G3101223 - Macroeconomía (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaNeste curso completanse os modelos de determinación simple da renda vistos na materia Principios de Economía, engadindo o sector exterior, o papel do diñeiro nas suas vertentes de demanda e oferta monetaria, a demanda e a oferta agregada, ademais da análise da inflación.
Trátase de acadar unha visión analítica básica pero completa do funcionamento de un modelo macroeconómico no que o alumno sexa capaz de manexar globalmente distintas variabeis que interactúan nun sistema aberto, tendo en conta as diferentes perspectivas teóricas que existen na macroeconomía moderna. Daráse especial importancia a análise das políticas económicas e os seus condicionantes en relación cos diferentes obxectivos: creación de emprego, equilibrio na balanza de pagos e inflación.
ContidosO CURTO PRAZO
1. Introdución
1.1. A medición da actividade económica: a contabilidade nacional
1.2. A medición do desemprego: a enquisa de poboación activa
1.3. A medición da inflación: os índices de prezos
2. O mercado de bens
2.1. A composición do PIB
2.2. A demanda de bens: consumo, investimento e gasto público
2.3. Determinación da produción de equilibrio
2.4. Un enfoque alternativo: igualdade investimento-aforro
3. Os mercados financeiros e a taxa de xuro
3.1. A demanda de diñeiro
3.2. A determinación da taxa de xuro nunha economía sen bancos
3.3. A determinación da taxa de xuro nunha economía con sistema bancario
4. Os mercados de bens e financeiros: o modelo IS-LM
4.1. O mercado de bens en equilibrio: a curva IS
4.2. Os mercados financeiros en equilibrio: a curva LM
4.3. O modelo IS-LM: estática comparativa
4.4. Política económica no modelo IS-LM
4.5. A demanda agregada
O MEDIO PRAZO
5. O mercado de traballo no modelo de nova macroeconomía keynesiana
5.1. Determinación dos salarios
5.2. Determinación dos prezos
5.3. A taxa natural de desemprego
6. O modelo OA-DA de nova macroeconomía keynesiana
6.1. A oferta agregada da nova macroeconomía keynesiana
6.2. Produción de equilibrio a curto e medio prazo
6.3. Efectos da política monetaria
6.4. Efectos da política fiscal
6.5. Efectos dos shocks de oferta
7. A curva de Phillips
7.1. Inflación, inflación esperada e desemprego
7.2. A curva de Phillips
7.3. Curva de Phillips e a taxa natural de desemprego: o papel das institucións
7.4. A taxa natural de paro que varía no tempo
A ECONOMÍA ABERTA
8. O mercado de bens nunha economía aberta
8.1. Taxas de cambio nominais e reais
8.2. A relación IS nunha economía aberta
8.3. O nivel de produción de equilibrio e a balanza comercial
8.4. Un aumento da demanda, nacional ou estranxeira
8.5. Depreciación, balanza comercial e produción
8.6. O aforro, o investimento e os déficits comerciais
9. A produción, a taxa de xuro e a taxa de cambio: O modelo Mundell-Fleming
9.1. O equilibrio no mercado de bens
9.2. O equilibrio nos mercados financeiros
9.3. A análise conxunta dos mercados de bens e dos mercados financeiros
9.4. Os efectos da política económica nunha economía aberta
9.5. As taxas de cambio fixas
10. A taxa de cambio: axustes, crises e sistemas
10.1. As taxas de cambio fixas e o axuste da taxa de cambio real
10.2. A crises das taxas de cambio
10.3. A elección entre os sistemas de taxas de cambio
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Blanchard, Olivier, Macroeconomía, 5ªª ed., Ed. Pearson, 2012
Mankiw, N. G, Macroeconomía, 6ª ed. , Antoni Bosch Editor
Bibliografía complementaria
Bajo, O. y Diaz Roldan C., : Teoría y política macroeconómica. Ed. Antoni Bosch, 2011
Barreiro, F.; Labeaga, J.M. y Mochón, F.: Macroeconomía intermedia. Ed. Mc Graw-Hill
Belzunegui et al, Macroeconomía. Problemas y ejercicios, 2ª ed. Ed, Pearson 2088
Branson, W.H.: Teoría y política macroeconómica. Ed. F.C.E. 1990
Delong, B.: Macroeconomía. Ed. Mc Graw-HillBibliografía
Hansen, A.: Guía de Keynes. F.C.E.
Keynes, J.M.: La teoría General de la ocupación, el interés y el dinero. F.C.E.
CompetenciasEste curso pretende desenvolver a capacidade de razoamento lóxico do alumno, asi como exercitar a súa habilidade para aplicar as ferramentas de análise e solución de problemas macroeconómicos. Baseádose no estudo teórico dos distintos modelos macroeconómicos, asi como nos fallos e nas limitacións que estes presentan, ao remate do curso os alumnos deberian ter a capacidade precisa para entender o funcionamento, a nivel agregado, das economias reais, os problemas macroeconómicos fundamentais aos que se enfrontan, e tamén cales deberian ser as politicas óptimas a aplicar en cada situación asi como os previsibles efectos de estas.
Metodoloxía da ensinanza O curso estará baseado, fundamentalmente, nos manuais que constan na bibliografía básica da materia. Os contidos recollidos no programa, os coñecementos imprescindibles que os alumnos deben adquirir, serán presentados ós alumnos nas clases teóricas expositivas por parte do profesor e, para un mellor aproveitamento destas clases expositivas é moi importante que o alumnado acuda ás clases teóricas tendo lido toda ou parte da bibliografía proposta para cada tema.
Nas clases interactivas o traballo vai consistir na aplicación dos modelos teóricos expostos, na resolución de exercicios numéricos, e na discusión de problemas económicos reais relacionados con cada tema. Todo este traballo realizado polo alumnado serviralle para autoevaluar os seus coñecementos e para adquirir as capacidades necesarias na materia.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación da aprendizaxe e dos coñecementos adquiridos constará de dous apartados:
1. A valoración dos coñecementos adquiridos levarase a cabo a través dun exame final escrito a realizar na data oficial proposta pola facultade. Este será de tipo test, de resposta múltiple e non contando negativo as respostas incorrectas. Para superar o exame é preciso obter unha puntuación mínima que virá refrexada nas instrucións para a realización do exame.
2. A avaliación continua, na cal se terá en conta o traballo nas aulas (clases expositivas, interactivas e titoriais) e a realización das actividades propostas nas clases interactivas, a elaboración dos traballos de carácter obrigatorio propostos polo profesor e tamén a presentación de outros traballos de carácter voluntario que os alumnos realicen (en base á lectura de libros recomendados, artigos de prensa, análise de noticias económicas de actualidade…).
O peso relativo de cada un dos apartados anteriores será:
1- Un 70% da nota final corresponderá á cualificación obtida no exame final da materia.
2- Un 30% da nota final corresponderase á avaliación continua.
- Este apartado terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de xaneiro e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a afirmar e aplicar os seus coñecementos. Tendo en conta que a materia conta cunha carga total de 6 créditos ECTS, e que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo repartido da forma seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA. ASISTENCIA A CLASES: 54 HORAS
- Clases expositivas: 31 horas.
- Clases interactivas: 17h
- Titorías en grupo reducido: 3 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 96 HORAS
- Preparación das clases expositivas: 2h/semana= 28 horas (1 previa á clase e outra posterior)
- Preparación das clases interactivas: 2h/semana= 24 horas (1 previa á clase e outra posterior)
- Lecturas recomendadas e traballos: 14 horas
- Estudo e preparación do exame final: 30 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO DE TRABALLO: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAs clases expositivas do curso seguen de cerca os textos básicos recomendados na bibliografía. De aí a importancia de ler previamente o tema que se vai expoñer na aula e de adicar un tempo, unha vez xa exposto cada tema, a clarexar as ideas e comprobar a completa comprensión da materia explicada na aula. Polo tanto, tomar apuntes é completamente innecesario e os alumnos/as poderían asistir co libro de texto ás aulas e seguir as explicacións por el.
O profesor fixará a comezos do curso un horario de titorías ao que se recomenda a asistencia regular para resolver calquera dúbida e confirmar que se ten entendido perfectamente o contido da lección.
O estudante debe ser consciente de que o curso é un todo integrado e que todos os temas están interrelacionados. Non se deben ver os temas como independentes e pensar que se pode comprender un con independencia dos demais. O obxectivo é comprender o funcionamento global da economía e para iso hai que ter moi presente como interrelacionan todas as súas partes.
ObservaciónsNa nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que por causas de forza mayor se vexan imposibilitados para levar a cabo a totalidade das actividades de avaliación do curso ou ben se vexan imposibilitados para presentar o exámen final (ordinario ou de recuperación). Estas circunstancias deberan xustificarse por escrito nun prazo máximo de dez día a partir da data en que se produzan. No caso particular en que o alumno se vexa imposibilitado para asistir a un exame final (ordinario ou de recuperación), deberá notificalo ao profesor por escrito antes da data do exame (agás nos casos excepcionais en que as propias circustancias impídano) e achegar dentro do prazo arriba sinalado a xustificación escrita correspondente