G3101325 - Econometría I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAportar os coñecementos necesarios para que os alumnos:
- Podan entender o papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica e na análise de decisións empresariais.
- Dominen os conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía desde a perspectiva econométrica.
- Apliquen as técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos e de toma de decisións no ámbito da empresa.
- Podan cursar a materia Econometría II.
ContidosTema 1: A Econometría: evolución histórica e concepto. Modelos económicos e modelos econométricos. Procesos de modelización econométrica. Clasificación dos modelos econométricos. O papel da Econometría.
Tema 2: O modelo de regresión lineal normal clásico: formulación e hipóteses básicas. Estimación polo método dos mínimos cadrados ordinarios. Propiedades dos estimadores mínimo cuadrático ordinarios. Análise da precisión dos estimadores e da bondade do axuste. Contrastes de hipóteses. Estimación máximo-verosímil. A predicción e medidas evaluadoras da capacidade predictiva. Análise da estabilidade postmuestral.
Tema 3: Variables ficticias e contrastes de estabilidade.
Tema 4: Multicolinealidade e selección de regresores.
Tema 5: Paquetes econométricos e aplicacións.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
GUISÁN. M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
HILL, R. C.; GRIFFITHS, W. E.; LIM, G. C.(2011): Principles of Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
PULIDO; A (1993): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
WOOLDRIDGE, J. M. (2006): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ALEGRE,J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC
ALONSO, A.;FERNÁNDEZ, J; GALLASTEGUI, I. (2005): Econometría. Prentice Hall
GREENE, W. H. (1998): Análisis econométrico. Prentice Hall.
JOHNSTON, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed.Vicens-Vives.
MADDALA, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.,
PENA TRAPERO, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide..
PULIDO, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.
VERBEEK, M. (2008): A guide to Modern Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
CompetenciasCOMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
-Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestión, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
-Elementos básicos de modelos econométricos e predición.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
-Dominio dos conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.
-Coñecemento e comprensión do papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.
-Dominio de paquetes informáticos específicos para a Econometría aplicados no ámbito da análise económica en xeral e de forma particular no contexto da empresa.
-Aplicación das técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos concretos das empresas.
Metodoloxía da ensinanza Ao ser unha materia de introdución no campo da Econometría, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumno.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle deste modo a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática. Estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía en xeral e de forma particular no contexto da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementase (se así se recolle na correspondente guía docente) con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudios referentes á realidade económica máis actual.
Sistema de evaluaciónPrimeira oportunidade ordinaria e Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
O sistema principal é o de avaliación continua, de modo que:
- O alumno obter unha parte da cualificación final (un 30%) en base ao traballo realizado
ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas,
traballos realizados.... Dado que a asistencia a clase é obrigatoria para todos os alumnos,
para esta avaliación so se terán en conta os materiais e traballos recollidos en relación
coas actividades e prácticas desenvolvidas nas clases.
A valoración destas actividades concretarase cada curso na correspondente guía docente.
- O restante 70% corresponde co exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumno.
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2),
a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación
suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Alumnos repetidores
Poderán optar a un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota.
CASTELLANO
Sistema de evaluación
Primeira oportunidade ordinaria e Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
El sistema principal es la evaluación continua, de modo que:
- Los estudiantes reciben una parte de la nota final (30%) sobre la base de la labor realizada
lo largo del semestre: participación en clase, resultados de las diferentes pruebas,
trabajos realizados .... Dado que la asistencia es obligatoria para todos los estudiantes,
Esta evaluación sólo se tiene en cuenta los materiales y los trabajos recogidos en relación a las
actividades y prácticas propuestas en las clases.
La evaluación de estas actividades cada año especificado en la guía del curso correspondiente.
- El 70% restante es el examen final. El contenido de este examen debe tener en cuenta
y valorar como un complemento del trabajo continuo realizado por el alumno.
De acuerdo con las Reglas de permanencia en la USC para grado y Masters (Art. 5.2) la
mera asistencia y / o participación en cualquiera de las actividades sujetas a evaluación
significará que la calificación final del estudiante es distinto de NO PRESENTADO
Los alumnos que repiten
Pueden optar a un examen específico, que se considera con el 100% de la nota.
Tempo de estudo e traballo persoalComo a carga total de cada crédito estímase en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudio e de traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
Traballo presencial:
-Clases de pizarra en grupo grande
-Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido
-Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas
-Outras sesións con profesor Especificar: exames e revisión
Traballo non presencial:
-Estudio autónomo individual ou en grupo
-Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos
-Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio
-Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe de ter coñecementos básicos das materias de Matemáticas, Estatística e Teoría Económica cursadas polo alumno nos cursos previos deste grado.