Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101110 - Estatística Empresarial I (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno/a o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para o análise descritivo de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.


    Contidos
    TEMA 1.- INTRODUCIÓN
    1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
    1.2.- Conceptos xerais de Estatística
    1.3.- Fontes de datos estatísticos
    1.4.- A mostraxe

    TEMA 2.- ANÁLISE DESCRITIVA DUNHA VARIABLE
    2.1.- Distribucións de frecuencias
    2.2.- Representacións gráficas
    2.3.- Medidas posición, dispersión e forma
    2.4.- Medidas de concentración
    2.5.- Momentos. Extensións a máis dunha variable.

    TEMA 3.- ANÁLISE DESCRITIVA DE DÚAS VARIABLES

    3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas
    3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
    3.3.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza
    3.4.- Momentos. Xeneralización ás características n-dimensionais

    TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
    4.1.- Regresión lineal
    4.2.- Correlación
    4.3.- Predición
    4.4.- Elasticidade
    4.5.- Formas non lineais

    TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
    5.1.- Taxas de variación.
    5.2.- Definición e clasificación dos números índices
    5.3.- Índices de prezos, cantidades e valor
    5.4.- Aplicación dos números índices: Cambio de base. Deflactación. Participación e repercusión.

    TEMA 6.- SERIES TEMPORAIS
    6.1.- Análise clásica das series temporais.
    6.2.- Compoñentes.
    6.3.- Desestacionalización

    TEMA 7: ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
    7.1.- Índices de Prezos ao Consumo
    7.2.- Índice de Producción
    7.3.- Estatísticas do mercado de traballo: Enquisa de Poboación Activa. Paro rexistrado.
    7.4.- Estatísticas financeiras, tributarias e de seguros.
    7.5.- Estatísticas do mercado bursátil.
    7.6.- Outros indicadores económicos.



    Bibliografía básica e complementaria
    Teoría e práctica

    CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995). Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.

    ESCUDER VALLÉS, R. (1997). Métodos estadísticos aplicados a la Economía. Ariel, Barcelona.

    FERNÁNDEZ, C., FUENTES, F. (1995). Curso de Estadística Descriptiva: Teoría y Práctica. Ed. Ariel Economía, Barcelona.

    GARCÍA BARBANCHO, A. (1991). Estadística elemental moderna. Ariel Economía, Barcelona.

    LLORENTE GALERA, F., MARTÍN FERIA, S. Y TORRA PORRAS, S. (2000). Principios de estadística descriptiva aplicada a la empresa. Centro de Estudios Ramón Areces, D.L. Madrid.

    MARTÍN-GUZMÁN, P., MARTÍN PLIEGO, F.J. (1987). Curso básico de Estadística Económica. AC, Madrid.

    MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.

    MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.

    PÉREZ SUÁREZ, R. e outros (1993). Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid.

    RIOBÓO, J.M., TATO, M. (1992). Estadística Económica y Empresarial I: evolución histórica, concepto y método de la estadística económica y empresarial. GIC Ediciones, Santiago.

    RIOBÓO, J.M.; DEL ORO, C.P. (2000). Representaciones gráficas de datos estadísticos. AC, Madrid.

    URIEL, E., MUÑÍZ, M. (1988). Estadística Económica y Empresarial. Teoría y ejercicios. AC, Madrid.


    Exercicios e problemas

    BARÓ LLINÁS, J. (1985). Estadística descriptiva. Aplicaciones económico-empresariales. Parramón, Barcelona.

    SANZ, J. A., BEDATE, A., RIVAS, A., GONZÁLEZ, J. (1996). Problemas de estadística descriptiva empresarial. Ariel, Barcelona.

    PÉREZ, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.

    Competencias
    – Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económico-descritiva
    así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos.
    – Realizar análises estatísticas básicas empregando ferramientas informáticas
    – Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada
    fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
    – Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica (obtención de datos, análises
    estatísticas, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) e na presentación formal do traballo
    realizado.
    – Conocer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
    – Desenvolver as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita,
    mediante o emprego dun léxico estatístico-económico axeitado.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases de pizarra en grupo grande: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa dos estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, conferencias,..

    Clases en grupo reducido: Nelas organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiran unha participación activa dos estudantes: prácticas con ordenador, seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, exposición de traballos, etc.

    Aula Virtual con material de apoio dispoñible.
    Sistema de evaluación
    O 60% da calificación final obteráse mediante un exame final de avaliación dos coñecementos adquiridos.

    O 40% restante será o resultado de avaliar, de forma continua, a capacidade do/a estudante para asimilar os coñecementos e destrezas adquiridos para resolver problemas.

    Nota final = Exame Final (60%) + 2 Exames Parciais (40%)

    Exame Final (60%): Resolución e interpretación de varios problemas, con algunhas cuestións máis teóricas. Requírese obter un mínimo de 4 puntos sobre un total de 10.

    Exames Parciais:

    Primeiro Exame Parcial: Temas 1,2,3
    Segundo Exame Parcial: Temas 4,5, 6

    Resolución e interpretación de varios problemas, con algunhas cuestións máis teóricas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades:
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 60 horas
    Escritura de exercicios, conclusións e/ou outros traballos: 5 horas
    Lecturas, recomendacións, actividades en bibliotecas ou semellantes: 15 horas
    Preparación de presentacións orais, debates ou semellantes: 10 horas

    Total: 90 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o/a alumno/a ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.

    O/A alumno/a ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.

    Observacións
    A posible información complementaria para seguir o curso será facilitada na aula.