Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101328 - Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ CABARCOS, Mª ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Poñer de manifesto a importancia dos Recursos Humanos como fonte de vantaxe competitiva para as empresas e factor clave para o éxito empresarial.
    -Coñecer as principais intervencións da Dirección de Recursos Humanos
    -Comprender as particularidades derivadas das diferentes características das persoas, a acción en grupo, e a presenza de múltiples influenciadores internos e externos vinculadas á xestión de recursos humanos
    -Acadar coñecementos sobre os principais obxectivos da Dirección Estratéxica de Recursos Humanos e as estratexias vinculadas á xestión dos recursos humanos que contribúen aos obxectivos organizativos

    Contidos
    Tema 1. Introdución á xestión dos recursos humanos
    Tema 2. Análise e deseño de postos de traballo
    Tema 3. Planificación dos recursos humanos e flexibilidade da forza laboral
    Tema 4. Recrutamento e selección
    Tema 5. Contratación e socialización
    Tema 6. Formación dos recursos humanos
    Tema 7. Xestión de carreiras
    Tema 8. Avaliación e mellora do desempeño
    Tema 9. Sistema de retribución na empresa

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA XERAL
    Chiavenato, I (2007)”Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones” McGraw Hill.
    Albizu, E.; Landeta, J. (coord.) (2001) "Dirección estratégica de los recursos humanos: teoría y práctica" Pirámide.
    Bonache, J.; Cabrera, Á. (2006) "Dirección de personas: evidencias y perspectivas para el siglo XXI " Prentice Hall.
    Dolan, S.; Valle, R. (2007) "La gestión de los recursos humanos: como atraer, retener y desarrolar con éxito el capital humano en tiempos de transformación " McGraw-Hill.
    Gómez-Mejía, L.R.; Balkin, D.B.; Cardy, R.L. (2008) "Gestión de recursos humanos" Prentice Hall.
    Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003) "Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico" McGraw-Hill.
    Valle, R.J. (coord.) (2004) "La gestión estratégica de los recursos humanos" Pearson Educación.
    García-Tenorio, J.; Sabater, R. (Coordinadores) (2004) "Fundamentos de dirección y gestión de recursos humanos" Thomson.

    Competencias
    -Desenvolvemento de habilidades encamiñadas a lograr unha boa relación persoal e laboral con terceiros.
    -Capacidade de comunicación, presentación, argumentación e resolución de problemas.
    -Coñecemento dos contidos propios da materia, relacionándoos cos contidos doutras materias
    -Desenvolvemento de sensibilidade cara os problemas humanos

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas terán unha duración de unha hora e cuarenta e cinco minutos por semana. Nas clases expositivas o profesor/a desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Empregarase o ordenador persoal e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos, aclarar dúbidas e xerar debates nos que participen os alumnos.
    As clases interactivas terán unha duración de unha hora e cuarenta e cinco minutos por semana. Nestas clases o alumno realizará lecturas, resolverá exercicios, expoñerá traballos, lecturas e casos prácticos, e participará en debates cos seus compañeiros, cobrando especial importancia as actividades en grupo. As clases interactivas poden implicar a realización de actividades fóra das sesións presenciais, tal e como se expón no apartado relativo aos tempos de estudos.
    O profesor porá a disposición do alumno diferentes exercicios, casos prácticos, e outro material impreso e ficheiros de ordenador relacionados coa materia.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc. A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria.
    Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
    O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
    Primeira oportunidade ordinaria
    A) Avaliación continua: Participación nas clases, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos, controis e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 30%.
    B) Exame final de contidos. Peso na cualificación final: 70%.
    Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 3 sobre 7 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
    Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
    Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, farase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación acadada na avaliación continua.
    Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas. O tempo dedicado a clases presenciais (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación) ascende a 60 horas.
    O tempo de estudio supón 90 horas. As horas necesarias varían en función da capacidade de aprendizaxe de cada alumno/a, podéndose tomar como referencia a seguinte distribución:
    -Estudio autónomo, individual ou en grupo: 45 horas
    -Realización de actividades fóra das sesións presenciais (lecturas, realización de traballos, preparación de presentacións, resolución de casos): 45 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumno asista regularmente ás clases teóricas e prácticas, participe activamente en todas as actividades propostas polos profesores e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que os alumnos deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ó longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
    Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.