
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: REBOREDO NOGUEIRA, JUAN CARLOS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Información adicional:
Información curso 2012-13-español [pdf - 260 kb][Actualizado: 7/7/11]
Información curso 2012-13 - galego [pdf - 249 kb][Actualizado: 7/7/11]
Obxectivos orientación profesional:
O programa ofrece formación a nivel máster en Economía xeral e en métodos cuantitativos aplicados á Economía, e cursos especializados en dúas áreas estreitamente ligadas á actividade económica e empresarial de grande utilidade para o desenvolvemento profesional: a organización industrial e os mercados financeiros.
O Máster proporciona formación de interese tanto para titulados en Economía e Empresa como para titulados noutras áreas, dado que complementa a súa formación e permítelles achegarse á realidade da actividade económica e empresarial na que haberán de inserirse.
A oferta de materias optativas permite configurar os cinco itinerarios de especialización seguintes:
- Organización Industrial
- Mercados Financeiros
- Macroeconomía e Finanzas
- Regulación Económica
- Métodos Cuantitativos Aplicados á Organización Industrial e ás Finanzas.
Obxectivos orientación investigadora:
O programa ofrece ao alumno a posibilidade de continuar con estudos de doutoramento e obter o título de Doutor en Economía.
Competencias xerais:
- Aplicar os coñecementos de economía xeral e os específicos das materias das áreas de especialización do máster á identificación, previsión e solución de problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao seu perfil de especialización, en contornas novas ou pouco coñecidos,
- Capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación no campo da economía en xeral, e en particular nas súas áreas de especialización, con seriedade académica.
- Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade para fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Competencias específicas:
- Profundizar no estudo dos factores que inciden sobre o comportamento agregado da economía nas crises e as expansións económicas, así como a análise do papel da interdependencia internacional no comportamento das economías, e os mecanismos de transmisión das perturbacións e das políticas económicas dos países.
- Analizar de xeito avanzado os problemas de elección e asignación de recursos nunha economía de mercado, e do papel do sector público, así como da influencia da incerteza no comportamento de consumidores, empresas e institucións públicas e as consecuencias económicas dos mesmos.
- Articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos e no desempeño de tarefas de asesoramento e deseño de estratexias e políticas para a empresa privada e para o sector público.
- Identificar os elementos que introducen ineficiencias na asignación de recursos por parte de axentes, institucións e sistemas económicos.
- Analizar e propor cambios no deseño das organizacións e dos sistemas de incentivos que melloren o funcionamento dos mesmos en termos da súa eficiencia.
- Elaborar informes económicos conxunturais e estudos orientados a analizar e predicir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
- Participar en grupos de traballo interdisciplinarios ligados ao estudo das tendencias socio-económicas de longo prazo.
- Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
- Analizar as vantaxes e os inconvenientes da regulación e das políticas económicas e propor alternativas.
- Aplicar técnicas cuantitativas e de análise económica avanzadas para realizar investigación con rigor académico e que lle permitirán desenvolver novos coñecementos.
- Reunir, organizar, procesar e analizar información e, en particular, datos relevantes sobre cuestións e problemas de microeconomía e macroeconomía.
- Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos e da aplicación de métodos estatísticos e econométricos a problemas e situacións.
Coñecementos: O alumno coñecera e comprendera:
- A aplicación da teoría de xogos na análise do comportamento estratéxico dos axentes económicos e a interacción estratéxica dentro das industrias.
- Os factores e consideracións que afectan ás decisións tácticas e estratéxicas das empresas en relación coa fixación de prezos, o posicionamento e diferenciación do produto, a publicidade, a ampliación de capacidade e os esforzos de innovación e incorporación de novas tecnoloxías.
- O papel das institucións públicas na economía industrial, tanto desde a perspectiva da regulación de mercados como da implementación de políticas microeconómicas.
- Profundización no estudo dos factores que inciden sobre o crecemento e o desenvolvemento económico, e o papel das institucións e da política económica nos mesmos.
- A aplicación da análise económica e dos métodos econométricos para estimar o poder de mercado dentro das industrias.
- Os incentivos e consecuencias económicas e legais do crecemento da empresa a través de fusións e adquisicións.
- Os incentivos e condicionamentos que introduce a regulación fiscal sobre o comportamento da empresa.
- A utilización de modelos e técnicas econométricas para a medición da produtividade e a eficiencia das empresas, para a estimación da demanda de produtos homogéneos e diferenciados.
- A aplicación da análise económica e os métodos econométricos á valoración de activos e á xestión de carteiras.
- A organización e funcionamento dos mercados financeiros internacionais e manexo do tipo de cambio no investimento en mercados internacionais.
- Os conceptos e métodos empregados para a valoración e xestión do risco financeiro.
- O marco regulatorio que rexe o funcionamento dos mercados financeiros.
- A relación entre as decisións financeiras e de investimento da empresa e as consecuencias da estrutura de capital en termos da propiedade e control da empresa.
Destrezas e Hhabilidades: O alumno sera capaz de:
- Realizar informes sectoriais e de mercado e estudos orientados a predicir o comportamento dos mercados ante cambios na contorna económica.
- Realizar informes ligados ao estudo das das políticas económicas e das tendencias socio- económicas de longo prazo.
- Avaliar a eficiencia e a produtividade das empresas e facer unha análise comparativa das mesmas.
Dirixido a titulados en Economía, ADE, disciplinas técnicas e científicas, e outras titulacións afíns á Economía e á Empresa. Este Máster capacita o alumno tanto para realizar análises de sectores industriais, mercados financeiros, empresas e organismos públicos, como para avaliar decisións, estratexias e políticas nos ámbitos privado e público. En función do itinerario de especialización, o Máster prepara o alumno para desenvolverse como economista en áreas específicas da empresa privada (industria ou banca) e en organismos públicos.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 26
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso por orde de preferencia:
1. Licenciados e graduados en Economía, Administración e Dirección de Empresas, titulados de segundos ciclos de Ensinanzas Técnicas, Lic. En Ciencias Actuariais e Financeiras, Lic. Física, Lic. Química, Lic. Matemáticas, Lic. Ciencias e Técnicas Estadísticas, Lic. Investigación e Técnicas de Mercado.
2. Diplomados en Ciencias Empresariais. Titulados de ensinanzas técnicas de 1º ciclo.
3. Diplomatura en Relacións Laborais, Licenciatura en Ciencias do Traballo, Licenciatura en Dereito, Licenciatura en Socioloxía, Licenciatura en Xornalismo, Licenciatura en Historia, Licenciatura en Xeografía, Licenciatura en Bioloxía, Licenciatura en Bioquímica, Licenciatura en Biotecnoloxía, Licenciatura en Xeoloxía, Licenciatura en Farmacia e Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración.
Para o curso 2001/2012 hai unha oferta total de prazas de 40 distribuídas do seguinte xeito:
a.- Un máximo de 26 ofertadas a alumnos con titulacións do sistema educativo español.
b.- Un máximo de 14 para alumnos con titulacións de sistemas educativos doutros países.
c.- 6 prazas a tempo parcial (sobre o total de prazas ofertadas).
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3161001 | Métodos Cuantitativos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161002 | Teoría Económica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3161101 | Microeconomía: Mercados, prezos e goberno | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161102 | Macroeconomía: conxuntura e tendencias | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161103 | Econometría | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161104 | Organización industrial I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR | P3161105 | Análise económica dos mercados financeiros I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161106 | Seminarios de aplicacións da análise económica en consultoría | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MR | P3161108 | Organización Industrial | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3161109 | Seminarios de aplicacións da análise económica | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3161107 | Traballo fin de máster | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable