Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101104 - Estrutura Económica Mundial (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
castañón llamas, luis.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dotar ao alumno dun coñecemento básico da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías española e galega, ámbito no que os licenciados en Administración e Dirección de Empresas desenvolverán a súa actividade.
    Contidos
    1. Questons metodológicas preliminares.
    2. O Capitalismo. As principais correntes do pensamento económico.
    3. Técnicas de contabilidade social. O circuito económico e os agregados básicos da Contabilidade Nacional. A Táboa Input-Output. A Balança de pagamentos.
    4. Panorama geral da economia mundial.
    5. O espaço económico mundial. A globalizaçom. O Subdesenvolvimento.
    6. Cooperaçom e integraçom económica. Instituiçons económicas internacionais.
    7. O comércio internacional.
    8. O investimento direito extrangeiro. As empresas multinacionais.
    9. O sistema financeiro internacional. A Crise.
    10. O processo de integraçom europeio. As instituiçons da Uniom.
    11. As políticas comunitárias. O Banco Central Europeio e o Euro.

    Bibliografía básica e complementaria
    Berzosa, C., Bustelo, P. e de la Iglesia, J. (2001). Estructura económica mundial. Ed. Síntesis. Madrid. 2ª ed. act. e amp. Madrid.
    Durán Romero, García de la Cruz, Sánchez Díez, (2013), Estructura económica y relaciones internacionales. Garceta. Madrid.

    Notas:
    Para além da anterior bibliografia, no desenvolvimento de cada tema sugeriram-se outras fontes bibliográficas.
    Ao princípio de curso o professor facilitará umha colecçom de textos para o estudo da matéria.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeneral, así
    como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a
    realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    - Coñecer a realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público,
    institucións económicas e a súa evolución.
    - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
    ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións
    pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    - Identificar, acceder e manexar fontes de información económica.
    - Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudos económicos.

    Competencias específicas da materia:

    – Coñecemento e interpretación dos cambios recentes na evolución da economía mundial,
    con especial atención ao carácter interdependente dos elementos e relacións que configuran
    esta realidade.
    – Comprensión do papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
    – Coñecemento dos conceptos básicos da economía aplicada necesarios para a comprensión
    do contido da materia.
    – Familiarización e comprensión da prensa económica, en especial nos temas referidos á
    economía mundial.

    Metodoloxía da ensinanza
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas

    Docencia en grupo grande 15
    Docencia en grupo reducido 30
    Titorías en grupo 10
    Outras sesións co profesor: actividades de avaliación 5

    Total horas traballo presencial na aula 60

    Sistema de evaluación
    A avaliaçom tentará recolher nom só o resultado do exame final mas também a totalidade do esforço realizado ao longo do curso. Para superar a matéria é necessário obter um mínimo de cinco pontos sobre dez. Estes dez pontos distribuem-se em duas partes: 7 correspondem ao exame final, 3 as actividades ao longo do quadrimestre.
    Haverá dous exames: os correspondentes às convocatórias oficiais de Junho (primeira oportunidade ordinária) e Julho (segunda oportunidade extraordinária de recuperaçom). Seram objecto de exame os temas que figuram no programa, as leituras obrigatórias, as explicaçons do professor, e o resto do material que se facilite. O exame será de tipo test. No exame se assignarám um máximo de 7 pontos.
    Os 3 pontos restantes reflectirám as outras actividades académicas desenvolvidas no quadrimestre. Terám-se em conta o aproveitamento das leituras propostas e das sesssons expossitivas, a correcçom da expressom (oral ou escrita), etc. Os três pontos repartiram-se a raçom dum ponto por cada um dos seguintes grupos de elementos: perguntas e provas; comentários escritos e trabalhos; debates e participaçom activa. Nom háverá provas liberatórias parciais.
    Os alunos repetidores poderám conservar, se o desejam, a qualificaçom obtida o curso anterior na parte correspondente à avaliaçom continuada. Para isso será requissito imprescindível que o comuniquem ao professor nos primeiros dez dias de curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas

    Estudo autónomo individual ou en grupo 65
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 10
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10
    Preparación de presentacións orais, debates ou similar 5

    Total horas traballo persoal do alumno 90

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesor con obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.

    Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesor a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.