Denominación do título: Máster Universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 13/2007 do 1 de febrero (DOG do 08/02/2007)
Data de publicación no BOE: 09/12/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Bande Ramudo, Roberto
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O programa de DESENVOLVEMENTO REXIONAL E INTEGRACIÓN ECONÓMICA defínese como de orientación mixta, profesional e investigadora, sendo en tal sentido os seus obxectivos específicos os seguintes:
1.-De forma común a ambas as especialidades, facilitar unha formación avanzada en economía e métodos cuantitativos, así como as habilidades precisas para a súa transmisión eficaz mediante ferramentas orais ou escritas. Esta formación debe servir de base tanto para a carreira investigadora como para o exercicio profesional.
2.-Na especialidade de DESENVOLVEMENTO REXIONAL, facilitar un conxunto de coñecementos e competencias para o desempeño profesional en institucións, axencias e empresas dedicadas ao desenvolvemento rexional e local. O itinerario inclúe materias eminentemente aplicadas así como prácticas neste tipo de entidades, que poderían actuar como ponte entre a fase formativa e o traballo posterior dos egresados
3.-Na especialidade de INTEGRACIÓN ECONÓMICA perséguese un obxectivo semellante, pero en institucións internacionais, interrexionais (fronteirizas ou transfronteirizas, como é o caso de Galicia) ou simplemente nacionais interesadas nos ámbitos do desenvolvemento, da integración e da cooperación. As características das materias e a combinación teoría-práctica perseguen idénticos obxectivos que os citados para a outra especialidade.
Este Máster forma a especialistas de alto nivel para desenvolcer carreiras profesionais, tanto no sector público como no privado, xestión de modelos empresariais de desenvolvemento sostible.
- Asesoramento a empresas e outras institucións sobre comercio exterior, mercados e inversión externa.
- Deseño de instrumentos de avance da productividade e da competitividade.
- Planificación de procesos de innovación tecnolóxica.
- Elaboración e tramitación de solicitudes de proxectos a programas de axuda ao desenvolvemento.
- Organización, promoción e xestión de estratexias o programas de actuación
- Deseño, pulo e xestión de políticas de igualdade.
Permítese así ter acceso a unha ampla variedade de postos de traballo tanto nas institucións, axencias e empresas adedicadas ao desenvolvemeto rexional e local como en institucións internacionais, interregionais (fronteirizas, tras fronteirizas, como nocaso de Galicia) ou nacionais interesadas nos ámbitos do desenvolvemento, da integración e da cooperación.A súa doble orientación (académico-profesional e investigadora) permite optar por unha formación na que prime o carácter investigador e que sirva de punto de partida para a continuación de os estudos de doutoramento e, no seu caso, convertirse en futuros investigadores nos centros públicos e privados de investigación en ciencias sociales.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
a) Alumnos procedentes das titulacións de Economía e Administración e Dirección de Empresas
b) Alumnos procedentes doutras titulacións universitarias.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3032101 | Matemáticas para a Economía | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032102 | Comercio Internacional | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032103 | Economía Monetaria e Financeira Internacional | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032104 | Institucións Económicas, Desenvolvemento e Desigualdade | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032105 | Econometría | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032106 | Introdución aos Métodos Estatísticos para a Economía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3032107 | Demografía e Mercado de Traballo | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032108 | Desenvolvemento Local e Rexional: Modelos e Experiencias Históricas | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3032201 | Principios de Análise Rexional e Urbana | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032202 | Modelos Econométricos Rexionais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032203 | Desenvolvemento Rural: Innovación, Actividade Económica e Espazo Rural | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032204 | Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Rural | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3032205 | Teorías e Modelos de Integración Económica e Monetaria | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032206 | Estratexias de Desenvolvemento e Integración Internacional | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032207 | Desigualdade e Pobreza | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3032208 | Os Problemas do Desenvolvemento en América Latina | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3032109 | Prácticas Externas | 18.00 | OB | PEGM | 2 | P3032110 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable