P3012112 - Traballo Fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 87.00
- Horas de Titorías: 261.00
- Total: 348.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Historia da Arte, Xeografía, Xeografía, Xeografía, Electrónica e Computación
- Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Psicoloxía Social, Historia da Arte, Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO alumnado debe elaborar e defender un Traballo Fin de Máster no que se demostre que adquiriu as competencias xerais da titulación e é, xa que logo, capaz de aplicar dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do Máster.
ContidosPlanificación, realización e defensa dun proxecto orixinal relacionado coas competencias do máster.
Bibliografía básica e complementariaA determinar por alumno e director.
CompetenciasTras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
-Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
-Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
-Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
-Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
-Integrar coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
-Utilizar técnicas de recollida e análise de datos.
-Demostrar de razoamento crítico.
-Analizar e sintetizar a información.
-Formular propostas creativas e emprendedoras
Metodoloxía da ensinanza Os traballos fin de máster terán un director ou directora que será o que asista na dirección ao estudante.
A Comisión académica aprobará a asignación definitiva dos traballos fin de máster e directores.
Unha vez realizada a asignación, os alumnos presentarán un anteproxecto ao seu director para que proceda a realizar as correccións e indicacións que considere oportunas.
Todos os Traballos Fin de Máster deben ser orixinais e inéditos.
O proxecto definitivo deberá cumprir a normativa de edición e será entregado por triplicado á coordinación do Máster nas datas establecidas pola Comisión Académica.
Sistema de evaluaciónO Traballo Fin de Máster será presentando e defendido polo alumnado en sesión pública ante un Tribunal nas datas fixadas pola Comisión Académica, nas convocatorias establecidas pola Universidade de Santiago. A Comisión Académica determinará a composición dos tribunais.
A avaliación do Traballo Fin de Máster realizarase atendendo aos seguintes criterios:
(a) Traballo realizado: estructuración adecuada e coherente do traballo, contido e claridade, expresión escrita e gramática, adecuación da bibliografía e fontes de información utilizadas, achegas propias;
(b) Claridade e estructuración da exposición;
(c) Capacidade de resposta do alumno ás preguntas e observacións realizadas polo tribunal evaluador.
O Traballo Fin de Máster será cualificado conforme ao establecido polas normas de Xestión Académica da USC.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo estimado para realizar o traballo e preparar a exposición é 300 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaCoa finalidade de maximizar a aprendizaxe, recoméndase que o alumnado traballe de xeito constante e siga as recomendacións e suxestións do seu director ou directora.
ObservaciónsPara a presentación e defensa pública do Traballo Fin de Máster é necesario superar todas as demais materias do máster.
O Traballo Fin de Máster será presentando e defendido polo alumnado en sesión pública ante un Tribunal nas datas fixadas pola Comisión Académica, nas convocatorias establecidas pola Universidade de Santiago. A Comisión Académica determinará a composición dos tribunais, que se axustará ao establecido en normativa da USC.