G3101225 - Estrutura Económica de España e de Galicia (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Introducir ao alumnado nos aspectos básicos da economía española e da galega, así como proporcionarlle un coñecemento detallado das súas características e trazos definitorios.
-Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que veñen experimentando as economías española e galega nas últimas décadas.
-Familiarizar ao alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo disponíbeis para o estudo da economía española e galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes.
Para cumprir cos anteriores obxectivos, pártese dos coñecementos xa adquiridos polos alumnos, fundamentalmente nas materias de análise económica e historia económica, e adóptase un enfoque de tipo estrutural que trata de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel da economía española e galega e que permiten entender as mudanzas que, de forma acelerada, veñen caracterizando a súa evolución nas últimas décadas.
Contidos1. Evolución recente da economía española. Unha análise de conxunto
2. As fontes do crecemento económico español
3. Os elementos estruturais básicos da economía española
4. A dinámica e estrutura actual da economía galega: unha visión xeral
5. Cuestións transversais e análises sectoriais sobre a economía galega
Bibliografía básica e complementaria(a) Básica
GARCÍA DELGADO, J. L.; MYRO, R. (DIRS) (2009): Lecciones de Economía Española. Novena Edición. Thomson-Reuters. Madrid
VALLÉS FERRER, J. (DIR.) (2009): Economía Española. 2ª Edición. McGraw Hill. Madrid.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.
(b) Complementaria:
CARMONA, X e NADAL, J. (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CIEF-FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (varios anos): A economía galega. Informe ..., Fundación Caixa Galicia, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
GARCÍA DE LA CRUZ, J. M.; RUESGA BENITO, S. M. (COORDS.) (2007): Economía Española. Estructura y regulación. Thomson. Madrid.
GARCÍA DELGADO, J. L. (DIR) (1999): España, economía: ante el siglo XXI. Espasa-Calpe. Madrid.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
MARTÍN, C. (1998): España en la nueva Europa. Alianza Universidad. Madrid.
MARTÍN MAYORAL, F. (COORD.) (2009): Manual de Economía Española. Teoría y Estructura. Pearson-Prentice-Hall. Madrid.
MARTÍNEZ CHACÓN, E. (DIR.) (2002): Economía española. Ariel. Barcelona.
PÉREZ, F. (DIR.) (2004): La Competitividad de la economía española: inflación, productividad y especialización. La Caixa, Servicio de Estudios. Barcelona.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
RALLO ROMERO, A. (COORD.) (2001): Curso de estructura económica española. Pirámide. Madrid.
TAMAMES, R. (2003): Estructura Económica de España. Alianza Editorial. Madrid.
Competencias- Coñecer as características estruturais da economía española e galega na actualidade e as súas transformacións ao longo das últimas décadas, adoptando unha perspectiva comparada co resto da Unión Europea e as outras Comunidades Autónomas do Estado.
- Coñecer e saber empregar as principais fontes estatísticas e as técnicas básicas de análise que permitan afondar e actualizar o coñecemento da estrutura económica española e galega.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento da materia estrutúrase ao redor do conxunto de clases presenciais, tanto de carácter expositivo como interactivo.
Nas clases expositivas o profesor expón os diferentes temas que configuran o programa, así como as cuestións de actualidade que puidesen ir xurdindo en relación cos mesmos.
Para preparar a parte teórica os alumnos dispoñen dun conxunto de referencias bibliográficas recollidas no programa da materia.
Nas clases interactivas resólvense cuestións relacionadas coa materia, analízanse e interprétanse datos económicos reais e discútense aspectos relativos aos contidos teóricos.
Sistema de evaluaciónO sistema básico de avaliación consiste na realización dunha proba final escrita que representará o 70% da nota final do alumno.
A exposición nas clases de docencia interactiva de certos temas preparados previamente, a realización doutras actividades programadas polo profesor e a asistencia e participación activa nas clases, aportará o 30% restante da cualificación do alumno.
Tempo de estudo e traballo persoal(a) traballo presencial na aula:
- clases de pizarra en grupo grande: 24 horas
- clases de pizarra en grupo reducido: 24 horas
- titorías en grupo moi reducido: 3 horas
- Avaliación grupo: 5 horas
- TOTAL: 56 horas
(b) Traballo persoal do alumno:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
- TOTAL: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores en cada caso.
Aconséllase, así mesmo, a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas e dalgún dos principais xornais económicos (Cinco Días, Expansión, etc), como mecanismos que axuden a fixar o coñecemento impartido nas clases teóricas.
Por último, aconséllase acudir ás titorías para a resolución de calquera dúbida ou problema que se presente ao longo do curso académico.