Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101229 - Política Económica (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal consiste na iniciación ao estudo da Política Económica mediante a introdución de aspectos teóricos básicos e aplicados.

    Para isto, dedicaremos atención prioritaria a analizar as características do deseño e posta en marcha das políticas económicas nas sociedades democráticas. Neste sentido, analizaranse os elementos institucionais, o proceso de elaboración das políticas públicas, os axentes básicos, o proceso de toma de decisións, a influencia da burocracia, a crecente importancia dos grupos de intereses e a influencia da globalización nas políticas económicas.

    Posteriormente, farase referencia á estrutura clásica da política económica, coa análise dos obxectivos e dos principais instrumentos. A introdución de temáticas específicas relacionadas coas políticas económicas aplicadas en España e coa problemática das políticas no contexto europeo e global servirán para observar na práctica a utilidade dos desenvolvementos teóricos achegados.

    O obxectivo fundamental desta materia estriba en interesar ao estudante de ADE na análise da Política Económica, materia imprescindible para a mellor comprensión das circunstancias e condicionantes que afectan ás decisións, estratexias, funcionamento e xestión das empresas.
    Contidos
    A Empresa e a Política Económica.
    Conceptos básicos.
    Teoría da Política Económica.
    A interdependencia entre política, economía e sistema empresarial.
    A política económica nas sociedades democráticas.
    Obxectivos e instrumentos da política económica.
    O crecemento económico.
    O emplego.
    A estabilidade de prezos.
    Calidade de vida e medioambiente.
    A distribución da renda.
    Políticas instrumentais.
    Políticas sectoriais.
    Análise das políticas públicas.
    Política económica española e europea.
    As políticas das Comunidades Autónomas.
    Política económica internacional: Bloques económicos

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    - ARIAS, X. C., La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996.
    - CAO FERNANDEZ, M., A política económica da Xunta de Galicia, A Nosa Terra, Vigo, 2005.
    - CUADRADO ROURA, J. R. (dir.), Política Económica: Objetivos e instrumentos, McGraw-Hill, Madrid, 2001.
    - FERNÁNDEZ DÍAZ, A; PAREJO GAMIR; J. A. e RODRÍGUEZ SAIZ, L., Politica Económica, McGraw-Hill, Madrid, 2002.
    - FREY, B. S., Para una política económica democrática, Alianza Editorial, Madrid, 1987.
    - GAMIR, L. (coord.), Política Económica de España, Alianza Editorial, Madrid, 2000.
    - GOMÀ, R e SUBIRATS, J., Políticas públicas en España. Contenidos, redes de actores y niveles de gobierno, Ariel, Barcelona, 1998.
    - ROS HOMBRAVELLA, J. e outros, Capitalismo español: de la autarquía a la estabilización (1939-1959), EDICUSA, Madrid, 1978.
    - RUIZ MACIA, J.P.- La via española hacia una economía moderna, Universidad Cardenal Herrera Oria, Elche 2003.
    - SAEZ LOZANO, J.L., Economía y política en democracia, Pirámide, Madrid, 2000
    - VALLES FERRER, J.- Política Económica de España. Ed. Tirant lo Blanc, 2002.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    - CASARES RIPOLL, J., El pensamiento en la política económica, ESIC, Madrid, 2002.
    - ERIAS, A. e SÁNCHEZ SANTOS, J. M., Política Monetaria y Política Fiscal, Pirámide, Madrid, 1998.
    - FERNÁNDEZ DÍAZ, A. (dir.), Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999.
    - GARCÍA MENÉNDEZ, J. R., Política Económia Internacional, Unidixital, USC, Santiago, 2001.
    - KRUGMAN, P.- El retorno de la economía de la depresión y la crisis actual. E. Crítica, Barcelona, 2009
    - LINDBLOM, Ch., El proceso de elaboración de las políticas públicas, MAP, Colección Estudios, Madrid, 1991.
    - OLSON, M., Poder y prosperidad. La superación de las dictaduras comunistas y capitalistas, Siglo XXI, Madrid, 2001.
    - PAPELES DE ECONOMIA ESPAÑOLA.- Crisis y regulación financiera, nº 122, 2009
    - RIFKIN, J., El sueño europeo, Paidós, Barcelona, 2004
    - SALA I MARTIN, X.- Pues yo lo veo así: sobre la crisis económica y más. Plaza & Janés Editores, Barcelona, 2010.
    - SEVILLA JIMËNEZ, M. (coord.), Política Económica. Políticas instrumentales y sectoriales, Alicante, 1998.
    - STIGLITZ, J. E.- Caída libre: Estados Unidos, el libre mercado y el hudimiento de la economía mundial, Taurus, Barcelona, 2010.

    Competencias
    -Coñecer a evolución e características da Política Económica como disciplina autónoma.
    -Coñecer os procesos de elaboración da política económica na sociedade global e as súas consecuencias para a empresa.
    -Explicar o funcionamento e características específicas da política económica nas sociedades democráticas.
    -Aplicacións da política económica en contextos espaciais e sectoriais diversos
    -Elaboración de informes e estudio de casos relacionados coa problemática empresarial.
    -Fomentar a capacidade crítica do estudiante



    Talvez o máis importante sexa a capacidade e a predisposición favorable a traballar unha materia diferente á maioría das que compoñen el Plan de Estudios de ADE. Neste sentido, o interese manifestado na disposición a participar activamente nas clases interactivas ou nas actividades que se propoñan resulta fundamental, acompañado da posesión dun talante aberto imprescindible para captar a riqueza de matices propios dunha materia de ciencias sociais sometida a continuos cambios.
    Metodoloxía da ensinanza
    O enfoque da asignatura tratará de combinar aspectos teóricos e de tipo práctico intentando acadar a complicidade do estudiante mediante a súa participación activa no proceso de aprendizaxe. As sesións presenciais están orientadas á introdución de contidos e a proporcionar información bibliográfica para o traballo persoal e a realización de informes breves sobre as medidas de política económica e a súa relación coa actividade empresarial.

    Segundo a oportunidade e conveniencia do desenvolvemento do curso faráse especial referencia ás propostas e medidas de política económica que se vaian implementando no ámbito autonómico, estatal, europeo e internacional. O proceso de integración económica europea e as dinámicas derivadas da globalización e interdependencia das principais decisións políticas, económicas e empresariais se poderá visualizarse nas actividades realizadas polos gobernos autonómicos, estatais e europeos.

    As actividades non presenciais debidamente tutorizadas contribuirán ao aprendizaxe autónomo do estudiante mediante o fomento da iniciativa individual, o traballo en equipo e a responsabilidade de elaborar e expoñer oralmente traballos e informes breves
    Sistema de evaluación
    En relación ás actividades presenciais valoraráse a asistencia e participación activa en clase, a disposición a realizar os traballos individuais e/ou colectivos recomendados e o aproveitamento manifestado no nivel científico das intervencións e tarefas realizadas. Respecto das actividades non presenciais, teráse en conta a calidade dos traballos, a claridade e nivel expositivo, a iniciativa individual e a capacidade crítica e de innovación. Valoraráse especialmente a constancia e capacidade de superación do estudiante. A avaliación continua representará o 30 por cento da calificación final.

    Por outra parte, realizaránse as probas escritas que correspondan segundo as datas e condicións que dispoña o calendario oficial. Tales probas proporcionan unha certa igualdade de oportunidades para todos os estudiantes matriculados e servirán para coñecer o dominio comprensivo básico de conceptos, teorías e aplicacións e non tanto a súa capacidade memorística. A proba escrita representará o 70 por ciento da calificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (TOTAL: 51 horas)

    - Clases de pizarra en grupo grande: 24 horas
    - Outras sesións en clase co profesor (Exposición de traballos, Debates, Conferencias, Mesas redondas): 24 horas
    - Tutorías en grupo reducido: 3 horas


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (TOTAL: 90 HORAS)

    - Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    - Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos: 15 horas
    - Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 15 horas
    - Outras actividades (Preparación de presentacións orais ou debates, Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas): 10 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións previas: Coñecementos básicos de análisis económico, matemáticas, estrutura económica, dereito, historia económica e estatística.

    Recomendacións para o estudio da asignatura

    1.- Asistencia continuada ás clases presenciais para poder seguir adecuadamente os contidos que se van introducindo e facilitar unha mellor aprendizaxe, materializada nun superior rendemento académico.

    2.- Participación activa individual ou colectiva mediante intervencións na clase, realización dos traballos propostos, intervención en debates sobre temas de actualidade relativos á elaboración e implementación de proxectos e medidas de política económica, etc.

    3.- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da materia, levar ao día as notas de clase e completar a propia formación co manexo de información bibliográfica. A constancia na asistencia e a regularidade na preparación de contidos garante a obtención dun nivel suficiente para superar sen dificultade esta materia.