P3012208 - Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas (Optativas Vinculadas á Orientación Investigadora) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
- Deseñar un traballo de investigación en xestión de empresas turísticas.
- Explicar os requisitos que deben cumprir as escalas de medida dos constructos utilizados na investigación.
- Deseñar unha enquisa e tratar dos datos utilizando diversos programas estatísticos de aplicación na investigación en xestión de empresas turísticas.
- Interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.
- Listar e utilizar as principais bases de datos para a investigación en xestión de empresas turísticas.
- Describir a estrutura que ten que ter un traballo de investigación para ser publicado nunha revista de impacto (JCR).
- Nomear as revistas de impacto en xestión de empresas turísticas.
- Explicar o proceso de publicación en revistas de impacto en xestión de empresas turísticas.
ContidosOs contidos que se desenvolverán durante o curso aparecen reflectidos no descriptor da materia do plan de estudos do Master.
O programa da materia está dividido en 4 temas básicos, que se indican a continuación:
TEMA 1. MÉTODO CIENTÍFICO: Técnicas para a investigación en dirección de empresas
TEMA 2. BASES DE DATOS: Recollida de datos.
TEMA 3. TRATAMENTO: Análise de datos.
TEMA 4. DIVULGACIÓN: Revistas cientificas en dirección de empresas
Bibliografía básica e complementariaSARABIA, F.J. (1999) "Metodología para la investigación en marketing y dirección de empresas". Ed. Pirámide.
URIEL, E. y ALDÁS, J. (2005) “Análisis multivariante aplicado”. Ed. Thomson
BYRNE, B.M. (1994) “Structural equation modeling with EQS and EQS/Windows”. Ed. Sage
MALHOTRA, N. (2008) "Investigación de mercados" 5ª Edición Prentice-Hall.
AEDEMO (2000) "La investigación en marketing".
FERNÁNDEZ, A. (1999) "Investigación de mercados: obtención de la información" ed. Civitas
Competencias-Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
-Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
-Integrar coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
-Utilizar técnicas de recollida e análise de datos.
-Aplicar metodoloxías científicas adecuadas.
-Demostrar razoamento crítico.
-Analizar e sintetizar a información.
Metodoloxía da ensinanza As clases presenciais impartiranse en sesións en grupos reducidos. A interacción co alumno é esencial para lograr a aprendizaxe desexada. Ademais, a introdución dos datos da investigación e o seu tratamiento requiren o uso do aula de informática da facultade. As actividades de traballo persoal do alumno inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización de actividades de investigación sinaladas polo profesor.
Sistema de evaluaciónPara superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
A avaliación terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo do profesor. A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 30% da cualificación final e manterase para a convocatoria de xullo pero non para os repetidores. O 70% restante da cualificación corresponderase cun exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS.
Horas presenciais : 27 horas
Horas non presenciais: 48 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPara a preparación da materia recoméndase que o alumno traballe ao longo de todo o curso, que leven ao día os conceptos teóricos, que utilicen o material de apoio facilitado nas clases e que manteñan a comunicación contínua co profesor a través das tutorías persoais.