G3101230 - Microeconomía II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO propósito do curso é que o alumno comprenda o funcionamento dos mercados para a asignación de recursos, en situacións nas que existe información asimétrica sobre os termos do intercambio ou poder de mercado por parte das empresas.
En primeiro lugar presentaremos a teoría da elección en condicións de incerteza. Este marco analítico é un paso previo necesario para estudar o funcionamento de mercados nos que os axentes non dispoñen da mesma información, que se coñece como información asimétrica. Nas situacións de incerteza é cando a información sobre variables relevantes poden ser imperfecta e asimetricamente observadas por os diferentes individuos que participan nas transaccións.
En segundo lugar, estudaremos o funcionamento e as propiedades normativas dos mercados cando existe información asimétrica sobre as condicións do intercambio (prezo, cantidade, calidade, cumprimento de compromisos adquiridos,...), distinguindo situacións nas que a asimetría informacional afecta a unha característica predeterminada (situación coñecida como de selección adversa), ou á realización de unha acción ou compromiso pactado en un contrato (situación coñecida como de risco moral). Veremos cales son os problemas que aparecen en cada caso para a realización de contratos e as posibles solucións.
En terceiro lugar estudaremos o equilibrio (análise positiva) en mercados nos que o número de empresas é reducido e por tanto, teñen poder para influír no mercado no que operan. Tamén analizaremos as propiedades normativas (eficiencia) destes mercados para crear benestar nos seus participantes. Nesta parte do programa adicaremos algunha atención á teoría de xogos, ferramenta matemática que nos permitirá abordar a análise dos mercados non competitivos dende unha perspectiva de comportamento estratéxico por parte dos axentes. Finalmente faremos un estudio dos comportamentos que tratan de xerar mercados con poucas empresas, así como do papel que pode xogar a política económica para regular o funcionamento deses mercados.
ContidosTema 1. - O poder de mercado: o monopolio
O poder de monopolio
As fontes de poder de monopolio
Os custos sociais do poder de monopolio
A limitación do poder de mercado: a lexislación antimonopolio
Tema 2. - A fixación dos prezos con poder de mercado
A captura do excedente do consumidor
A discriminación de prezos
A discriminación intertemporal de prezos e a súa fixación segundo a
intensidade de uso
Tema 3: Elección en condicións de incerteza:
A utilidade esperada.
O equivalente certo.
A actitude fronte ao risco.
Tema 4: Información asimétrica:
Selección adversa.
Risco moral.
Incentivos e contratos.
Tema 5: Competencia monopolística e diferenciación de produtos.
A competencia monopolísitca
A diferenciación de produtos: Modelo de Hotelling
A publicidade
Tema 6: A teoría de xogos:
Estratexias dominantes e equilibrios de Nash.
Xogos repetidos.
Ameazas e comportamento estratéxico.
Tema 7: Oligopolio
Modelos de oligopolios cooperativos.
Modelos de Cournot e Stackelberg.
A competencia basada nos prezos: Modelo de Bertrand.
Tema 8: Fusións, adquisicións e política de competencia.
Fusións horizontais
Integración vertical
Política de competencia.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
R.S. Pindyck y D.L. Rubinfeld: Microeconomía. Ed.: Pearson.
J.M. Perloff: Microeconomía. Ed.: Pearson.
L. Cabral: Economía Industrial. Ed.: McGraw Hill
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
-Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas
como disciplina científica, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos
aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
–Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
–A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción,
equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
–Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou
formais acerca de como funciona a economía.
Competencias específicas da materia:
–Coñecer e comprender os modelos microeconómicos que se empregan na economía industrial na
análise do funcionamento dos mercados de competencia imperfecta, corporacións e regulación
económica.
–Ser capaz de identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de
recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
–Saber aplicar modelos formais a problemas actuais que permitan obter resultados cuantificables.
Metodoloxía da ensinanza O traballo na aula combina as exposicións teóricas con aulas interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e máis a análise e discusión de problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase cara a preparación do traballo na aula e cara a cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia ten en conta todas as actividades que deben realizarse ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous tipos de requisitos diferentes:
a) A proba final, consistente nunha exame escrita que terá lugar na data e hora que determine o calendario oficial do centro.
b) A realización das actividades propostas gradualmente durante as sesións expositivas e interactivas da materia.
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, ca seguinte valoración:
a) 70% da cualificación total.
b) 30% da cualificación total.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) conservarase para a convocatoria do mes de xullo.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Aulas expositivas: 24 horas
Aulas interactivas: 24 horas
Total 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 horas
Escritura de exercicios 25 horas
Preparación de exames 25 horas
Total 90 Horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular as sesions, xunto coa leitura dos textos incluidos na bibiografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento da materia.