P3012110 - Xestión do patrimonio urbano: A cidade histórica (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer os valores histórico-artísticos máis relevantes do patrimonio urbano
- Aplicar unha metodoloxía de interpretación planteada para o patrimonio urbano
ContidosAnálise da normativa vixente en materia de patrimonio relativa á cidade histórica. Métodos de análise e protección da cidade como ben cultural. Coñecemento dos indicadores de estado de conservación urbana. Posta en valor e interacción dos distintos mecanismos normativos en relación co patrimonio cultural urbano.
PRIMEIRO BLOQUE. ANÁLISE DO PATRIMONIO URBANO.
La ciudad na sua evolución histórica. Documentación, catalogación e informes histórico-artísticos. Planificación de rutas turísticas.
SEGUNDO BLOQUE. PATRIMONIO URBANO. DA TUTELA Á INTERPRETACIÓN.
Protección do patrimonio urbano. Categorías legais. A interpretación do patrimonio urbano. Estratexias e técnicas.
Bibliografía básica e complementariaAYMONINO, C. : El significado de las ciudades. Ed. Blume, Madrid, 1981.
CASTILLO, M.A. ed., Ciudades Históricas: conservación y desarrollo, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 2000.
CONSORCIO DE SANTIAGO. Compostela. Urbanismo y arquitectura en el ámbito de la ciudad histórica, 1990-2000, presente y futuro.
FARIÑA TOJO, J., La protección del patrimonio urbano. Instrumentos normativos, Akal, eds, Madrid, 2000.
MORALES MIRANDA, A., Guía práctica para la interpretación del patrimonio: el arte de acercar el legado natural y cultural al público visitante. Junta de Andalucía, Sevilla, 1998.
MUMFORD, L. : La ciudad en la historia. Ed. Infinito, Buenos Aires, 1976. 2 vols.
ROSSI, A. : La arquitectura de la ciudad. Gustavo Gili, Barcelona, 1976.
SICA, P. : La imagen de la ciudad: de Esparta a Las Vegas. Gustavo Gili, Barcelona, 1977.
TROITIÑO VINUESA, M.A, Cascos Antiguos y Centros Históricos: problemas, políticas y dinámicas urbanas, MOPT, Madrid, 1992.
VV.AA. : Historia del Urbanismo. I.E.A.L., Madrid, 1985. 5 vols.
Competencias– G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas
– G2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
– G5 Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
– E5 Describir as competencias e funcións das áreas de xestión.
– E6 Identificar as novas tendencias na xestión de destinos urbanos.
– E7 Definir os principios da xestión sostenible.
Competencias transversales:
– T2 Demostrar de razonamiento crítico.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles, e proporcionarase ao alumnado a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. As sesións interactivas orientaranse á aplicación práctica dos coñecementos teóricos e ao desenvolvemento de habilidades directivas. Para iso realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións suscitadas polo profesorado. Con estas actividades preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a asignatura e desenvolvan as capacidades de análises, sínteses e resolución de problema Adicionalmente, deberán elaborar un traballo e expoñelo oralmente en clase. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades análiticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo que será guíado polo profesorado nas horas de tutoría en grupo reducido. Nestas orientarase ao alumnado sobre os traballos a realizar, casos prácticos e lecturas; tamén servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se en fronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da adquisición das competencias: A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas ou artigos, presentación e exposición de traballos, etc. ). Na programación docente anual da asignatura fixarase o peso concreto de cada unha das actividades. O exame final non superará o 50% da cualificación final da asignatura.
Criterios Ponderación mínima Ponderación máxima
Exame 30% 50%
Elaboración e presentación dun traballo
relacionado coas competencias da
asignatura 30% 50%
Actividades no aula 10% 20
Tempo de estudo e traballo persoal- Preparación da parte teórica co complemento da bibliografía: 2 horas semanales
- Preparación da parte práctica: 1 hora semanal
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia as clases teóricas
- Realización do traballo de módulo