G3101327 - Análise de Estados Financeiros (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComplementar os coñecementos adquiridos nas materias contables previas, estudando as técnicas de investigación e diagnóstico da situación económico-financeira da empresa, para que o alumno comprenda como a partir dos estados contables publicados xunto con outras informacións, e co emprego de diferentes instrumentos, é posible poñer de manifesto datos de interese para a toma de decisións.
ContidosConcepto e obxectivos da análise de estados financeiros. Instrumentos de Análise.
A análise da empresa e o seu contorno. Posición da empresa no sector. Fontes de información.
Análise contable. Estudo do impacto dos PCXA. A calidade dos datos contables. Manipulación da información.
Análise do ciclo de explotación. Necesidades financeiras. Fondo de Rotación e Equilibrio financeiro.
Estudo da situación financeira a través de rateos. Liquidez. Solvencia. Endebedamento.
Estudo da xeración de recursos e liquidez. Análise dos estados de fluxos financeiros.
Análise dos resultados e a rendibilidade. Rendibilidade económica e financeira. Compoñentes da rendibilidade. Rendibilidade e endebedamento. Rendibilidade bolsista. Apancamento operativo e financeiro.
.
Bibliografía básica e complementariaBASICA:
ARCHEL DOMENCH, P Y OTROS ( 2010):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Pirámide.
COMPLEMENTARIA:
Se facilitaránse as referencias na aula e a través do campus virtual pra aqueles temas nos que sexa necesario.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
. Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
. Os fundamentos teóricos da toma de decisións
. Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
. Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
. Comunicarse con fluidez no seu ámbito e traballar en equipo
Competencias específicas da materia:
. Ser capaz de ler, comprender e avaliar criticamente a información contida nos estados financeiros
. Capacidade de detectar os efectos da discreción contable e das estratexias de divulgación de información na imaxe mostrada polos estados financeiros
. Desenvolver destrezas na utilización das diferentes técnicas de análise co fin de extraer indicadores que permitan avaliar a situación económico-financeira da empresa.
Metodoloxía da ensinanza As sesións en aula dedicada a clases expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa. O alumno terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición.
Proporcionaranse a información necesaria para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
Unha parte importante da actividade presencial dedicarase á resolución na aula de diferentes casos e exercicios, a discusión de solucións de doutros exercicios propostas para resolver na casa e o debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
Previamente os alumnos teñen os enunciados dos problemas a resolver e a información necesaria para a preparacion das cuestións a discutir.
O material para a preparación da asignatura ou as referencias ao mismo estarán dispoñibles para estudantes na páxina web do curso, que tamén será usada como un medio adicional de comunicación cos alumnos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na reallización de 3-4 probas, na aula, individuais ou en grupo, cuxo contido e data de realización comunicarase con antelación aos alumnos. Cada unha destas probas terá un peso comprendido entre un mínimo de 0,5 e máximo de 1 punto na nota final.
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 para que a calificación obtida se engada á correspondente á avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deber ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambalas dúas convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo da clase:
Clases de pizarra ,en grupo grande 18
Clases de pizarra ,en grupo reducido18
-Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
Total de horas de traballo presencial na aula 45
Traballo non presencial
Estudo autonomo individual e en grupo 35
-Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
Lecturas recomendadas, biblioteca ou actividades similares 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase necesario
-A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira e Estados Contables
-A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.