Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101325 - Econometría I (Materias Obrigatorias) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FRIAS PINEDO, ISIDRO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Aportar os coñecementos necesarios para que os alumnos:

    - Podan entender o papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica e na análise de decisións empresariais.

    - Dominen os conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía desde a perspectiva econométrica.

    - Apliquen as técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos e de toma de decisións no ámbito da empresa.

    - Podan cursar a materia Econometría II.

    Contidos
    Tema 1: A Econometría: evolución histórica e concepto. Modelos económicos e modelos econométricos. Procesos de modelización econométrica. Clasificación dos modelos econométricos. O papel da Econometría.
    Tema 2: O modelo de regresión lineal normal clásico: formulación e hipóteses básicas. Estimación polo método dos mínimos cadrados ordinarios. Propiedades dos estimadores mínimo cuadrático ordinarios. Análise da precisión dos estimadores e da bondade do axuste. Contrastes de hipóteses. Estimación máximo-verosímil. A predicción e medidas evaluadoras da capacidade predictiva. Análise da estabilidade postmuestral.
    Tema 3: Variables ficticias e contrastes de estabilidade.
    Tema 4: Multicolinealidade e selección de regresores.
    Tema 5: Paquetes econométricos e aplicacións.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    GUISÁN. M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.

    HILL, R. C.; GRIFFITHS, W. E.; LIM, G. C.(2011): Principles of Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.

    PULIDO; A (1993): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.

    WOOLDRIDGE, J. M. (2006): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    ALEGRE,J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC

    ALONSO, A.;FERNÁNDEZ, J; GALLASTEGUI, I. (2005): Econometría. Prentice Hall

    GREENE, W. H. (1998): Análisis econométrico. Prentice Hall.

    JOHNSTON, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed.Vicens-Vives.

    MADDALA, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.,

    PENA TRAPERO, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide..

    PULIDO, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.

    VERBEEK, M. (2008): A guide to Modern Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.

    Competencias
    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
    -Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestión, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    -Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.

    -Elementos básicos de modelos econométricos e predición.


    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:

    -Dominio dos conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.

    -Coñecemento e comprensión do papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.

    -Dominio de paquetes informáticos específicos para a Econometría aplicados no ámbito da análise económica en xeral e de forma particular no contexto da empresa.

    -Aplicación das técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos concretos das empresas.


    Metodoloxía da ensinanza
    Ao ser unha materia de introdución no campo da Econometría, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumno.

    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle deste modo a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.

    As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática. Estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía en xeral e de forma particular no contexto da empresa.

    Estas actividades teórico-prácticas poderán complementase (se así se recolle na correspondente guía docente) con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudios referentes á realidade económica máis actual.


    Sistema de evaluación
    O sistema principal é o de avaliación continua, de modo que:

    - O alumno obterá unha parte da cualificación final (un 30%) en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.... A valoración destas actividades concretarase cada curso na correspondente guía docente.

    - O restante 70% corresponde co exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumno.

    Os alumnos que xa estiveran matriculados en algunha ocasión na materia poderán optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como a carga total de cada crédito estímase en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudio e de traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.

    Traballo presencial:

    -Clases de pizarra en grupo grande
    -Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido
    -Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas
    -Outras sesións con profesor Especificar: exames e revisión


    Traballo non presencial:

    -Estudio autónomo individual ou en grupo
    -Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos
    -Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio
    -Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno debe de ter coñecementos básicos das materias de Matemáticas, Estatística e Teoría Económica cursadas polo alumno nos cursos previos deste grado.