Coñecemento ao servizo da sociedade.

Unha universidade completa e emprendedora con campus de crecemento equilibrado para dar resposta ás demandas da sociedade a través de servizos
A Aula TIC-PEMEs da USC xorde no eido do Plan Estratéxico das TICs 2003-2006 elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Tendo constancia da fenda dixital galega no ámbito da utilización das TICs, tanto na sociedade coma no tecido económico, e considerando esencial o papel da formación e o asesoramento como medio para subsanar este déficit nas PEMEs do noso entorno xeográfico, a USC pon en marcha a súa Aula TIC-PEMEs.
O obxectivo é axudar a correxir estas carencias desenvolvendo novos servizos e infraestructuras no campo das TIC, en colaboración coas outras iniciativas locais neste eido, de xeito que se reforce e diversifique a oferta, e isto estimule, á súa vez, a demanda por parte do tecido das PEMES.
A Aula TIC-PEMES da USC, estará a traballar en:
O obxectivo da Aula TIC-PEMEs da USC é deseñar e por en marcha iniciativas de formación e asesoramento de capital humano asociado ás TICs, e traballar na formación continua ó longo da vida laboral, a través da xeración de ofertas específicas que faciliten o acceso ós recursos e medios máis novedosos no ámbito das TICs.