Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101329 - Organización da Producción (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NUÑEZ LIZ, MARIA PALOMA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxecto da materia é o estudo da Administración da área de Operacións, a través dos seguintes obxectivos docentes:
    -Familiarizar ao alumno coa Administración de Operacións; a súa definición, o seu contido e a historia do seu desenvolvemento.
    -Recoñecer os distintos enfoques estratéxicos desde os que se pode contemplar a produción.
    -Comprender as dimensións da Misión de Operacións e a súa influencia tanto no deseño estratéxico como no desenvolvemento cotián das operacións.
    -Relacionar o concepto de calidade e os distintos enfoques desde os que se aborda o seu estudo, coas actividades e os procesos operativos que se desenvolven no seo das empresas.
    -Estruturar as principais metodoloxías que se empregan para administrar os subsistemas operativos das empresas, facendo fincapé nas posibilidades de aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións.
    -Desenvolver no alumno as habilidades requiridas para abordar con éxito a configuración produtiva da empresa no seu catro áreas fundamentais: o produto, as tarefas produtivas, o proceso e a loxística.

    Contidos
    Organización da Produción e Xestión de Operacións. Planificación da produción, misión e obxectivos do ámbito operativo. As decisións en operacións. Decisións de produto, decisións de proceso.

    Bibliografía básica e complementaria
    DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. e OUTROS (1995): Dirección de operacións. Aspectos estratéxicos na produción e os servizos. McGraw-Hill.
    DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. e OUTROS (1995): Dirección de operacións. Aspectos tácticos e operativos na produción e os servizos. McGraw-Hill.
    FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. e outros (2006): Estratexia de Produción. Mc. Graw Hill
    HEIZER, J. e RENDER, B. (2007): Dirección da produción e de operacións. Decisións estratéxicas. Prentice Hall.
    HEIZER, J. e RENDER, B. (2007): Dirección da produción e de operacións. Decisións tácticas. Prentice Hall.


    Competencias
    Competencias
    - Resaltar a importancia da Organización da Produción no desenvolvemento de vantaxes competitivas e no resultado da empresa.
    - Coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica relacionados coa materia Recoñecer a relevancia estratéxica das decisións do ámbito operativo e a súa estreita vinculación coas decisións nos restantes ámbitos funcionais.
    - Estruturar as principais metodoloxías que se empregan para administrar os subsistemas operativos das empresas, facendo fincapé nas posibilidades de aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións.
    - Identificar e valorar a relevancia das principais áreas de decisión, e desenvolver as habilidades requiridas para xestionar con éxito o ámbito operativo da empresa.
    - Capacidade de decisión respecto da calidade, a produtividade, os prazos de entrega e a flexibilidade no campo das Operacións.
    - Percibir e valorar a importancia do Sistema de Información para a adopción de decisións de natureza operativa.
    - Habilidades de razoamento, argumentación e exposición e traballo en equipo

    Metodoloxía da ensinanza
    Préstase especial atención ás actividades presenciais, con e sen computador. As leccións maxistrais teñen unha finalidade expositiva e nelas introdúcese ao alumno na problemática operativa e o seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumno propiciando a comprensión de problemas operativos e a modelización deles coa finalidade de promover a calidade das decisións.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia leva a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa, cun peso na avaliación final dun 30% e un exame final centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos cun peso na avaliación final dun 70%.
    Para poder superar a materia é necesario que o alumno obteña unha nota maior ou igual a cinco (sobre dez) no exame e que a nota agregada de exame e actividades sexa tamén maior ou igual a cinco (sobre dez)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    - Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, tutorías e avaliación): 60
    - Traballo persoal do alumnado: 90

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases teóricas e prácticas.
    Resolución dos casos e problemas expostos
    Estudo do libro de lectura obrigatoria
    Lecturas recomendadas.
    Recomendacións previas: Coñecementos básicos de Organización de empresas e de Informática de Xestión