G3101331 - Econometría II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA partir dos coñecementos básicos que o estudante recibiu ao cursar a materia de Econometría I no primeiro cuadrimestre de terceiro, neste curso afóndase nos métodos econométricos fundamentais para o que, en primeiro lugar, enlázase cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xorden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global, abórdase o estudo de problemáticas particulares relacionadas coa análise da realidade empresarial, o que permite ao alumno adquirir unha visión máis ampla das posibilidades da materia, para poder así interpretar traballos econométricos de dificultade media, e adquirir os coñecementos necesarios para afrontar temas econométricos máis avanzados.
ContidosTema 1. Incumprimento das hipóteses do modelo clásico.
Tema 2. O modelo de regresión linear xeneralizado: hipóteses , propiedades dos estimadores, inferencia e predición.
Tema 3. Modelos dinámicos uniecuacionais e modelos de series de tempo.
Tema 4. Cointegración, causalidade e interdependencia: introdución.
Tema 5. Microeconometría e decisión.
Tema 6. Emprego de aplicacións informáticas (de carácter transversal).
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Greene, W. (2001): Análisis Econométrico. Madrid: Pearson Education.
Guisán, M.C. (1197): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Barcelona: Vicens-Vives.
Wooldridge, J. M. (2006): Introducción a la Econometría: Un enfoque moderno. Madrid:Paraninfo Thomson Learning.
COMPLEMENTARIA:
Brooks, C. (2002): Introductory econometrics for finance. Cambridge: Cambridge University Press
Gujarati, D. (1997): Econometría. Bogotá: McGraw-Hill.
Otero, J. M. (1993): Econometría. Series temporales y predicción. Madrid: AC.
Uriel, E. e Peiró, A. (2000): Introducción al análisis de series temporales. Madrid: AC.
Hill, R. C.; Griffiths, W. E.; Lim, G. C. (2008): Principles of Econometrics. Hoboken: Wiley & Sons Inc.
Alonso, A.; Fernández; J.; Gallástegui, I (2005): Econometría. Madrid: Pearson E
Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Pulido, A; Pérez; J. (2001): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
Competencias-Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, mediante o uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
-Saber deducir, mediante a análise de datos, información relevante que resulte moi difícil de recoñecer por quen non teña a suficiente formación para elo.
-Ter coñecementos básicos de modelos econométricos e predición.
Competencias específicas da materia:
-Dominio dos conceptos e instrumentos de nivel medio indispensables para a análise. cuantitativa e empírica da Economía en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.
-Ampliación dos coñecementos sobre aplicacións informáticas específicas para a Econometría que posibilite o seu emprego no ámbito da análise empresarial a casos de complexidade media-alta.
-Aplicación das técnicas econométricas de nivel medio á resolución de problemas económicos concretos das empresas.
Metodoloxía da ensinanza Ao ser unha materia eminentemente aplicada á problemática económica, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumno.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introducción e explicación dos aspectos fundamentais de cada tema, proporcionándolle os recursos adicionais necesarios que lle permitan un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos impártense na aula de informática. Estas clases prácticas, nas que se utiliza o ordenador, están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos e se familiarice coas novas ferramentas informáticas e coa resolución de problemas concretos no ámbito da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementarse (se así se recolle na correspondente guía docente) con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autónomamente. Con estes traballos tamén se pretende contribuir á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudos referentes á realidade económica máis actual.
Sistema de evaluaciónPrimeira oportunidade ordinaria e Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
O sistema principal é o de avaliación continua, de modo que:
- O alumno obter• unha parte da cualificación final (un 30%) en base ao traballo realizado
ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas,
traballos realizados.... Dado que a asistencia a clase é obrigatoria para todos os alumnos,
para esta avaliación so se terán en conta os materiais e traballos recollidos en relación
coas actividades e prácticas desenvolvidas nas clases.
A valoración destas actividades concretarase cada curso na correspondente guía docente.
- O restante 70% corresponde co exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumno.
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2),
a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación
suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Alumnos repetidores
Poderán optar a un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota.
CASTELLANO
Sistema de evaluación
Primeira oportunidade ordinaria e Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
El sistema principal es la evaluación continua, de modo que:
- Los estudiantes reciben una parte de la nota final (30%) sobre la base de la labor realizada
lo largo del semestre: participación en clase, resultados de las diferentes pruebas,
trabajos realizados .... Dado que la asistencia es obligatoria para todos los estudiantes,
Esta evaluación sólo se tiene en cuenta los materiales y los trabajos recogidos en relación a las
actividades y prácticas propuestas en las clases.
La evaluación de estas actividades cada año especificado en la guía del curso correspondiente.
- El 70% restante es el examen final. El contenido de este examen debe tener en cuenta
y valorar como un complemento del trabajo continuo realizado por el alumno.
De acuerdo con las Reglas de permanencia en la USC para grado y Masters (Art. 5.2) la
mera asistencia y / o participación en cualquiera de las actividades sujetas a evaluación
significará que la calificación final del estudiante es distinto de NO PRESENTADO
Los alumnos que repiten
Pueden optar a un examen específico, que se considera con el 100% de la nota.
Tempo de estudo e traballo persoalComo a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
Recomendacións para o estudo da materiaDebería ter superada a materia Econometría I desta titulación e adquirida axilidade no uso de aplicacións informáticas específicas.