
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación: 12/03/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: VENCE DEZA, XABIER
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O título de Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación ten como obxectivo proporcionar aos participantes unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, no ámbito do desenvolvemento económico rexional e local e no da análise e xestión da I+D e a innovación.
Competencias xerais
1. Aplicación dos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
2. Capacidade de análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
3. Capacidade de comunicar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados.
4. Habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando.
5. Capacidade para fomentar, en contextos académicos e profesionais, os avances tecnolóxicos, sociais ou culturais dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Competencias específicas
1. Capacidade para buscar información e analizar fontes estatísticas, documentais e bibliográficas.
2. Coñecemento das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar un informe de carácter técnico de consultoría.
3. Capacidade de deseñar e pór en práctica programas e proxectos de I+D nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
4. coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel para o deseño e xestión de plans estratéxicos, programas e proxectos relacionados coa súa especialidade.
Unha vez terminada a súa formación o estudante debe estar capacitado para incorporarse efectivamente en actividades de consultoría e asesoramento especializado a empresas e administracións ou para responsabilizarse directamente de labores de deseño e xestión de proxectos de I+D e innovación en empresas, centros tecnolóxicos e organismos de investigación así como no deseño e xestión de programas e proxectos de desenvolvemento local, rexional ou sectorial en organismos públicos.
A formación adquirida tamén ofrecerá ao estudante os coñecementos necesarios para poder emprender investigacións aplicadas no campo do desenvolvemento rexional e local, o cambio tecnolóxico e a innovación
O propósito desta titulación oficial é a formación de emprendedores e persoal técnico superior cualificado para satisfacer a demanda actual que por parte das administracións públicas e institucións públicas e privadas esta a gestarse de forma crecente nos campos relacionados co desenvolvemento local e os procesos de innovación territorial
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 15
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais
Titulacións de acceso por orde de preferencia:
1º Grao ou licenciatura en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas
2º Outras itulacións da área de Ciencias Sociais e Xurídicas:
-Titulacións da área de Ciencias Experimentais
-Titulacións da área de Ciencias da Saúde
-Titulacións da área de Ensinanzas Técnicas
-Titulacións da área de Humanidades
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: a) TFM orientación académica-profesional:
Trátase dun traballo de investigación, equivalente a 6 ECTS ou a 12 ECTS segundo a orientación elixida, en que o alumno debe realizar unha revisión teórica e unha achega empírica. Ademais, o traballo ten de ser exposto ante os compañeiros e o tribunal designado pola Comisión Académica.
Cada alumno contará cun titor, que será o profesor/a co perfil máis axeitado para poder asesoralo e facer o seguimiento adecuado do traballo.
b) TFM orientación investigadora: Memoria de Investigación
Trátase de realizar un traballo de investigación, equivalente a 12 créditos ECTS onde o alumno debe realizar unha exhaustiva revisión teórica e unha análise empírica para achegar unha contribución orixinal e significativa ao coñecemento da liña de investigación en que se encadre, baixo a supervisión dun ou varios titores, encargados do seguimiento e titorización da memoria. Ese traballo deberá ser exposto perante un Tribunal. Cabe resaltar a titorización personalizada do alumno, como un proceso de formación para a investigación.
Plan de Acción Titorial: Durante os primeiros días de clase, e con obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender o seu titorando, derivando as cuestións que este lle suscite ás canles adecuadas, e a de facer un seguimento que permita localizar posíbeis dificultades académicas co adianto suficiente para seren corrixidas (orientación académica para elección de optativas, itinerarios, etc.).
Prácticas en empresas: As prácticas consisten na realización das actividades habituais nas empresas ou institucións segundo o seu perfil de especialización, por un tempo equivalente a 6 créditos ECTS.
Cada alumno contará cun profesor-titor e cun responsábel-titor na empresa ou institución en que se desenvolvan, para realizar o seu seguimiento e valoración.
Ademais das funcións asignadas na empresa, o estudante debe realizar e entregar unha memoria das actividades realizadas e dos beneficios obtidos para a súa formación.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3131250 | Introducción á Economía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | P3131251 | Introducción á Empresa e Finanzas | 3.00 | OP | 1SG | 1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3131101 | Modelos de Acumulación e Cambio Estrutural | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131102 | Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131103 | Economía da Innovación | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131104 | Sistemas Nacionais e Rexionais de Innovación | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131105 | Comercio, Competitividade e Innovación | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131106 | Estrutura Sectorial e Dinámica do Sistema Produtivo | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131107 | Sector Público e Dinamización Empresarial | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131108 | Planificación Estratéxica e Deseño de Programas e Proxectos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131109 | Avaliación e Financiamento de Proxectos de investimento | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3131201 | Economía das Políticas Científicas e de Innovación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131202 | Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131203 | Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131204 | Pautas Sectoriais de Innovación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131205 | Deseño, Avaliación e Xestión de Proxectos de Investigación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131206 | Propiedade Industrial e Intelectual: Economía e Dereito | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131207 | Dirección Estratéxica da Innovación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131208 | Implantación de Sistemas de Xestión da Innovación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131209 | Creación de Empresas de Base Tecnolóxica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3131210 | Planificación do Desenvolvemento Rexional e Local | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131211 | Políticas Europeas de Desenvolvemento Rexional e Local | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131212 | Desenvolvemento Urbano e Terciarización | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131213 | Recursos e Desenvolvemento Sostiblle | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131214 | Infraestruturas e Sistemas de Transporte | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131215 | Desenvolvemento Rural | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131216 | Economía Pesqueira e Crecemento Económico | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3131217 | Estrutura Social e Estado do Benestar | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3131218 | Política Económica das Comunidades Autónomas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3131110 | Prácticas Externas - Orientación Académico-Profesional | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 | P3131111 | Traballo fin de Máster - Orientación Académico-Profesional | 6.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 | P3131112 | Traballo fin de Máster (Memoria Investigación)- Orientación Investigadora | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable