G3101106 - Introdución á Contabilidade (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e comprender a idea da contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos de patrimonio e resultado, así como os elementos que os integran.
- Coñecer e saber aplicar o método contable.
- Saber desenvolver o proceso contable para a elaboración dos estados contables.
Contidos-Parte I: Introducción á contabilidade
- Tema 1: A contabilidade e o seu contorno
- Tema 2:O patrimonio empresarial e a súa representación. Estados financeiros periódicos
- Tema 3:O método contable
- Tema 4: O ciclo contable
Parte II: Elaboración e comunicación da información contable
- Tema 5: Aspectos básicos da normalización contable
- Tema 6: O activo non corrente.
- Tema 7: As existencias
- Tema 8: Dispoñibilidades líquidas e contas a cobrar
- Tema 9:Recursos alleos
- Tema 10: O patrimonio neto
- Tema 11: O resultado: gastos e ingresos
- Tema 12: Os estados contables
Bibliografía básica e complementaria- REAL DECRETO 1514/2007, de 16 de Novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade.
- CERVERA, M; GONZALEZ, A.; ROMANO, J.(2008): Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC). Editorial CEF. Partes I,II y III.
- LARRAN JORGE, M. (2009): "Fundaments de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
-LOPEZ DIAZ, A; ALVAREZ PEREZ, M.B; LORCA FERNANDEZ, P(2008) : " Manual de Contabilidad financiera". Editorial Universitas.
- MUÑOZ JIMENEZ, J. (2008): Contabilidad financiera. Pearson educación S.A.
- TABOADA MELLA, S.(2008): " Contabilidad financiera: una introducción teórico-práctica". Tórculo Edicions.
- Bibliografía complementaria no campus virtual
Competencias- Comprender e saber aplicar os conceptos de activo, pasivo, neto, gasto e ingreso.
- Comprender e saber desenvolver o proceso contable.
- Comprender e saber aplicar o rexistro contable das distintas partidas que integran o patrimonio e o resultado.
- Coñecer a estrutura básica dos estados financeiros.
Metodoloxía da ensinanza As competencias de coñecemento serán adquiridas polos alumnos a través de clases de encerado, tanto teóricas como de resolución de exercicios. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explícación dos conceptos básicos de cada tema contido no programa proporcionando información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento para o posterior proceso de aprendizaxe autónoma.
Nas sesións de docencia interactiva presentaranse exercicios e traballos que os alumnos iran resolvendo e realizando en pequenos grupos, fomentando así a cooperación e o traballo en equipo.
Utilizarase a páxina web da materia para facilitar ó alumno información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar, utilizándoa como ferramenta de comunicación co profesor e o resto dos compañeiros.
Ademais as tutorías en grupos moi reducidos utilizaranse para que os alumnos cá orientación do profesor poidan desenvolver as actividades que se lles asignen, así como para resolver dúbidas ou cuestións que ó alumno cústelle entender.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación contiua e proba teórico-práctica final.
Na avaliación continua, para a que será necesaria a asistencia mínima dun 70%, teranse en conta todas as actividades realizadas ó longo do cuadrimestre considerando aspectos talles como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia e a competencia de utilización da tecnologia de información e comunicación. A puntuación máxima será de 3 puntos na nota final.
No éxamen teórico práctico avaliarase o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos. A puntuación máxima será de 7 puntos na nota final.
Calificación do éxamen teórico práctico: O examen constará de dúas partes, teoría e práctica, valendo cada unha de elas 3,5 puntos. Para aprobar o examen é necesario acadar un mínimo de 1,75 puntos en cada parte e que a suma de ambas sexa igual o maior a 4.
Superación da materia.
Para superar a materia, deberase obter una calificación de 5 puntos, dos cales alomenos 4 deberanse obter no éxamen teórico práctico.
Os alumnos repetidores deberán superar novamente tanto a avaliación continua coma o exame final, cos mesmos criterios que os alumnos en primeira matrícula.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal horas de traballo presencial na aula 60
Total horas de traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases expositivas así como á docencia interactiva
- Consulta de dúbida en tutorías
- Consulta dos manuais recomendados e das lecturas complementarias
- Realización dos supostos prácticos alternativos ós desenvolvidos nas aulas
- Estudo continuo da materia, dada a estreita relación entre os seus contados