G3101330 - Dirección Financeira I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo desta primeira materia, completada en 4º curso coa materia Dirección Financeira II, é proporcionar ao alumno os coñecementos relativos ás modernas técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador, situando o área financeira no contexto global da xestión empresarial, e tratando ao mesmo tempo de contrastar a investigación científica coa realidade da práctica empresarial. O programa divídese en dous grandes bloques: en primeiro lugar, preséntase o entorno das decisións financeiras e abórdase a definición do obxectivo financeiro da empresa e a comprensión do papel da función financeira empresarial e da súa evolución, particularmente ligada hoxe aos conceptos de xestión dos conflictos de interese, goberno corporativo e responsabilidade social empresarial, e introdúcese despois ao alumno nun dos pilares fundamentais das finanzas, a relación rendibilidade-risco, que se completa cunha aproximación á valoración das opcións financeiras; en segundo lugar, abórdase o estudo das decisións de investimento na empresa, presentando as ferramentas e conceptos necesarios para abordar o análise da viabilidade económica dos proxectos de investimento baixo condicións de certeza e en contextos de incerteza e risco. Así, nesta segunda parte do programa introdúcense as variables que definen un proxecto de investimento, a nivel técnico-estratéxico (etapas do proceso de investimento, xeración, execución) e económico (fluxos de fondos), abórdanse tipos de proxectos especiais (reemprazo, diferente duración ou desembolso inicial, racionamento) e explícanse as ferramentas a empregar na valoración de proxectos de investimento en condicións de certeza e risco (VAN, TIR, análise de sensibilidade e simulación, opcións reais…).
ContidosPARTE I. INTRODUCCIÓN
TEMA 1. PANORAMA DAS FINANZAS
1.1. ¿Qué son as finanzas da empresa?
1.2. A organización legal da empresa.
1.3. O departamento de finanzas na empresa
1.4. A función financeira, a Dirección Financeira e as decisións financeiras
1.5. O obxectivo da empresa
1.6. Principios das finanzas e fundamentos de valoración
TEMA 2. GOBERNO CORPORATIVO DA EMPRESA
2.1. ¿Qué é o goberno corporativo?
2.2. Órganos de goberno na empresa
2.3. O sistema legal
2.4. O sistema financeiro: activos, mercados e institucións financeiras
2.5. A propiedade da empresa
2.6. Principios de goberno corporativo da OECD
2.7. Responsabilidade social corporativa
2.8. Ética e goberno corporativo
TEMA 3. RENDIBILIDADE e RISCO: FORMACIÓN DE CARTEIRAS
3.1. Rendibilidade e risco
3.2. O modelo de Markowitz
3.3 Carteiras de dous activos: ¿é posible a diversificación?
3.4. Ampliación do modelo con activos de renda fixa
3.5. A carteira de mercado
TEMA 4. RENDIBILIDADE E RISCO: VALORACIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS
4.1. Relación entre a rendibilidade dun activo e o mercado. O modelo de mercado
4.2. Estimación da prima de risco: o modelo CAPM
4.3. Extensións do CAPM e evidencia empírica
4.4. Unha perspectiva alternativa: modelos factoriais e valoración por arbitraxe
TEMA 5. CARACTERÍSTICAS E VALORACIÓN DE OPCIÓNS
5.1. Características e tipos de opcións
5.2. Determinantes do valor das opcións
5.3. Unha aproximación intuitiva ao valor das opcións
5.4. O método binomial de valoración de opcións
5.5. O modelo de Black-Scholes de valoración de opcións
PARTE II. ANÁLISE DE PROXECTOS DE INVESTIMENTO
TEMA 6. O PROCESO DE INVESTIMENTO NA EMPRESA
6.1. Concepto de investimento
6.2. Dimensión financeira do investimento productivo
6.3. Etapas do proxecto de investimento
6.4. A xeración de proxectos de investimento. Aspectos estratéxicos
6.5. Aspectos a ter en conta na execución de proxectos de investimento
TEMA 7. AVALIACIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN CONDICIÓNS DE CERTEZA
7.1. Criterios aproximados de avaliación de investimentos
7.2. Criterios clásicos de avaliación de investimentos: VAN e TIR
7.3. O problema do reinvestimento dos fluxos de fondos: reformulación dos criterios clásicos.
7.4. Conexión entre o VAN e o valor de mercado das accións
TEMA 8. ESTIMACIÓN DOS FLUXOS DE FONDOS DUN PROXECTO DE INVESTIMENTO
8.1. Consideración da inflación no análise de investimentos
8.2. Fluxos de fondos incrementais
8.3. Estimación do desembolso Inicial
8.4. Fluxo de fondos do proxecto no derradeiro ano de valoración
8.5. Estimación dos fluxos de fondos
TEMA 9. CASOS ESPECIAIS NO ANÁLISE DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO
9.1. Proxectos que teñen diferente duración
9.2. O reemprazo de equipos inmobilizados ou activos non correntes
9.3. O fluxo anual equivalente
9.4. Proxectos que teñen diferente desembolso inicial
9.5. O racionamento de crédito
9.6. Formulación de modelos de programación de investimentos
TEMA 10. INTRODUCCIÓN DA INCERTEZA NA VALORACIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIMENTO
10.1. Introducción ao risco nun proxecto
10.2. Fontes de risco nun proxecto
10.3. Medición do risco dun proxecto
10.4. Axuste do risco na valoración dun proxecto.
10.5. Análise de sensibilidade e de escenarios.
10.6. Simulación.
TEMA 11. DECISIÓNS DE INVESTIMENTO SECUENCIAIS E OPCIÓNS REAIS
11.1. Proxectos de investimento como opcións reais.
11.2. Tipos de opcións reais
11.3. Etapas na valoración de opcións reais
11.4. Valoración de opcións reais.
11.5. Análise de decisións secuenciais: Árbores de decisión.
Bibliografía básica e complementariaMANUAL BÁSICO:
Pindado, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BESLEY, S. e BRIGHAM, E. (2000): Fundamentos de Administración Financiera, McGraw Hill.
BODIE, Z. e MERTON, R. (1999): Finanzas, Prentice Hall.
BREALEY, R., MYERS, S. e ALLEN, J. (2006): Principios de Finanzas Corporativas, 8ª ed., Irwin, McGraw Hil.
CALVO, A., RODRÍGUEZ, L., PAREJO, J.A. e CUERVO, A. (2002): Manual de Sistema Financiero Español, Ariel.
DAMODARAN, A. (2001): Corporate Finance. Theory and Practice, 2ª ed., John Wiley & Sons, Nova York.
DE PABLO, A. e FERRUZ, L. (1996): Finanzas de Empresa; Centro de Estudios Ramón Areces.
DIEZ DE CASTRO, L.T. e LÓPEZ, J. (2007): Dirección Financiera. La Inteligencia Financiera en la Gestión Empresarial, Prentice Hall.
DURÁN HERRERA, J.J. (1992): Economía y Dirección financiera de la empresa, Pirámide.
EMERY, D.R. e FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
FANJUL SUÁREZ, J. e CASTAÑO GUTIERREZ, F.J. (2006): Dirección Financiera, Dykinson
FAUS, J. y TAPIES, J. (1996): Finanzas operativas, Estudios y Ediciones IESE.
GOMEZ CALVET, A.R. (2006): Teoría de la Financiación II. OPT, estructura de capital y dividendos, Pirámide.
HIGGINS, R.C. (2004), Análisis para la dirección financiera, Mc Graw Hill.
KEOWN, A.; PETTY, J.; SCOTT, D. e MARTIN, J. (2000): Financial Management. Principles and Applications, Prentice Hall.
KEOWN, A.J. e outros (1999): Introducción a las finanzas, Prentice Hall.
LASALA NAVARRÉ, C. e outros (2006): Dirección Financiera II. Medios de financiación empresarial, Pirámide.
ROSS, S.A.; WESTERFIELD, R.W. e JAFFE, J.F. (2005): Finanzas Corporativas (7ª edición); Irwin McGraw-Hill, Madrid.
SHIM, J.K. e SPIEGEL, J.G. (2004): Dirección financiera, McGraw Hill
SUÁREZ SUÁREZ, A. (1996): Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa, Pirámide.
VAN HORNE, J.C. e WACHOWICH, J,M, (2002): Fundamentos de Administración Financiera, Prentice Hall.
VEN HORNE, J.C. (1997), Administración financiera, Prentice Hall
WESTON, J. F. e COPELAND, T.E. (1995): Finanzas en Administración (9ª edición); McGraw-Hill.
Competencias– Coñecer as interrelacións entre os distintos tipos de decisións que conforman a actividade financeira da empresa.
– Manexar con soltura a metodoloxía para a valoración de activos.
– Estimar correctamente os fluxos de fondos dun proxecto de investimento.
– Aplicar correctamente os métodos de avaliación e selección de proxectos de investimento.
– Analizar as interaccións entre proxectos.
– Identificar as variables estratéxicas das decisións de investimento e realizar o análise do risco asumido.
– Adquirir os coñecementos básicos para estimar a rendibilidade dos investimentos financeiros.
– Observar a realidade da actualidade financeira a través da prensa ou outros medios e aplicar os coñecementos adquiridos a esas situacións.
Metodoloxía da ensinanza Nas tres horas de docencia semanal intentarase seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:
- Compatibilizar o rigor lóxico da Dirección Financeira da Empresa con unha necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
- Resolver exercicios que permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos.
- Plantear o análise de casos reais ou ficticios nos que o alumno deba por en valor os coñecementos e competencias adquiridos en relación co análise e tratamento da información e a toma de decisións.
- Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente como fora del.
- Fomentar o diálogo no aula e a participación activa en clase.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
As clases interactivas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Estas consistirán na resolución de exercicios e casos no aula e nas horas de traballo autónomo do alumno e están encamiñadas a enfrontar ao alumno á procura de información, o análise dos datos, a aplicación das ferramentas e técnicas explicadas nas clases teóricas e a toma de decisións. Nalgúns casos estas prácticas haberán de resolverse de forma individual e noutras en grupos reducidos, tratando de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. Os traballos programados ao longo do semestre pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar de maneira oral e escrita a información que se teña obtido convenientemente. Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: procura de material bibliográfico, lectura deste material, elaboración de informes, traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías.
Promoverse tamén o uso dos recursos tecnolóxicos (vídeos, Internet, programas informáticos), e o campus virtual da USC.
Sistema de evaluaciónPara unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta, por un lado, o resultado obtido nunha proba final teórico-práctica e, por outro lado, a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos ao longo do curso. A proba final teórico-práctica terá un peso do 70% na calificación final e a valoración continua do traballo do alumno un 30% na calificación final.
Esta avaliación continua basearase nos seguintes criterios:
- Asistencia a clase: esixirase unha porcentaxe de asistencia mínima do 80% para poder someterse ao proceso de avaliación continua.
- Estudios de caso e comentarios: as actividades propostas aos alumnos para o seu traballo con carácter autónomo e a posterior posta en común das súas conclusións será calificada polo profesor atendendo non só á calidade e corrección das resolucións dos casos senón tamén á calidade da presentación dos resultados. O seu peso na avaliación continua corresponderase con unha porcentaxe do 50%. Esixirase a presentación presencial de, a lo menos, 4 actividades.
- Controles parciais dos contidos do programa: prevese a realización de 2 controles parciais ao terminar cada un dos 2 bloques temáticos da materia. Non terán carácter liberatorio (é dicir, no exame final avaliaranse todos os contidos do temario) e o seu peso na avaliación continua corresponderase con unha porcentaxe do 50%.
A proba ou exame final, a realizar nas datas oficiais propostas no calendario académico do centro, dentro dos dous períodos previstos pola normativa (maio para as materias do segundo semestre e xullo) posuirá en ambas convocatorias un peso do 70% na calificación final e combinarase coa calificación alcanzada na avaliación continua. Nesta proba-exame final será necesario obter unha calificación mínima para promediar coa avaliación continua.
O sistema de calificacións expresarase mediante calificación numérica e cualitativa. A calificación global corresponderá á puntuación ponderada dos diferentes aspectos e actividades que integran o sistema de avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
Docencia en grupo grande: 15
Docencia en grupo reducido: 30
Titoría en grupo: 10
Outras sesións con profesor (avaliación): 5
Total horas traballo presencial no aula: 60
Horas non presenciais:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 60
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 3
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais, debates ou similar: 2
Total horas traballo persoal do alumno: 90
Total horas traballo alumno: 150
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se dispoñen a estudiar esta materia deberían ter coñecementos básicos de:
- Análise e cálculo financeiro: taxas de xuro simple e composto, leis de capitalización e desconto, rendas constantes e perpetuas e amortización de préstamos.
- Contabilidade financeira: manexo e comprensión dos estados contables e das partidas básicas.
- Dereito mercantil: tipos de sociedades, instrumentos e produtos financeiros, dereitos e obrigas dos accionistas e dos acredores, etc.
Así mesmo é imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas. Un nivel básico de inglés tamén facilitará a lectura de textos e artigos recomendados.
Outras recomendacións son:
- Asistir regularmente e participar no desenvolvemento das clases teórico-prácticas, así como revisar previamente o material dispoñible no manual básico e a través do campus virtual sobre o que se traballará no aula.
- Tratar de resolver os casos prácticos e exercicios por si mesmo, antes de que sexan resoltos no aula. Esta forma de actuar desenvolverá a creatividade e soltura do estudiante á hora de enfrontarse a un problema de xestión financeira.
- Seguir a actualidade financeira, posto que é onde mellor se observa a aplicación dos coñecementos teóricos. Moitas das situacións actuais relacionadas coa materia coméntanse na clase para exemplificar os coñecementos estudiados.