G3101108 - Microeconomía I (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNo curso de Microeconomía I preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como mecanismo de asignación de recursos. Iso supón analizar a conduta das unidades económicas individuais e a solución do problema asignativo mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. As nocións de racionalidade e equilibrio constitúen os principios organizadores do estudio. A partir da comprensión básica destes principios úsase a análise microeconómica como un instrumento para abordar de forma rigorosa diferentes problemas económicos; entre outros, a toma de decisións empresariais, xeitos da política microeconómica e da intervención pública, e, mais en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna.
Contidos1. - Introdución
Introdución
Elementos e conceptos básicos
O método da análise microeconómica
2. - A conduta do consumidor
As preferencias do consumidor
A restrición orzamentaria
A decisión do consumidor
O concepto de utilidade
3. - A demanda individual e de mercado
A demanda individual
O efecto-renda e o efecto-substituición
A demanda de Mercado
O excedente do consumidor
4. Aplicacións da Teoría do Consumo
A elección renda-ocio e o mercado de traballo
Elección intertemporal. Consumo, aforro e tipos de interés
5. - A produción
A tecnoloxía de produción
As isocuantas
A produción cun factor variable (o traballo)
A produción con dous factores variables
Os rendementos de escala
6. - Os custos da produción
A medición dos custos.
O custo a corto prazo
O custo a longo prazo
As curvas de custos a longo e a corto prazo
A produción con dous produtos: as economías de alcance
7. - A maximización do beneficio e a oferta competitiva
A maximización do beneficio
A curva de oferta a curto prazo da empresa da empresa e do mercado
Produción a longo prazo e oferta da industria
8. - Análise dos mercados competitivos
A avaliación das ganancias e as perdas provocadas pola política económica: o excedente do consumidor e dos produtos
A eficiencia dun mercado competitivo
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2009), Microeconomía, 7ª edición, Editorial Pearson Prentice Hall, Madrid
Bibliografía complementaria:
Bilas, R. A. (1989), Teoría Microeconómica, 8ª reimpresión, (1ª Edición, 1974), Editorial Alianza Universidad, Madrid.
Estrin, S. y Laidler, D. (1995), Microeconomía, 4ª edición, Editorial Prentice Hall, Madrid
Fernández de Castro, J. y Tugores, J. (1994), Fundamentos de Microeconomía, 2ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Fernández de Castro, J. y Tugores, J. (1997), Microeconomía, 1ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Gravelle, H. y Rees, R. (1985), Microeconomía, 1ª reimpresión (1ª Edición 1981), Serie Textos, Editorial Alianza Universidad, Madrid.
Katz, M. L. y Rosen, H. L. (1995), Microeconomía, Irwin - McGraw-Hill, Madrid
Koutsoyiannis, A. (1985), Microeconomía Moderna, Editorial Amorrortu, Buenos Aires.
Leroy Miller, R. y Meiners, R. E. (1988), Microeconomía, 3ª Edición, Editorial McGraw-Hill, Bogotá.
Nicholson, W. (2001), Microeconomía Intermedia, 8ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Pashigian, B. P. (1996), Teoría de los Precios y Aplicaciones, 1ª edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Perloff, J.M. (2004): Microeconomía. Ed. Prentice-Hall, Madrid.
Varian, H. R. (1998), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 4ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Libros de ejercicios:
Congregado, E., Golpe, A. y Leal, Mª T. (2002), Microeconomía. Cuestiones y Problemas Resueltos, Editorial Prentice Hall, Madrid
CompetenciasO alumno debe desenvolver o coñecemento básico dos conceptos relacionados co consumo, a produción e o funcionamento dos mercados a nivel microeconómico.
Será capaz de analizar o comportamento do consumidor de acordo coa análise da utilidade ordinal, dominando os conceptos de utilidade e maximización, podendo deducir a curva de demanda dun ben.
Debe coñecer a proposta básica da tecnoloxía de produción e as regras que dominan esta a curto e longo prazo, comprendendo e sendo capaz de aplicar os conceptos de rendementos marxinais decrecentes e rendementos a escala. O alumno debe relacionar o anterior cos conceptos de custo a curto e a longo prazo para unha empresa.
Por último, os alumnos deberán desenvolver a súa capacidade analítica e de investigación para relacionar situacións reais cos modelos abstractos estudados na materia, identificando os problemas e suxerindo posibles solucións.
Metodoloxía da ensinanza As clases de pizarra en grupo grande serán clases expositivas que consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económico utilizando estes modelos para comprender a economía real. As clases de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar o alumno o método e a forma en que traballa un analista económico. Habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases en grupo reducido e o tempo dedicado a traballar de maneira autónoma.
As clases en grupo reducido estarán destinadas a propor e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas en grupo grande. Nestas sesións tamén se inclúen probas de avaliación se as houber.
Sistema de evaluaciónA avaliación de cada disciplina terá en conta todas as actividades a seren realizadas durante o cuatrimestre. A nota final estará composta por un 30% da avaliación continua e un 70%, que corresponderá ao exame final. A avaliación continua poderá consistir en exames, exercicios, controles e participación na aula, e ponderará o 30% tamén no caso no que o alumno teña que facer unha recuperación final da materia. As actividades non realizadas por falla de asistencia promedian como cero na avaliación final. Na avaliación do curso teráse en conta os diferentes aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe a asignatura, así coma outros aspectos tales como a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía específica ou a participación activa.
Seguindo a normativa oficial (DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012), a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalUnha valoración estimativa do tempo de traballo, á marxe das clases, para a adecuada preparación da materia estaría en torno ás 90 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA materia de Microeconomía caracterízase polo seu contido analítico e conceptual, polo que, para o seu dominio, se precisa o manexo de conceptos precisos dentro dun modelo matemático de interrelación. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión. É frecuente que algúns alumnos se atopen con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require. Para solucionar estas dificultades, recoméndase un estudo ordenado e metódico, que leva unha absorción progresiva dos conceptos e técnicas. Deste modo, é conveniente realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, desta forma, os problemas poden ser resoltos polo alumno, coa axuda do profesor, nunha fase ceda, posibilitando o avance no coñecemento da microeconomía, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais básicos.