P3012201 - Dereito urbanístico e planeamento turístico (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Achegar aos profesionais cualificados na xestión pública e privada do turismo ás normativas que fixan o crecemento e ordenación da cidade.
2. Entender as repercusións que as Leis do Solo e de Patrimonio teñen na ordenación de destinos turísticos urbanos
3. Achegarse ás figuras dos Plans Xerais de Organización Municipal (PXOM), Plans Especiais de Protección (PEP) e Plans Parciais.
4. Destacar a importancia que posúe introducir criterios turísticos no planeamento urbano: os equipamentos e dotacións turísticas, e a variable turismo no goberno urbanístico da cidade
5. Comprender o paralelismo entre as competencias turísticas e urbanísicas no caso galego e español: a importancia dos niveis autonómico e municipal
6.- Introducirse na comprensión da cartografía urbanística dos PXOM e PEP. A súa significación para o turismo
7.- Interpretar cun nivel medio de comprensión os informes urbanísticos e a memoria dos plans
8.- Formular de xeito inicial plans e documentos de temática turística sobre espazos urbans
ContidosTemas:
1. A historia do urbanismo español: a Lei do Solo de 1956 ás normas autonómicas
2. A actividade turística como distorsionadora das estratexias de planificación municipal
3. Os plans de ordenación urbanística: tipoloxías
4. As clases do solo
5. Qué espacios e cuestións do planeamento urbanístico especialmente sensibles á xestión de destinos urbanos
6. Introdicción á docimentación urbanística: as menorias do Plan e a información urbanística
Bibliografía básica e complementaria-Fernández, T.-R. (1990): Manual de derecho urbanístico. Publicaciones abella. Madrid
-Folch, R. (Coord.) (2003): El territorio como sistema. Conceptos y herramientas de ordenación. Diputaciò de Barcelona. Barcelona.
-Hildebrand Scheid, A. (1996): Políticas de Ordenación del Territorio en Europa. Universidad de Sevilla y Consejería de Obras Públicas y Transporte de la Junta de Andalucía. Sevilla.
-Mazón, T. (1997): Introducción a la planificación urbana. Ed. Aguaclara. Alicante.
-Moya González, L. (Ed..) (1994): La práctica del planeamiento urbanístico. Ed.. Síntesis. Madrid.
-Pujadas, R. y Font, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Ed. Síntesis. Madrid.
-Rodríguez González, F. (Ed.) (1999): Manual de Desarrollo Local. Ed. Trea. Gijón.
-Sánchez Goyanes, E. (Coor.) (1993): Sistema urbanístico español. Ed. Paraninfo. Madrid
-Tarroja, A. y Camagni, R. (Coords.) (2006): Una nueva cultura del territorio. Criterios sociais y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Ed.. Diputaciò de Barcelona. Barcelona.
Competencias– G1 Definir oturismo urbano e a xestión de empresas turísticas
– G3 Resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos
– G4 Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
– G6 Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
– E9 Describir o destino turístico como sistema.
– E12 Describir o marco legal que regula as actividades e destinos turísticos.
– E13 Aplicar instrumentos de planificación.
Competencias transversais:
– T1 Aplicar a ética á toma de decisións.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
– T4 Traballar en equipos de composición diversa.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada, páxinas web de interese, …) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de dous tipos de materiais: datos estatísticos e textos.
Un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para o curso, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado do curso; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; os textos de lectura obrigatoria e outros materiais de apoio para as sesións de docencia interactiva.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas ou artículos). Na programación docente anual da asignatura fixarase o peso concreto de cada unha das actividades. El examen final non superará el 50% de la calificación final de la asignatura.
Criterios Ponderación mínima Ponderación máxima
Exame 30% 50%
Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da asignatura
10% 30%
Actividades en el aula
20% 50%
Tempo de estudo e traballo persoalTendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudiante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como sigue:
Traballo presencial na aula.
Docencia expositiva 9
Docencia interactiva 12
Titorías en grupo moi reducido 3
Actividades de avaliación na aula 3
Total horas de traballo presencial 27
Traballo persoal do alumno/a
Estudio individual 22
Escritura de exercicios ou outros traballos 7
Lecturas recomendadas, redaccón de notas de lectura e outros exercicios 12
Preparación de presentacións orais, debates ou similares 7
Total de traballo persoal 48
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva. Utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso