Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Benvida

 

BENVIDA

Esta páxina pretende informar da realidade da Facultade de ADE, difundir a súa oferta formativa e ofrecer información xeral de utilidade para o alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos: plan de estudos, programación docente do curso, regulamentos e normativas internos, etc.

Ademais do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas, na actualidade , na Facultade impártese o derradeiro curso da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas e un Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA).
O persoal desta Facultade ten a vontade de mellora continua da súa calidade e esfórzase en dar resposta as necesidades e demandas do conxunto da sociedade e da empresa en particular. O obxectivo fundamental é ofrecer unha formación en materia de xestión empresarial adaptada ao novo escenario económico e social que estamos a vivir, intentando mellorar é ampliar a oferta académica que temos na nosa Facultade.
A pesar das dificultades que lle está a tocar vivir á nosa sociedade, a Facultade de Administración e Dirección de Empresas debe seguir avanzando e mirando ao futuro con esperanza. Un dito popular entre os economistas, é que os períodos de crise tamén o son de oportunidades.