Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte
15782 Santiago de Compostela
A formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.
O graduado ou graduada debe coñecer a articulación do normal desenvolvemento de todas estas áreas funcionais cos obxectivos xerais da empresa e outras organizacións, no contexto global da economía e estar en condicións de contribuír coa súa actividade ao bo funcionamento e á mellora dos seus resultados. En concreto, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar ás persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.
a) Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
b) Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións.
c) Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial.
d) Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado.
e) Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando cun alto grao de autonomía.
f) Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas.
1. Xestionar e administrar unha empresa ou organización, entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
2. Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización e desempeñar con soltura calquera labor de xestión.
3. Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
4. Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
5. Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
7. Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
8. Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
9. Aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
10. Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3071101 | Fundamentos de Dirección de Empresas | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3071103 | Principios de Economía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3071104 | Estrutura Económica Mundial | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3071105 | Historia Económica | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3071106 | Introdución á Contabilidade | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3071108 | Microeconomía I | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3071109 | Dereito da Empresa | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3071110 | Estatística Empresarial I | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3071102 | Matemáticas Empresariais I | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3071107 | Matemáticas Empresariais II | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3071221 | Contabilidade de custos: Cálculo, Análise e Control | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071222 | Análise das Operacións Financeiras | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071223 | Macroeconomía | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071224 | Estatística Empresarial II | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071225 | Estrutura Económica de España e de Galicia | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071226 | Contabilidade Financeira I | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071227 | Fundamentos de Comercialización | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071228 | Fiscalidade Empresarial I | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071229 | Política Económica | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071230 | Microeconomía II | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3071321 | Contabilidade Financeira II | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G3071322 | Estados Contables | 4.50 | OB | 1SG | NI/NM | G3071323 | Fiscalidade Empresarial II | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071324 | Socioloxía Económica | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071325 | Econometría I | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071326 | Dirección Comercial | 6.00 | OB | 1SG | NI/NM | G3071327 | Análise de Estados Financeiros | 4.50 | OB | 2SG | NI/NM | G3071328 | Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071329 | Organización da Producción | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071330 | Dirección Financeira I | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM | G3071331 | Econometría II | 6.00 | OB | 2SG | NI/NM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable