G3101226 - Contabilidade Financeira I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer e comprender as diferenzas entre normalización e harmonización contable, asi como coñecer, comprender e aplicar as normas contables necesarias para a elaboración da información financeira, os principais estados contables e as características básicas dos mesmos.
Contidos1.- Harmonizacion contable internacional.
2.- Normalizacion da contabilidade en España. Estrutura do PGC.
3.- Existencias.
4.- Acreedores e deudores por operacions comerciais. IVA.
5.- Activo non corrente.
6.- Arrendamentos.
7.- Activos financeiros.
8.- Financiamento alleo.
9.- Financiamento propio. Aplicacion do resultado.
10.- O imposto sobre sociedades.
11.- Contas anuais
Bibliografía básica e complementaria - PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007
- PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD DE PYMES RD 1515/2007, de 16 de noviembre, BOE 21-11-2007
- Cantorna Agra, S., Maside Sanfiz, J.M, Vidal Lopo, R. y Alvarez Rodríguez, A.(2.013):"Contabilidad Financiera. Teoría y práctica del Plan General de Contabilidad". Ediciones Andavira.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
-Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
-Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grado de autonomía.
-Elementos básicos de contabilidade.
-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
Competencias específicas da materia:
Despois do estudo desta materia o alumno debería ser capaz de:
-Coñecer e comprender as diferenzas entre normalización e armonización contable.
-Coñecer, comprender e aplicar as normas contables necesarias para a elaboración da información financeira.
-Coñecer os principais estados contables e as características básicas dos mesmos.
-Empregar algún software adecuado na elaboración de información financeira
Metodoloxía da ensinanza Dada a situación da materia no segundo curso da titulación e as características da mesma, préstase especial atención ás actividades presenciais. As sesións impartidas na aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tralas exposicións de cada un dos temas, suscitamos diferentes actividades, que haberán de resolverse nalgúns casos de forma individual e noutros en grupos reducidos, para o que se dedicarán sesións de seminario nas que se tratará de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. As actividades propostas pódense agrupar da seguinte forma:
- Procura e lectura de información sobre normativa, lexislación, organismos emisores de normas,… e elaboración de pequenos traballos escritos ou resolución de cuestións teóricas relacionadas coa materia.
- Comentario e debate de novas de prensa sobre cuestións relacionadas coa materia
- Resolución de exercicios e casos prácticos.
Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: procura de material bibliográfico, lectura de dito material, elaboración de informes, traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais tamén se fai unha estimación sobre o tempo necesario para a asimilación dos contidos da materia.
Todo o material de apoio á docencia, calendario, pruebas...etc encóntrase na
aula virtual da materia da USC.
Sistema de evaluaciónConsidérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso, xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumno alcanzar os obxectivos da materia.
A continuación sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para seu calculo, así como o peso que terán na cualificación final:
ASPECTO:Conceptos estudados na materia.
CRITERIO:Dominio dos conceptos teóricos e da súa aplicación práctica.
INSTRUMENTO:Exame teórico-práctico.
PESO:Valor máximo 70%
ASPECTO:
Participación na clase.
Resolución de exercicios e Realización de traballos e probas.
Para avaliar os traballos e exercicios é necesario que o estudante asista o 70% das clases ao longo do curso .
CRITERIO:
Participación activa nas actividades realizadas na clase.
Entrega de documento escrito no que se resolva a actividade proposta. Adecuación do traballo á proposta realizada. Grado de profundidade con que se analizou e calidade da documentación. Estrutura e presentación. Cumplimiento de los plazos de entrega.
Cualificación das probas realizadas o longo do curso.
INSTRUMENTO:Observación e notas do profesor. Valoración dos traballos, exercicios e probas realizados durante o curso.
PESO: 30%
Nota final Sumando ambos conceptos, o alumno deberá obter para superar a materia 5 sobre 10. Se so ten a cualificación correspondente ao exame teórico- práctico, para superar a materia deberá obter 5 sobre 7. En calquera caso, para os alumnos que sigan a avaliación continua, a nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 3 sobre 7 (en cada unha das partes, teórica e práctica).
Este criterio de valoración é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame (xuño, xullo) e tanto para alumnos de primeira matricula como repetidores.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Aulas de pizarra en grupo grande 24
Aulas de pizarra en grupo reducido 24
Titorías 4
Outras sesións con profesor. Especificar: avaliación 8
Total horas traballo presencial na aula 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 64
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos relacionados coa materia 20
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 4
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas 2
Total horas traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecer e entender os coñecementos recibidos na materia “Introdución á Contabilidade” (Primeiro curso), así como posuír coñecementos de análise e cálculo financeiro e de normativa fiscal.