P3012207 - Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo (Optativas Vinculadas á Orientación Investigadora) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía, Xeografía
- Áreas: Xeografía Física, Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer os distintos tipos de mapas usados no turismo, tanto na planificación coma na divulgación.
• Adquirir a linguaxe básica cartográfica para desenvolver a súa propia cartografía.
• Aprender a usar un SIX (ArcView) para xerar os seus propios mapas.
ContidosA. Teóricos
1. O mapa como ferramenta de información e planificación do turismo. Tipos de mapas temáticos.
2. A linguaxe cartográfica. Os elementos gráficos e as variables visuais: forma, tamaño, cor e valor.
3. Formas de representación cartográfica.
B. Prácticos
Elaboración de mapas temáticos onde se representen diversas variables de turismo usando un sistema de información xeográfica.
Bibliografía básica e complementariaALCALÁ, A. y otros (1995): Diccionario de Cartografía. Edi. de las Ciencias Sociales.
ANDRE, A. (1980): L´expression graphique: cartes et diagrammes. Masson.
BOBROWSKY, P.T. (Ed.) (2002): Geoenvironmental Mapping. Methods, Theory and Practice. Balkema. Amsterdam, 725 pp.
BORDEN D. DENT (1990): Cartography. Thematic Map Design. W. Browm Publishers.
CLITFORD, H. edit.(1996): Cartographic Design. Chichester-New York
LORENZO, R. y RODRÍGUEZ, R. (2007): Cartografía. Herramienta para el desarrollo sostenible. FEGAMP, Lalín.
CompetenciasCompetencias da titulación as que contribúe a materia:
- Adquirir coñecementos e comprensión para fornecer unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, moitas veces dentro dun contexto de investigación.
- Xestionar técnicas de recollida e análise de datos.
- Comprender os fundamentos e aplicar as adecuadas metodoloxías científicas.
- Aplicar ferramentas de planificación.
Competencias transversáis:
- Capacidade para o pensamento crítico.
- Capacidade de análise e síntese.
-
Resultados de aprendizaxe: Ao concluír este curso, os alumnos serán capaces de:
- Explicar de modo apropiado os mapas temáticos relacionados co turismo.
- Analizar a linguaxe e as técnicas necesarias para representar nun mapa as variables relacionadas co turismo no territorio.
Metodoloxía da ensinanza - As clases expositivas serán apoiadas na utilización de mapas (tanto en papel como en imaxes), para a análise e interpretación.
- As clases interactivas serán realizadas na aula de informática, onde se usará un sistema de información xeográfica para a elaboración polos alumnos de diferentes mapas.
Sistema de evaluaciónEvaluación continua:
Tendrase en conta o seguimento da materia por parte dos alumnos ea a súa aprendizaxe a través de sesións interactivas e expositivas.
É imperativo que o estudante presente todos os mapas que son asignados ao longo do curso.
Tendrase en conta a asistencia e participación na aula (15%), segundo o establecido polas normas da USC.
O 85% da avaliación final estará baseado nos mapas elaborados polo alumno durante as horas presenciais e non presenciais.
Os criterios de evaluación en xullo serán os mesmos que en maio/xuño.