
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Economía
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE de 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Plan de estudos publicado en BOE / Corrección de erros
Recoñecemento de prácticas en empresas como créditos optativos:
Poden obterse ata un máximo de 6 créditos por recoñecemento académico pola realización de prácticas externas relacionadas co título, de acordo co establecido no Art. 12.6 do R.D. 1393/2007
O título de grao en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo a formación de profesionais cos coñecementos científicos necesarios para comprender, interpretar, analizar e explicar o comportamento da economía e dos axentes económicos, e coas destrezas e habilidades básicas para aplicar estes coñecementos á hora de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nos asuntos económicos en xeral. Eses labores pódense desenvolver no ámbito privado ou no público, na empresa ou en calquera outra institución de relevancia económica e social.
Posuír e comprender os coñecementos que definen a economía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, teorías, modelos e métodos científicos propios da economía.
Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado.
Coñecer e comprender a natureza da economía e contorna económica inmediata e mediata, nacional e internacional:
Coñecer e comprender os modelos e técnicas de representación da realidade económica:
Coñecer e comprender os modelos microeconómicos, economía industrial e funcionamento dos mercados de competencia
Coñecementos básicos de álxebra lineal, cálculo diferencial e integral, optimización matemática, estatística descritiva, probabilidade, inferencia estatística, modelos de regresión simple e de variables explicativas, e modelos econométricos.
A profesión regulada relacionada co título é a de Economista. Aos profesionais da Economía se lles demanda respostas a problemas cada vez máis complexos. Necesitan coñecementos, tanto teóricos como prácticos, que lles permitan analizar acertadamente a realidade económica circundante.
Os perfís máis demandados axústanse á seguinte formulación:
- Economía Pública.
- Análise Económica.
- Economía Internacional.
- Economía do Desenvolvemento e da Cohesión Social.
- Economía Ambiental.
- Economía en Exercicio Profesional Libre.
- Ensino da Economía.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución adaptación ao Grao en Economía [pdf - 2413 kb][Actualizado: 9/9/10]
Ampliación da resolución de adaptación ao Grao en Economía [pdf - 278 kb][Actualizado: 9/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 150
Demanda do ano anterior: 5.048 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non existen outros requisitos formativos previos exixibles para iniciar estes estudos, a vía de acceso pode indicar xa un certo perfil, aínda que creemos que sería moi desexable que o futuro estudante do Grao en Economía posuíse as seguintes características persoais e académicas:
- Interese pola realidade económica e as súas implicaciones sociais
- Capacidade analítica e de síntese
- Compromiso social
- Capacidade de adaptación a unha contorna cambiante e competitiva
- Competencias lingüísticas en castelán e galego
- Emprego de ferramentas informáticas básicas
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada año se establece un calendario para la matrícula en estudios de grado y máster en la USC, que comienza en julio y finaliza en octubre. Cuando esté aprobado este calendario (alrededor del mes de mayo) podrás consultarlo en esta web. Como orientación, puedes consultar el calendario del curso actual en la Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudios en titulacións de grado con límite de plazas, los alumnos de Galicia que finalizan la enseñanza media deben realizar Pruebas de Acceso, organizadas por una comisión mixta entre la Xunta de Galicia y las tres universidades gallegas. Tales pruebas se convocan y se realizan en los meses de junio y setiembre. Puedes consultar el calendario para este proceso en la Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo de Fin de Grao terá 6 créditos e só poderá inscribirse unha vez superados 150 créditos, entre eles, todos os da primeira metade da titulación.
Prácticas en empresas: Recoñecemento de créditos optativos por realización de prácticas externas máximo 6 créditos
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061105 | Matemáticas para Economistas I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3061110 | Matemáticas para Economistas II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061103 | Estatística Económica I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3061224 | Estatística Económica II | 6.00 | OB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061101 | Principios de Economía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3061106 | Microeconomía I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3061221 | Macroeconomía I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G3061226 | Macroeconomía II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G3061227 | Microeconomía II | 6.00 | OB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061321 | Econometría I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G3061326 | Econometría II | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G3061444 | Econometría Aplicada | 6.00 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061325 | Política Económica I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G3061422 | Política Económica II | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G3061445 | Política Económica Española | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G3061448 | Política Económica Internacional | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061323 | Facenda Pública: Ingresos e Gastos | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G3061421 | Federalismo Fiscal | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G3061423 | Sistema Fiscal Español | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G3061424 | Sistema Fiscal Español: Fiscalidade Empresarial | 4.50 | OB | 2SG | 4º | G3061449 | Xestión e Gobernanza Pública | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061108 | Estrutura Económica Mundial I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3061228 | Estrutura Económica Mundial II. Desenvolvemento Económico | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G3061324 | Estrutura Económica de España e da UE | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G3061328 | Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G3061330 | Estrutura Económica de Galicia | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G3061452 | Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061102 | Contabilidade Xeral I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3061223 | Contabilidade Xeral II | 6.00 | OB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061322 | Microeconomía III | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G3061327 | Análise Económica Internacional | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G3061442 | Teoría do Desenvolvemento e Sustentabilidade | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G3061447 | Microeconomía dos Mercados Financeiros | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061104 | Dereito Mercantil I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G3061107 | Historia Económica Mundial | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G3061109 | Administración de Empresas | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061222 | Dereito Mercantil II | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G3061225 | Modelos Matemáticos para a Economía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G3061229 | Socioloxía | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G3061230 | Historia Económica da España Contemporánea | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G3061329 | Historia Económica de Galicia | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061441 | Historia das Relacións Económicas Internacionais | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G3061443 | Finanzas | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G3061446 | Márketing | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G3061450 | Técnicas de Enquisas e Análise de Datos | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G3061451 | Historia do Pensamento Económico | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G3061425 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable