P3012206 - Comercialización do destino urbano (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia– Entender o destino turístico como un sistema integral.
– Profundar no proceso de elaboración de plans de mercadotecnia estratéxica.
– Pór en valor o papel das fontes de información na toma de decisións
ContidosO programa estará dividido en tres bloques:
Bloque 1: O destino urbano como sistema integral
Bloque 2: A comercialización turística no contexto dun destino planificado
Bloque 3. Boas prácticas na comercialización de destinos
Bibliografía básica e complementariaBIGNÉ, E.; FONT.X.; ANDREU,L. "Marketing de destinos turísticos: análisis y estrategias de desarrollo". ESIC, Madrid, 2000.
EJARQUE, J. "Destinos turísticos de éxito. Diseño, creación, gestión y marketing". Pirámide, Madrid, 2005.
REY,M. "Fundamentos de marketing turístico". Síntesis. Madrid, 2008.
FONT SENTÍAS, J. "Casos de turismo cultural". Ariel. Madrid, 2004.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
– G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
– G2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
– G3 Resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos
– E8 Diagnosticar necesidades e oportunidades, e identificar potencialidades e ameazas.
– E9 Describir o destino turístico como sistema.
– E10 Explicar as políticas que afectan ao destino urbano.
– E11 Aplicar as tecnoloxías da comunicación e a información ao turismo.
Competencias transversales:
– T1 Aplicar a ética á toma de decisións.
– T2 Demostrar razonaamento crítico.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
– T4 Traballar en equipos de composición diversa.
Metodoloxía da ensinanza O programa desenvolverase a través de seis sesións EXPOSITIVAS dunha hora e media cada unha, e seis sesións INTERACTIVAS de dúas horas cada unha. Durante as sesións expositivas presentaranse os temas que integran o programa a nivel teórico e con exemplos concretos que permitan visualizar a información presentada. Durante as sesións interactivas, os alumnos traballarán –en grupo e a nivel individual- con casos reais que permitan desenvolver a nivel práctico o contido teórico presentado e que terán como formato: debates, comentarios e presentacións.
Pola súa banda, o alumno deberá asumir un traballo autónomo, fóra do horario previsto para a materia, vinculado ao desenvolvemento de tarefas propostas.
Sistema de evaluaciónCriterios Ponderación mínima Ponderación máxima
Exame 40%
Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 60%
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA aula: 27 horas
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas.
Tutorías en grupo reducido: 3 horas
Avaliación na aula: 3 horas (presentacións)
TRABALLO PERSOAL DOS ALUMNOS: 48 horas
Estudo autónomo a nivel individual ou en grupo: 30 horas
Lecturas recomendadas, biblioteca, etc.: 8 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase unha actitude proactiva para profundizar no coñecemento da realidade do sector no ámbito da materia a través da lectura diaria da prensa xeneralista e especializada (Hosteltur, Nexotur, etc.) e de artigos, textos e comentarios vinculados ao marketing e a xestión de destinos urbanos.