Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

961537 - Investimentos Financeiros (OPTATIVAS XERAIS) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
    • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
    • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia Investimentos Financeiros é familiarizar ao alumno coas características e a análise dos activos financeiros individuais, así como coa teoría e a práctica das combinacións óptimas destes activos en carteiras, de xeito tal que estean en disposición de integrar os conceptos da Teoría do Investimento Financeiro con aplicacións prácticas na realidade dos mercados. En particular, o obxectivo é a comprensión das características e a análise das carteiras de activos financeiros, así coma o coñecemento das diversas ferramentas de valoración de activos e xestión de carteiras tanto de renda fixa como de renda variable: Teoría de selección de carteiras, Modelos de equilibrio no mercado de capitais, Eficiencia do mercado, Avaliación do proceso de investimento, Análise fundamental, Análise técnica e Esquemas de valoración do rendemento e risco dos activos financeiros de renda fixa e variable.

    Contidos
    PARTE I: O MERCADO ESPAÑOL DE VALORES
    TEMA 1: OS MERCADOS DE VALORES
    1. Características xerais e misión da Bolsa
    2. Características da Bolsa como mercado (competencia perfecta e eficiencia) e como Institución.
    3. Información necesaria para invertir e fontes.
    4. A protección do inversor
    5. Elementos presentes nas bolsas (personais, reais, formais).
    6. O circuito de inversión en Bolsa.
    7. Costes das operacións
    8. Fiscalidade
    TEMA 2: ORGANIZACIÓN DAS BOLSAS EN ESPAÑA:
    1. Estrutura
    2. Organismos, sociedades, etc.
    3. Valores negociables
    TEMA 3: Funcionamiento do mercado
    1. Formas de emisión de títulos
    2. Sistemas de contratación nos mercados secundarios.
    3. A liquidación
    4. Suspensión/Exclusión
    5. Formación do prezo: prezos e rangos estáticos e dinámicos. ‘Tick’ de salto.
    6. Tipos de órdenes (limitada, polo mellor, a mercado) e condicións adicionais (“todo ou nada”, “executar ou anular”, execución mínima, volume oculto).
    7. Tipos de operacións: a contado e a crédito
    8. Operacións sobre accións: OPVs/OPS, OPAs, ampliacións/reduccións, splits/contrasplits.


    PARTE II: ANÁLISE E SELECCIÓN DE CARTEIRAS
    TEMA 4. INVERSIÓN FINANCEIRA: ENTORNO E FUNDAMENTOS
    1. Introducción á Inversión Financeira. Obxectivo da Inversión Financeira.
    2. As Decisións de Inversión. Escenarios.
    3. Características do Conxunto de Oportunidades.
    3.1. O Rendemento Esperado dunha Inversión Financeira.
    3.2. Determinación do Risco: Dispersión nunha Combinación de Activos.
    4. A Diversificación do Risco.
    TEMA 5. DETERMINACIÓN DAS CARTEIRAS EFICIENTES
    1. Introducción á Teoría de Carteiras.
    2. Combinacións de dous Activos con Risco sen Vendas ó Descuberto.
    2.1. Correlación Perfecta Positiva.
    2.2. Correlación Perfecta Negativa.
    2.3. Independencia.
    3. O Conxunto de Carteiras Posibles e de Carteiras Eficientes.
    4. A Fronteira Eficiente con Vendas ó Descuberto.
    5. A Fronteira Eficiente con Préstamo e Endebedamento sen Risco.
    6. Técnicas Para o Cálculo da Fronteira Eficiente.
    TEMA 6. ESTRUCTURA DE CORRELACIÓN DO RENDEMENTO DOS ACTIVOS: MODELO DE INDICE ÚNICO E MODELOS MULTI-ÍNDICE
    1. Inputs Necesarios no Análise de Carteiras.
    2. O Modelo de Índice Único (MIU).
    2.1. Características do MIU.
    2.2. Estimación das Betas.
    2.3. Selección de Carteiras baixo o MIU.
    3. Modelos Multi-Índice e Técnicas de Grupo.
    3.1. Modelos Multi-Índice.
    3.2. Modelos de Correlación Media.
    3.3. Modelos Mixtos.
    3.4. Modelos Multi-Índices Fundamentais.
    TEMA 7. OUTROS MODELOS
    1. Introducción. Modelos de Equilibrio do Mercado de Capitais. A Arbitraxe.
    2. O Capital Asset Pricing Model (C.A.P.M).
    2.1. Hipóteses do CAPM.
    2.2. Derivación do CAPM
    2.3. Contrastación Empírica do CAPM.
    3. A Teoría de Valoración por Arbitraxe.
    3.1. Hipóteses do Modelo APT.
    3.2. Derivación do Modelo APT.
    4. Contrastación do Modelo APT.
    5. Comparación dos Modelos CAPM e APT.
    PARTE III: ANALISE E XESTIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS DE RENDA VARIABLE.
    TEMA 8. A ANÁLISE TÉCNICA E A ANÁLISE FUNDAMENTAL
    1. Introducción. Análise Técnica e Análise Chartista.
    2. ¿En qué consiste a Análise Fundamental?
    3. Tipos de Gráficos Utilizados na Análise Técnica.
    4. Principais Ratios Utilizadas.
    TEMA 9. VALORACIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS DE RENDA VARIABLE
    1. Introducción. Métodos de Valoración.
    2. Valor Intrínseco vs. Prezo de Mercado.
    3. Modelos de Desconto de Dividendos (DDM).
    3.1. Modelos Básicos de Desconto de Dividendos.
    3.2. O Modelo de Crecemento Constante.
    3.3. Ciclos de Vida e Modelos de Crecemento Multietapa.
    3.4. Modelos de Desconto de Dividendos Estocásticos.
    4. O Uso de Multiplicadores. O PER (Price Earning Ratio).
    4.1. O PER e as Oportunidades de Crecemento.
    4.2. Combinación do PER cos Modelos de Desconto de Dividendos.
    TEMA 10. XESTIÓN DE CARTEIRAS DE RENDA VARIABLE
    1. A Xestión Activa.
    2. Indexación.
    2.1. Selección de Referencias.
    2.2. Consideracións para a Construcción dunha Carteira a Replicar.
    2.3. Costos de Transacción.
    3. Estratexias Activas versus Estratexias Pasivas.
    PARTE IV: ANÁLISE E XESTIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS DE RENDA FIXA.
    TEMA 11. VALORACIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS DE RENDA FIXA
    1. Características Fundamentais.
    2. Tipos de Activos de Renda Fixa.
    3. Determinantes do Prezo dun Activo.
    4. Factores Determinantes da Volatilidade dun Activo.
    4.1. Duración.
    4.2. Convexidade.
    TEMA 12. FACTORES DETERMINANTES DOS RENDEMENTOS DOS ACTIVOS DE RENDA FIXA
    1. Os Tipos de Xuro Base.
    2. A Prima de Risco.
    3. A Estructura Temporal dos Tipos de Xuro.
    TEMA 13. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE CARTEIRAS DE RENDA FIXA
    1. Estratexias Activas de Xestión de Carteiras.
    2. Estratexias Pasivas de Xestión de Carteiras.
    3. Combinación de Estratexias Activas e Pasivas.
    Bibliografía básica e complementaria
    ALEXANDER, G., SHARPE, W., BAILEY, J. (2003): Fundamentos de inversiones. Teoría y práctica, Prentice-Hall International.
    BERNSTEIN, P. L. y DAMODARAN, A. (1998): Investment Management, John Wiley & Sons, Inc.
    BLAKE, D. (2000): Financial Market Analysis, 2ª edición, John Wiley & Sons.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2001): Essentials of Investments, 4ª edición, McGraw-Hill, Irwin.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2004): Principios de Inversiones, 5ª edición, McGraw-Hill.
    BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A.J. (2005): Investments, 6ª edición, Irwin/McGraw-Hill.
    BREALEY, R. y MYERS, S. (2003): Fundamentos de financiación empresarial, 7ª edición, McGraw Hill-Interamaricana de España, Madrid.
    ELTON, E. J. y GRUBER, M. J. (2000): Investments, Vol. I, The MIT Press, 2ª Edición, London.
    ELTON, E. J., GRUBER, M. J. y BLAKE, C. (1998): The Investment Portfolio User’s Manual, John Wiley & Sons, Inc.
    ELVIRA, O. y PUIG, X. (2001): Análisis Técnico Bursátil, 8º edición, Gestión 2000.
    FABOZZI, F. J. (1999): Investment Management, 2ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    FABOZZI, F. J. (Ed.) (1998): Handbook of Portfolio Management, Frank J. Fabozzi Associates, Pennsylvania.
    FERRUZ AGUDO, L., PORTILLO TARRAGONA, M. P. y SARTO MARZAL, J. L. (2001): Dirección Financiera del Riesgo de Interés, Pirámide, Madrid.
    FISCHER, D. E. y JORDAN, R. J. (1995): Security Analysis & Portfolio Management, 6ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    GÓMEZ-BEZARES, F. (2000): Gestión de Carteras, 2ª Edición, Editorial Desclée de Brouwer, S.A., Bilbao.
    GREENWALD, B. C. N., KAHN, J., SONKIN, P. D. y VAN BIEMA, M. (2001): Value Investing, John Wiley & Sons, Inc., New York.
    HAGIN, R. (2004): Investment Management: Portfolio Diversification, Risk and Timing - Fact and Fiction, Wiley & Sons Ltd.
    HAUGEN, R. A. (2001): Modern Investment Theory, 5ª edición, Prentice-Hall, New Jersey.
    HEARTH, D. y ZAIMA, J. K. (2001): Contemporary Investments. Security and Portfolio Analysis, 3ª edición, Harcourt, Orlando.
    KNOP, R., ORDOVAS, R., VIDAL, J. (2004): Medición de riesgos de mercado y crédito, Ariel Ediciones.
    LA GRANDVILLE, O. de (2000): Bond Pricing and Portfolio Analysis: Protecting Investors in the Long Run, The Massachusetts Institute of Technology Press.
    LEVY, H. (2002): Fundamentals of Investments, Pitman Publishing Ltd.
    LÓPEZ LUBIÁN, F.J., GARCÍA ESTÉVEZ, P. (2005): Bolsa, Mercados y Técnicas de Inversión, McGraw-Hill.
    MARTÍNEZ-ABASCAL, E. (2000): Invertir en bolsa. Conceptos y estrategias, Mcgraw-Hill.
    MAYES, T. R. y SHANK, T. M. (2001): Financial Analysis with Microsoft Excel, 2ª Edición, Harcourt College Publishers, Orlando.
    MAYO, H. B. (2001): Financial Institutions, Investments, and Management, 7ª Edición, Harcourt College Publishers, Orlando.
    MORAL BELLO, C. (2000): Los Mercados Financieros, International Technical & Financial Institute, 4ª edición, Madrid.
    MURPHY, J. J. (2000): Análisis Técnico de los Mercados Financieros, Ediciones Gestión 2000, S.A., Barcelona.
    PLISKA, S. R. (2001): Introduction to Mathematical Finance. Discrete Time Models, Blackwell Publishers
    REILLY, F. K. y NORTON, E. A. (1999): Investments, 5ª edición, The Dryden Press.
    REY, V., PALOMO, R., MATEU, J.L. (2003): Guía fiscal del inversor, SAFEI.
    SANTODOMINGO, A. (1997): Curso Práctico de Análisis Fundamental, Inversor Ediciones, Madrid.
    STRONG, R. A. (2001): Practical Investment Management, 2ª edición, South-Western College Publishing, Thomson Learning.
    Competencias
    - Asimilar conceptos e procedementos propios da Teoría do Investimento Financeiro.
    - Coñecer e comprender a organización e funcionamento dos mercados de capitais.
    - Aplicar os coñecementos matemáticos (esperanza matemática, varianza, covarianza, etc.) á análise das operacións de investimento e xestión de carteiras.
    - Utilizar os coñecementos adquiridos para manter unha actitude crítica coas mensaxes ou informacións difundidas desde diferentes ámbitos.
    - Facer un uso racional dos recursos tecnolóxicos, rendibilizando as grandes posibilidades que ofrecen.

    Metodoloxía da ensinanza
    O programa foi deseñado para cubrir un amplo abanico de temas que se consideran fundamentais no ámbito da materia. Nas horas presenciais de docencia tratarase de afondar nos aspectos máis relevantes e novidosos para o alumno e farase unha revisión máis superficial daqueles xa tratados noutras materias pero considerados importantes para comprender os investimentos financeiros desde unha perspectiva global e completa. No transcurso do cuadrimestre farase referencia á bibliografía específica que se vai utilizar para ampliar os coñecementos adquiridos en cada tema.

    Nas catro horas de docencia semanal intentarase seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:

    - Compatibilizar o rigor lóxico da Teoría do Investimento Financeiro coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
    - As demostracións teóricas e a formación matemática dos modelos analizados serán obxecto de atención en numerosas ocasións co fin de introducir os estudantes no uso das finanzas cuantitativas.
    - Resolver exercicios que lle permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos, xa sexa na aula, xa na aula de informática.
    - Observar de forma directa o funcionamento dos mercados mediante o uso de tecnoloxías da información.
    - Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente coma fóra del.
    - Fomentar o diálogo na aula e a participación activa na clase.

    Sistema de evaluación
    Os criterios seguidos para a avaliación dos estudantes consisten basicamente nos seguintes:
    - Observación directa e sistemática do traballo desenvolvido na aula polo alumno.
    - Valoración da asistencia á clase.
    - Valoración da capacidade de participación na clase do alumno tanto á hora de formular ou responder cuestións como á de expor e desenvolver algún tipo de debate relacionado coa materia.
    - Realización dunha proba escrita que se realizará nas datas fixadas no calendario oficial do centro e que constará dunha parte tipo test de arredor de 20-25 preguntas con resposta única.
    - Por outra parte, ao remate de cada tema, serán formulados unha serie de exercicios e casos prácticos coa finalidade de fomentar a participación dos alumnos na clase e de achegar os coñecementos adquiridos á realidade dos mercados financeiros, os cales serán considerados na cualificación final do alumno, cunha participación máxima do 20% nela.
    Os alumnos terán dereito a unha revisión da súa cualificación nos termos previstos na normativa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    - Teóricas: 30
    - Resolución de problemas: 10
    - Prácticas de ordenador: 20

    Horas non presenciais:
    - Repaso contidos teóricos: 20
    - Consulta de bibliografía: 20
    - Resolución de problemas: 10
    - Prácticas de ordenador: 20
    - Preparación exame: 30

    Horas de avaliación: 2

    Total volume de traballo: 162 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase fundamental a asistencia á clase como forma de comprender e asimilar o contido da materia. Con respecto ás horas de dedicación non presencial, estímase que o alumno que ten asistido á clase deberá investir, polo menos, seis horas semanais (dúas horas para o repaso do visto na clase e catro para aplicar e afianzar os coñecementos mediante a resolución de problemas e afondar na materia mediante a revisión bibliográfica). Cun traballo constante ao longo do cuadrimestre, a preparación do exame final non debería implicar un número excesivo de horas de estudo.
    Ademais dos aspectos xa mencionados sobre a conveniencia de asistir ás clases e dedicar polo menos dúas horas semanais ao repaso e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, recoméndaselles aos alumnos que fagan uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas ou aclaración de conceptos. Por outro lado, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo xoga nesta materia, aconséllase que o alumno que non se move con soltura neste terreo procure mellorar o seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de titorías. Recoméndase, tamén, que o alumno consulte a ampla bibliografía ofrecida para consolidar e ampliar os coñecementos adquiridos, especialmente naqueles puntos do temario nos que, por razóns de temporalización, non é posible entrar en profundidade no desenvolvemento das clases presenciais.