Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101224 - Estatística Empresarial II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GAGO GONZALEZ, LUIS ENRIQUE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais. O obxectivo básico desta materia é que o/a alumno/a coñeza os fundamentos e aplicacións das técnicas de inferencia estatística, así como da teoría da probabilidade e modelos de distribución. Que sexa capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á análise de cada fenómeno e de interpretar os resultados obtidos, iniciándose na análise empírica dos fenómenos da realidade económica e empresarial.

    Axudar o desenvolvemento de competencias informacionais e informáticas (CI2):
    Familiarizarse cos Mapas Conceptuais como ferramenta de organización de coñecemento da materia e de traballo colaborativo, a través da ferramenta CmapTools.

    Contidos
    TEMA 0 - MAPAS CONCEPTUAIS

    TEMA 1-PROBABILIDADE
    1.1 Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov
    1.2 Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas.
    1.3 Teorema de Bayes
    1.4 Independencia de acontecementos.

    TEMA 2-DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE
    2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas.
    2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
    2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, varianza, momentos.
    2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional.

    TEMA 3-MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
    3.1 Distribución binomial.
    3.2 Distribución de Poisson.
    3.3 Distribución normal e normal bivariante.
    3.4 Distribucións derivadas da normal: Ki-cadrado, t-Student, F-Snedecor..

    TEMA 4-INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA
    4.1 Inferencia Estatística: poboacións e mostras aleatorias.
    4.2 Estatísticos e estimadores.
    4.3 Distribución da media, varianza e proporción mostrais.

    TEMA 5- ESTIMACIÓN
    5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais
    5.2 Métodos de estimación puntual: método dos momentos e de máxima verosimilitude.
    5.3 Estimación por intervalo. Métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais.

    TEMA 6-CONTRASTE DE HIPÓTESES
    6.1 Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste.
    6.2 Metodoloxía do contraste de hipóteses.
    6.3 Algúns contrastes paramétricos.
    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill.
    Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
    Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1995): Estadística II: Inferencia. Ed. AC.

    Esta materia contará con materiais elaborados polo profesor, a disposición do alumnado no CURSO VIRTUAL da materia. http://www.usc.es/campusvirtual/

    COMPLEMENTARIA
    Anderson, D. R.; Sweeney, D.J., Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
    Berenson, M.L., Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
    Durá Peiró, J.M., López Cuñat, J.M. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
    Freund, J.E., Miller, I., Miller, M. (2000): Estadística matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel.
    Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. MnGraw Hil.
    Martín Pliego, F.J., L. Ruiz-Maya. (1998): Fundamentos de Probabilidad. Ed. AC. (2ª edición, 2006)
    Levin, R.I., Rubin, D.S. (1996): Estadística para administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice Hall.
    Newbold, P. ; Carlson, W.L.; Thorne, B. (2007): Estadística para administración y economía. Ed. Prentice Hall.
    Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC. (2ª ed. 2000; 3ª ed.2005).
    Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas.
    Triola, M.F. (2004): Estadística. Ed. Pearson Educación.
    Websterm A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin.

    LIBROS DE EJERCICIOS
    Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
    Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
    Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
    Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
    Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.



    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    -Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións empresariais e comerciais a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    -Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e comercial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.

    -Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.


    Competencias informacionais e informáticas (CI2)

    Desenvolver capacidades para a utilización das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) como instrumentos para a para a organización da información e do coñecemento, o aprendizaxe significativo e o traballo en grupo, on e ofline, a través da utilización dos Mapas Conceptuais

    Competencias específicas da materia:

    - Aprender o significado empírico e a utilidade instrumental que nos achega o concepto de variable aleatoria e a súa distribución para a análise dos fenómenos empíricos.
    - Familiarizarse coa teoría do cálculo de probabilidades e a súa aplicación empírica.
    - Coñecer a existencia, manexo e utilidade instrumental dos modelos teóricos de probabilidade máis importantes.
    – Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada
    fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
    – Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
    – Coñecer os fundamentos e a grande potencialidade das técnicas inferenciais para a análise dos fenómenos empíricos. Isto é, ser capaz de identificar e aplicar as ferramentas estatísticas que, a partir dunha mostra, permiten estimar e contrastar características poboacionais de interese.
    – Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica e empresarial (obtención de datos, análise estatística, interpretación e fiabilidade dos resultados, etc.) e na presentación oral e escrita do traballo realizado, empregando o léxico estatístico-económico axeitado.
    – Desenvolver o espírito crítico ao analizar os resultados estatísticos que se presentan tanto en publicacións científicas como na prensa.


    Metodoloxía da ensinanza
    O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías individuais e en grupos reducidos.

    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.

    Animaráselles ao uso da metodoloxía dos mapas conceptuais como ferramenta de organización e sistematización do coñecemento e de traballo en grupo.

    Nas clases interactivas preténdese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica e empresarial, diferenciando que tipo de técnica utilizar en cada caso, como aplicala e que conclusións obtéñense da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades,que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos.
    Estas prácticas interactivas veranse complementadas coa realización de prácticas con computador, co obxecto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo e do paquete estatístico R de gran utilidade para a análise de datos.

    Mediante as titorías, presenciais e virtuais, búscase que o alumnado dispoña de asesoramento continuo do profesorado para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumno, así como atender calquera dúbida relacionada coa materia.



    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación por excelencia será o de avaliación continua, empregando instrumentos que permitan medir a aprendizaxe continuada dos conceptos e metodoloxías estatísticas obxecto desta materia, así como da súa aplicación á realidade empírica. Basearase fundamentalmente en probas escritas (exames, ...) nas que o/a alumno/a demostre o nivel de coñecementos adquirido, así como na realización das tarefas de avaliación continua propostas.

    AVALIACIÓN ORDINARIA (XANEIRO): SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
    Instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final:
    a)
    - Exames (final, e parciais): 70% da cualificación total (7 puntos).
    - Outras actividades de avaliación continua: 30% da cualificación total (3 puntos).
    b) Exames (final, e parciais): 100% da cualificación total (10 puntos).


    AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA (XULLO): AVALIACIÓN CONTINUA OU AVALIACIÓN ÚNICA
    Na avaliación extraordinaria de Xullo, malia que se segue considerando como preferente o sistema de avaliación continua (a), o/a alumno/a poderá optar por manterse neste sistema ou cambiar a un sistema de avaliación única a través do exame final de xullo. Para optar, no momento do exame, o/a alumno/a fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (no que o exame puntuará sobre 7 puntos) ou se opta polo de avaliación única (no que o exame puntuará sobre 10 puntos). Para obter a cualificación final da materia, no primeiro caso manterase a puntuación das outras actividades de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame, mentres que no segundo caso a cualificación final da materia coincidirá coa obtida no exame.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Docencia expositiva 24h
    Docencia interactiva 24h
    Avaliación 7h
    Total horas traballo presencial na aula 55

    TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A
    Estudo autónomo individual ou en grupo 70h
    Realización autónoma das tarefas encomendadas 25h
    Total horas traballo persoal 95h

    TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ALUMNO/A 150H


    Recomendacións para o estudo da materia
    -Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na aula (é moi bo para o conxunto) ou en titorías.
    -Non deixar de facer todo o que se vai propoñendo para traballar.
    -Non aparcar a materia aínda que as avaliacións parciais non sexan positivas, sempre que se estea disposto a seguir traballando.
    Observacións
    Recomendacións previas:
    Ter superada a materia de Estatística Empresarial I e Matemáticas Empresariais I e II