G3101101 - Fundamentos de Dirección de Empresas (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia.- Dotar ao alumnado dos coñecementos teórico-prácticos sobre a dirección de empresas. Concretamente, búscase que o alumnado comprenda os principios e fundamentos da dirección e da organización empresarial e se familiarice cos problemas empresariais.
.- Comprender as funcións básicas que debe desempeñar un/unha directivo/a e a complexidade do contexto empresarial como condicionante da función directiva.
.- Inculcar o sentido da ética na dirección de empresas e destacar a importancia dun comportamento socialmente responsable por parte da empresa e da súa dirección.
.- Potenciar o espírito emprendedor no alumnado.
.-Fomentar a xestión da información en TICs dentro do marco da competencia informacional
Contidos1.- Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
2.- O contexto organizativo
3.- Fundamentos da planificación
4.- Fundamentos do deseño organizativo
5.- Fundamentos da dirección
6.- Fundamentos do control
7.- Emprendemento
Bibliografía básica e complementariaROBBINS, DeCENZO (6º ed) (2009). Fundamentos de Administración. Conceptos Esenciales y Aplicaciones. Pearson. Prentice Hall.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
DÍEZ DE CASTRO, J.; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M.A. (2002). Administración de Empresas. Dirigir en la Sociedad del Conocimiento. Pirámide.
O profesorado poderá propor bibliografía complementaria ou adicional.
Competencias– Capacidade para analizar o entorno e a realidade empresarial
– Comprensión da relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
– Coñecemento da natureza dinámica dos procesos organizativos.
– Coñecemento sobre como xestionar unha empresa ou organización
– Capacidade para asumir responsabilidades directivas
– Capacidade para tomar decisións
– Capacidade para comprender as funcións que debe desenvolver un/unha directivo/a eficaz
– Capacidade de razoamento crítico e iniciativa
– Capacidade de argumentación e comunicación
– Competencia transversal. Competencia informacional T4 na USC
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas en grupo reducido trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para elo analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debatéranse cuestións plantexadas polo profesorado. Adicionalmente, o alumnado deberá elaborar un traballo en grupo sobre un tema y expoñelo oralmente. Con todo isto, preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas tutorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfrente o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canal de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Para o desenvolvemento das competencias informacionais facilitarase ó alumnado un curso virtual en colaboración coa biblioteca da USC para a adquisición das mesmas que que constituirá unha actividade da asignatura equivalente a 10 horas do traballo autónomo do alumno
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc. A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria
A) Avaliación continua: Participación nas clases, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos, controis e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 30%.
B) Exame final de contidos. Peso na cualificación final: 70%.
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 3 sobre 7 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia. É requisito indispensable para superar a asignatura a realización dun seminario sobre competencias informacionais levado a cabo pola Biblioteca Intercentros da USC. Ao finalizar este seminario, a Biblioteca facilitará ao profesorado da materia a relación do alumnado “APTO” ou “NON APTO”. O profesorado valorará as competencias informacionais adquiridas no seminario na elaboración dos diferentes traballos a realizar ao longo do curso e que integran a nota de avaliación continua. Nestes traballos valoraranse os seguintes indicadores: i) avalía e organiza a información, ii) non aparecen indicios de copy/paste, iii) utiliza fontes de información de calidade, iv) cita a información utilizada, v) elabora referencias bibliográficas atendendo ó estilo predeterminado.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, farase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación acadada na avaliación continua.
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribuiranse do seguinte xeito:
.- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 51
.- Traballo persoal do alumnado: 102
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice tódalas actividades plantexadas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.