concellos
    SELBY, M. (2004): Understanding Urban Tourism: Image, Culture and Experience. London: Tauris

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    – G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas
    – G3 Resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos
    – G4 Tomar decisións a partir de informacións incompletas ou limitadas
    – E6 Identificar as novas tendencias na xestión de destinos urbanos.
    – E7 Definir os principios da xestión sustentable.
    – E8 Diagnosticar necesidades eoportunidades e identificar potencialidades e ameazas
    – E13 Aplicar instrumentos de planificación.

    Competencias transversais:
    – T1 Aplicar a ética na toma de decisións.
    – T2 Demostrar razoamento crítico.
    – T3 Analizar e sintetizar a información.
    – T5 Formular propostas creativas e emprendedoras.

    Metodoloxía da ensinanza
    -Comprender a importancia actual do turismo urbano
    -Interpretar os procesos de innovación que teñen lugar nas cidades e como afectan ao sistema turístico
    -Analizar as tendencias do turismo urbano e enmarcalas no contexto xeográfico e histórico
    -Valorar o comportamento turístico das cidades en función das súas características
    -Adquirir as capacidades que permitan interpretar as tendencias e dar solucións aos numerosos problemas coa que se enfrontan as cidades na xestión territorial do destino.

    Sistema de evaluación
    A avaliación será continuada. A participación e a asistencia á sala de aulas será valorada de xeito moi positivo. Co exame o que se pretende é que os estudantes saiban estruturar os coñecementos adquiridos ao longo do curso. Pola súa parte, será obrigatorio a redacción e exposición dun estudo de caso dunha cidade non galega co que se quere resaltar a capacidade do alumnado para buscar e sistematizar información. Para este traballo non se poderá utilizar como fonte exclusiva de información a internet.
    As porcentaxes de cada parte da materia na cualificación final serán:
    -Exame: 50%
    -Prácticas na aula: 25%
    -Traballo final: 25%

    A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria e para aprobar será necesaria unha presencialidade mínima do 80%.
    A nota mínima para cada unha das partes será de 3'5. É dicir se nalgunha das tres partes nas que se divide a materia non se chega a esa nota mínima, a nota será de suspenso.

    Non se gardan as cualificacións para posteriores convocatorias.
    Aquel alumno ou alumna que teña que se presentar nunha convocatoria diferente á de xuño deberá falar co profesor para que este lle especifique as características dos traballos que terá que presentar para poder ser avaliado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    12 horas de docencia interactiva na aula
    9 horas de docencia expositiva na aula
    O resto do tempo até completar os 3 créditos será, na súa maior parte, traballo do alumno ou alumna ben dirixido a preparar o traballo final, ben a traballar en documentos para debater na aula, ben no estudo da materia.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia e participación activa nas aulas
    Recoméndase a lectura de bibliografía adicional para complementar os contidos formativos impartidos polo profesorado.

    Observacións
    Esta proposta de programa e do plan de traballo poderá modificarse sempre cando sexa necesario para adaptalo ás circunstancias concretas do grupo, e sempre de mutuo acordo cos estudantes.