P3012205 - Investigación de mercados: Análise do turismo urbano (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO programa da materia “Investigación de mercados: análise do turismo urbano” foi deseñado co fin de ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral da investigación comercial, o seu contido e os seus obxectivos en relación coa toma de decisións comerciais e cos problemas que hai que resolver, de modo que se alcance a súa iniciación no exercicio da investigación no eido do turismo urbano. En concreto, preténdese que o alumnado que curse esta materia cheguen a coñecer e comprender os seguintes aspectos:
1) O proceso de investigación de mercados e a súa importancia dentro do proceso de toma de decisións no marketing turístico urbano
2) O sector da investigación de mercados
3) Fontes de información utilizadas en investigación comercial
4) Técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación e enfoques de investigación.
5) Planificación e desenvolvemento de traballos de campo.
6) Aplicación dun conxunto de técnicas de análise de datos.
ContidosParte I. Introdución á investigación comercial
Tema 1: Concepto e natureza da investigación comercial
Tema 2: O proceso de investigación
Parte II. Técnicas de recollida de información
Tema 3: Investigación cualitativa e cuantitativa
Tema 4: Medición de actitudes
Parte III. Mostraxe e análise de datos
Tema 5: Técnicas de mostraxe
Tema 6: Tratamento de datos e conclusións
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
- Trespalacios, J.A.; Vázquez, R.; Bello, L. (2005). Investigación de mercados. Thomson
- Elizagárate, V. (2008). Marketing de ciudades, Pirámide.
Bibliografía complementaria:
- Grande, I. y Abascal, E. (2007). Fundamentos y técnicas de investigación comercial. ESIC.
- Hair, J.; Anderson, R.; Tatham, R.; Black, W. (1999). Análisis multivariante. Prentice-Hall.
- Luque, T. (2000). Técnicas de análisis de datos en investigación de mercados (coordinador), Pirámide.
- Miquel, S.; Bigné, F.; Lévy, J.; Cuenca, A. y Miquel, M.J. (1997). Investigación de mercados. Mc Graw Hill.
CompetenciasCon esta materia preténdese que o alumnado:
- Explique a importancia da disposición de información dentro do proceso de toma de decisións no ámbito do turismo urbano
- Afronte as técnicas de obtención de datos e o seu posterior tratamento.
- Realice a vertente práctica da materia.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle diversos recursos metodolóxicos. A lección maxistral combínase con debates sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
As horas prácticas cóbrense con diversos exercicios e, principalmente, coa realización dun estudo de mercado ao longo do curso, que se desenvolve a medida que o alumnado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización; para iso, faise necesario utilizar o ordenador (acceso a internet e uso do programa estatístico SPSS).
O traballo de investigación realízase, preferentemente, de forma individual. O alumnado elixirá un tema de investigación sobre o que deberá buscar información secundaria (en revistas, prensa, manuais, internet) que o achegará ao tema elixido. Este será o punto de partido para a realización do traballo de investigación que rematará coa súa presentación a final do curso.
Unha técnica didáctica de gran relevancia nesta materia é a tutoría, posto que o alumnado plantexa numerosas dúbidas sobre o traballo, especialmente na etapa inicial do proxecto.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia farase mediante un exame teórico/práctico. A puntuación final estará determinada pola cualificación obtida no exame (50%) e a valoración tanto das tarefas propostas (20%), como do traballo de investigación realizado ao longo do curso (30%).
Resulta imprescindible a asistencia a clase. Considérase que ésta debe ser a lo menos do 80% das horas presenciais.
Tempo de estudo e traballo persoalÉ recomendable complementar as clases teóricas coa consulta dos libros de texto recomendados polo profesor, así como coa preparación de lecturas e temas transversais que poderán ser expostos polo alumnado e debatidos na clase. As clases prácticas esixen un esforzo por parte do alumnado para reunirse co seu grupo de traballo para realizar o estudo de mercado. De modo global, a preparación da materia leva consigo unha dedicación de 75 horas de traballo total do alumnado, das que 27 horas son presenciais e 48 corresponden a horas de traballo non presencial.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable que o alumnado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo. A maiores, resulta conveniente a comunicación co profesor mediante a utilización das titorías persoais.