G3101105 - Historia Económica (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia e Institucións Económicas
- Áreas: Historia e Institucións Económicas
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal do curso é explicar as características e as causas das transformacións económicas e sociais experimentadas no mundo desde a Revolución Industrial ata a actualidade.
ContidosTEMA 1. ECONOMÍAS AGRARIAS E PROCESOS DE INDUSTRIALIZACIÓN (1750-1870).
TEMA 2. SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E PRIMEIRA GLOBALIZACIÓN (1870-1914).
TEMA 3. GUERRAS, CRISE E DESINTEGRACIÓN ECONÓMICA INTERNACIONAL (1914-1945).
TEMA 4. DA RECONSTRUCCIÓN Á 'IDADE DOURADA' (1945-1973).
TEMA 5. ENTRE A CRISE E A GLOBALIZACIÓN (1973-2009).
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica del curso:
-- FELIÚ, G.; SUDRIÁ, C. (2007). Introducción a la historia económica mundial. Valencia, Universitat de València.
-- ZAMAGNI, V. (2001). Historia Económica de la Europa contemporánea. Crítica, Barcelona.
Bibliografía complementaria:
-- CAMERON, R. (2008). Historia económica mundial. Desde el paleolítico hasta el presente. Alianza, Madrid.
-- CARRERAS, A.; TAFUNELL, X. (2004). Historia económica de la España contemporánea. Crítica, Barcelona.
-- EICHENGREEN, B. (2000). La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Antoni Bosch, Barcelona.
-- FRIEDEN, J. A. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Crítica, Barcelona.
-- LANDES, D.S. (1999). La riqueza y la pobreza de las naciones. Por qué algunas son tan ricas y otras tan pobres. Crítica, Barcelona.
-- MADDISON, A. (2002). La economía mundial. Una pespectiva milenaria. O.C.D.E.-Mundiprensa, Madrid.
-- TELLO, E. - GORDILLO, X. (Coords.) (2005). Guía práctica de historia económica mundial. Universitat de Barcelona, Barcelona.
-- TORTELLA, G. (1994). El desarrollo de la España contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX. Alianza, Madrid.
-- VALDALISO, J.M.; LOPEZ, S. (2000). Historia económica de la empresa. Crítica, Barcelona.
CompetenciasCompetencias xerais da titulación ás que contribúe a materia:
-- Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
-- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
-- A materia Historia Económica contribúe a coñecer e comprender a natureza da empresa e a súa relación co entorno económico e, en concreto:
- A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
- O entorno histórico, social e institucional da empresa e do mercado.
- Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
- Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
Competencias específicas da materia:
-- Comprender os conceptos básicos da economía e a súa aplicación a diferentes contextos históricos.
-- Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico.
-- Coñecer as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento.
-- Familiarizarse con técnicas e instrumentos estatísticos básicos empregados no tratamento das series económicas históricas (números índice, taxas de crecemento, variables nominales e reais, etc).
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que comprenden o programa da materia, recalcando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles. As sesións de pizarra en grupo reducido dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polos alumnos sobre temas previamente suscitados polo profesor, ben sexan comentarios de texto, ou ben análise intepretativos sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polos profesores. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
É tamén importante suliñar o apoio dado aos estudantes a través da aula virtual no campus virtual del USC.
Sistema de evaluaciónA cualificación do alumno levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua que se baseará na realización de controis periódicos da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias do alumno. Para aprobar a materia por este procedemento será obrigatoria a asistencia a como mínimo un 75 % das clases, e superar as probas nelas realizadas. Aqueles alumnos que non aproben a materia polo sistema de avaliación continua deberán realizar un exame final. O comportamento 'inadecuado' na aula será tido en conta na cualificación do alumno.
Tempo de estudo e traballo persoalConforme á Memoria do Grao, o total de horas de traballo presencial do alumno na aula será de 51 horas, e as estimadas para o seu traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, etc) serán 99.
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que esta asignatura non esixe requisitos previos, considérase moi recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet...).