G3101103 - Principios de Economía (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFamiliarizarse co método económico.
Coñecemento dos conceptos básicos da análise económica: racionalidade, mercados e goberno.
Aplicación da análise económica a problemas actuais.
Capacidade de identificación dos principios fundamentais da análise económica que caracterizan aos fenómenos económicos reais.
Capacidade de redución dos fenómenos económicos reais a representacións simplificadas (modelos) en base aos conceptos básicos da análise económica.
Manexo das ferramentas básicas para a análise de modelos formais: Uso tanto da matemática elemental como do razoamento lóxico e a representación gráfica, na análise de problemas
económicos.
Comprender analiticamente as teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo,
mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
Definición e medición de variables económicas como produción, emprego e inflación.
ContidosDefinición de Economía
Conceptos básicos: escasez, coste de oportunidade, elección rracional, equilibrio, eficiencia
Demanda e oferta
Mercados e intervención pública
Vareables e conceptos macroeconómicos
Determinación da renda
Políticas macroeconómicas
Bibliografía básica e complementariaBásica:
O´Sullivan, A y Sheffrin, S, Economía, Principios e Instrumentos, Editorial Prentice Hall
Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2009), Economía, Teoría y Política. 6a. edición, McGraw-Hill
Complementaria
Samuelson, P. A. y Nordhaus, W. D. (2002), Economía, 17ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Schiller, B. R. , Principios Esenciales de Economía, 4ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Stiglitz, J. E. , Economía, Editorial Ariel, Barcelona.
Begg, D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Blanco, J. M. y Aznar, J. (2004). Introducción a la Economía. Teoría y Práctica. 4a. edición, McGraw-Hill.
Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Mankiew, N. G. (2008), Principios de Economía. 4a. edición, Thompson Paraninfo.
Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2005), Economía, Teoría y Política. 5a. edición, McGraw-Hill
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2006), Economía. 18a. edición, McGraw-Hill
Stiglitz, Joseph. (2004), Microeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, Joseph. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Sloman John y Sutcliffe, Mark (2000) Introducción a la Microeconomía. 3ª edición. Prentice Hall
Sloman John y Sutcliffe, Mark (1997) Introducción a la Macroeconomía. 3ª edición. Prentice Hall
Stiglitz, Joseph. (1993), Economía. Barcelona, Editorial. Ariel
CompetenciasCompetencias da titulación as que contribúe a materia:
• Posuír os coñecementos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.
• Coñecer e comprender analiticamente a nivel básico o concepto de escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, así como o papel que xogan na economía tanto os mercados e os gobernos en economía.
• Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado coma
no público.
• Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
• Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
• Capacidade de análise e síntese.
Competencias específicas da materia:
• Familiaridade co método económico.
• Coñecemento dos conceptos básicos da análise económica: racionalidade, mercados e goberno.
• Aplicación da análise económico a problemas actuais.
• Capacidade de identificación dos principios fundamentais da análise económica que caracterizan aos problemas económicos reais.
• Capacidade de redución dos problemas económicos reais a representacións simplificadas (modelos) de acordo cos conceptos básicos da análise económica.
• Manexo das ferramentas básicas para a análise de modelos formais: Uso tanto da matemática elemental coma do razoamento lóxico e a representación gráfica, no análise de problemas económicos.
• Comprender analiticamente as teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
• Definición e medición de variables económicas como produción emprego e inflación.
Metodoloxía da ensinanza As clases de encerado en grupo grande serán clases expositivas que consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económico utilizando estes modelos para comprender ou economía real. As clases de encerado, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar o alumno o método e a forma en que traballa un analista económico. Habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases en grupo reducido e o tempo dedicado a traballar de maneira autónoma.
As clases de encerado en grupo reducido estarán destinadas a propor e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar caso e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análises introducidas nas clases expositivas en grupo grande. Nestas sesións tamén se inclúen probas de avaliación se as houber.
Nas titorías dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
Sistema de evaluaciónA avaliación de cada materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A nota final do curso estará composta por un 30% de avaliación continua e un 70% que corresponderá ao exame final. A avaliación continua poderá estar composta por exames parciais, exercicios, controis e participación en clase, e ponderará un 30% tamén no caso en que alumno teña que facer un exame final de recuperación. As actividades non realizadas por falta de asistencia promedian como cero para a avaliación final. Na avaliación do curso teran en contase os distintos aspectos da adquisición das competencias a que contribúe a materia así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía específica ou a participación activa.
Na avaliación de xullo manterase ou mesme criterio que na ordinaria.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de trabajo persoal, que incluye o estudio autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacions orales.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacions previas: Alxebra e Cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razonamento deductivo e inductivo.