G3101323 - Fiscalidade Empresarial II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial
- Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia O obxectivo da materia é proporcionar ao estudante os conceptos e instrumentos de Facenda básicos, baseando o programa na explicación do financiamento público de carácter impositivo, coa análise dos elementos básicos do sistema fiscal español e o estudo da imposición idirecta.
Contidos •La imposición indirecta:
-Imposto sobre transmisiób patrimoniais y actos xurídicos documentados
-Imposto sobre o Valor Engadido
-Impostos especiais e outros Impostos indirectos
-Impostos Aduaneros
• A Facenda das Comunidades autónomas: tributos propios
• A Facenda Local : Impostos locais
Bibliografía básica e complementaria a) Bibliografía básica
• MARTIN QUERALT, TEJERIZO LOPEZ, CAYON GALIARDO, Manual de Dereito Tributario.Parte especial.Aranzadi.Pamplona, edición actualizada a 2013.
• PEREZ ROYO,F,GARCIA BERRO; PEREZ ROYO,I; CUBERO TRUYO;ESCRIBANO LOPEZ; CARRASCO GONZÁLEZ, Curso de Dereito Tributario .Parte especial. Tecnos.Madrid.edición actualizada a 2013.
b) Repertorios xerais de lexislación.
As edicións utilizadas durante o curso serán aquelas pechadas en setembro do ano en curso, isto é, setembro do 2013, sen prexuízo de que deban terse en conta as modificacións lexislativas que se produzan ao longo do curso académico. Recoméndanse os seguintes textos por conter tanto as normas aplicables á parte xeral como á parte especial da materia estudada:
• Código Tributario, Aranzadi, Pamplona.
• Dereito Financeiro e Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid.
Algunhas direccións electrónicas de interese:
http://virtual.usc.é/ Campus Virtual da USC.
http://www.usc.es/ Universidade de Santiago de Compostela.
http://www.aeat.es/ Axencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial do Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscais.
http://www.europa.eu.int/ Información sobra a Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/é/index.html Repertorio de Dereito da Unión Europea
Competencias O obxectivo da materia é proporcionar ao alumno os coñecementos necesarios para que poida:
- Coñecer os contidos esenciais da tributación indirecta incidindo de maneira esencial na fiscalidade empresarial.
- Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación indirecta, integrando lexislación e xurisprudencia- Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimizar a tributación.
- Realizar as liquidacións dos impostos indirectos.
- O estudante debe saber buscar a información necesaria (publicacións científicas, xurisprudenciais e normativas) para resolver supostos que se produzan na vida real.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas farase unha presentación dos contidos de cada tema. Existirán materiais docentes, esquemas, apuntes, etc., a disposición dos alumnos. Realizaranse controis de coñecementos a través da resolución de test.
Clases interactivas:
Nas clases interactivas, os estudantes profundarán sobre os aspectos teóricos de cada tema e realizaranse casos prácticos sobre os mesmos. A resolución dos casos será tratada nas clases, contemplándose tamén a entrega por escrito das resolucións para a súa valoración por parte do profesor.
Sistema de evaluación - A avaliación dos alumnos realizarase basicamente atendendo aos resultados dunha proba presencial escrita e de traballos individuais e en grupo e da resolución de casos prácticos. Coa seguinte ponderación:
-exame teórico-práctico........ ata o 60% da nota final
- realización de traballos e resolución dos exercicios plantexados ... ata un 40% da nota final.
Para avaliar os traballos e exercicios é necesario que o estudante asista o 70% das clases ao longo do curso .
Tempo de estudo e traballo persoal Tempo de estudo e traballo persoal
Horas presenciais expositivas : 24horas
Horas presenciais interactivas: 24 horas.
Horas titorias presenciais: 1,5 horas .
Horas non presenciais: 99,5
Recomendacións para o estudo da materia Recoméndase o estudo diario da materia e o manexo dos textos legais aplicables, e así mesmo a utilización das titorías para a resolución das dúbidas que puidesen xurdir.