Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3012111 - Practicas externas (Prácticas Externas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 25.00
  • Total: 33.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Historia da Arte, Xeografía, Xeografía, Xeografía, Electrónica e Computación
  • Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Psicoloxía Social, Historia da Arte, Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NOVO PEREZ, MERCEDES.NON
SANCHEZ VILA, EDUARDO MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos das prácticas, que teñen carácter obrigatorio para a orientación profesional, son que o alumnado aplique coñecementos adquiridos, mellore e desenvolva novas competencias a través da súa inmersión nunha contorna de traballo representativo do contexto profesional futuro.


    Contidos
    As 225 horas da matería van destinadas á realización de prácticas en destacadas empresas e institucións do sector turístico. Os contidos variarán en función do posto e da organización na que o alumno realice as prácticas.
    Bibliografía básica e complementaria
    Non procede.
    Competencias
    As competencias adquiridas estarán en función da natureza da organización na que se realiza a práctica e do perfil do posto desenvolvido pero, en todo caso, tras realizalas, o alumnado será capaz de:
    -Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
    -Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas
    -Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
    -Demostrar unha visión estratéxica ante os problemas empresariais.
    -Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
    -Aplicar a ética á toma de decisións.
    -Demostrar razoamento crítico.
    -Traballar en equipos de composición diversa.
    -Formular propostas creativas e emprendedoras.


    Metodoloxía da ensinanza
    A cada alumno asignaráselle un titor académico e un titor profesional na organización de prácticas. Nas sesións individuais, o titor académico orientará ao alumno sobre a organización na que vai desenvolver as súas prácticas, as actividades e os comportamentos adecuados e sobre a estrutura da memoria de prácticas que debe realizar o alumno. O alumno debe realizar e entregar ao titor académico, ao termo do período de prácticas, unha memoria de actividades na que recollerá as actividades desempeñadas, as competencias desenvolvidas, os problemas atopados, así como a súa valoración persoal sobre as prácticas realizadas.

    Durante o período de prácticas, o titor académico realizará un seguimento das prácticas, establecendo contactos co alumno e o titor profesional para constatar que as tarefas desempeñadas contribúen á adquisición de competencias e que a organización de prácticas cumpre as condicións establecidas no convenio de colaboración.

    Sistema de evaluación
    A cualificación das prácticas será realizada polo titor académico, baseándose nos informes do titor profesional e na memoria de prácticas realizada polo alumno.
    A cualificación final será numérica entre 0 e 10.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As prácticas son 9 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    Polo tanto, o alumnado ten que realizar 225 horas de prácticas na organización de destino.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe durante o período de prácticas é conveniente que o alumnado estea en contacto co titor académico e co titor profesional, e que lles informe inmediatamente sobre calquera problema ou dúbida.

    Observacións
    As prácticas son obrigatorias para o alumnado da orientación profesional.