Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101227 - Fundamentos de Comercialización (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BANDE VILELA, MARIA BELEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Comprender a importancia da dirección comercial no proceso de planificación estratéxica da empresa
    - Dotar ao alumnado dos coñecementos teórico-prácticos relacionados coa toma de decisións de política e estratexia comercial.
    - Proporcionar ao alumnado os coñecementos e ferramentas necesarias para analizar o entorno da actividade comercial da empresa .
    - Comprender as variables internas e externas que inflúen no comportamento de compra dos consumidores
    Contidos
    1. A dimensión do Marketing: gestión das relacións rentables cos clientes
    2. A dirección comercial na empresa
    3. O entorno da actuación comercial
    4. O comportamento do consumidor
    5. Segmentación de mercados e posicionamento
    6. O programa de marketing-mix

    Bibliografía básica e complementaria
    Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, Mª Jesús; Pintado, Teresa; Juan, José María (2011): Introducción al Marketing. Pearson Editorial

    Santesmases, Miguel; Meiriño, Mª Jesús; Sánchez, Joaquín; Pintado, Teresa (2009): Fundamentos de Marketing. Editorial Pirámide.

    O profesorado detallará, ao inicio de cada tema, a bibliografía complementaria ou adicional.
    Competencias
    – Coñecemento dos conceptos básicos da dirección comercial
    – Coñecemento da cultura de orientación ao mercado
    – Coñecemento do medio e da importancia de Internet na comercialización de produtos
    – Capacidade de comprender a importancia de dispor de consumidores satisfeitos e leais.
    – Comprensión da segmentación dos mercados.
    – Comprensión do posicionamento dos produtos.
    – Coñecemento das características diferenciais dos mercados de consumo, industriais e de servizos
    – Coñecemento das variables de comercialización dos produtos de consumo, industriais e de servizos
    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas en grupo reducido trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas a que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo. Procurarase, na medida do posible, que os alumnos realicen unha práctica de campo.
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final que hai que realizar na data fixada polo centro no calendario do curso. Será necesario que o alumnado obteña unhna nota mínima de 3 puntos sobre 7 para sumar, de cara a obter a calificación final, a parte correspondente ás prácticas en clase, debate de lecturas, participación etc.

    a.- Exame…. 70% da cualificación
    b.- Participación en análise de casos, debate de lecturas… 30%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito:
    .- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 51
    .- Traballo persoal do alumno: 99
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente as clases teóricas e prácticas.