Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Administración e Dirección de Empresas  »  Información da Materia

G3101421 - Dirección Financeira II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FEAS VAZQUEZ, JACOBO DANIEL.NON
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON.SI
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta segunda materia, iniciada en 3º curso coa materia Dirección Financeira I, é proporcionar ao alumno os coñecementos relativos ás modernas técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador, situando o área financeira no contexto global da xestión empresarial, e tratando ao mesmo tempo de contrastar a investigación científica coa realidade da práctica empresarial. O programa divídese en catro grandes bloques: en primeiro lugar, céntrase a atención nunha das áreas clave da xestión financeira, a xestión do circulante, explicando os seus fundamentos xerais e prestando unha especial atención á xestión da tesourería, facendo fincapé nas fontes de financiamento a curto prazo; en segundo lugar, analízanse os fundamentos da valoración de obrigacións e accións (dous elementos esenciais do financiamento empresarial); en terceiro lugar, abórdase o estudio da estrutura financeira da empresa, presentando as diversas fontes de financiamento empresarial e as súas características e custes, analizando a definición de políticas óptimas de endebedamento e dividendos e o seu impacto sobre o valor da empresa, e revisando as fontes de financiamento empresarial a curto prazo; e, finalmente, dedícanse dous temas ao estudo das operacións especiais na xestión empresarial e as súas implicacións financeiras: as fusións e adquisicións e as situacións de fracaso e reorganización empresarial.
    Contidos
    PARTE I. XESTIÓN FINANCEIRA DO CIRCULANTE

    TEMA 1. Introdución a xestión financeira do circulante.
    1.1. Características da xestión financeira do circulante.
    1.2. Necesidades operativas de fondos e fondo de manobra
    1.3. Xestión de clientes
    1.4. Xestión de provedores

    TEMA 2. Xestión de tesouraría
    2.1. Planteamento do problema de xestión de tesourería na empresa
    2.2. Fontes de financiamento a curto prazo
    2.3. Orzamento de tesourería
    2.4. Decisións de xestión de tesourería na empresa
    2.5. Toma de decisións cando hai déficit de fondos.
    2.6. Toma de decisións cando hai excedente de fondos.

    PARTE II. VALORACIÓN DE ACTIVOS FINANCEIROS

    Tema 3. Características e valoración de obrigacións
    3.1. Características das obrigacións
    3.2. Valoración das obrigacións
    3.3. Rendemento das obrigacións: rendibilidade ao vencemento
    3.4. Prezos das obrigacións e tipos de xuro
    3.5. Valoración do risco dunha obrigación
    3.6. Obrigacións convertibles
    3.7. Accións preferentes

    Tema 4. Características e valoración de accións
    4.1. Características das accións
    4.2. Valoración de accións
    4.3. Cálculo do custe implícito das accións
    4.4. Valoración de accións partindo do fluxo de fondos libre
    4.5. Valoración de oportunidades de crecemento
    4.6. Relación entre o prezo das accións e o beneficio por acción
    4.7. Eficiencia do mercado financeiro: equilibrio nos prezos das accións


    PARTE III FINANCIAMENTO EMPRESARIAL

    Tema 5. Fontes de financiamento na empresa
    5.1. Financiamento bancario
    5.2. Emisión de títulos
    5.3. Ampliacións de capital e dereitos de subscrición
    5.4. O autofinanciamento
    5.5. Leasing
    5.6. Project Finance
    5.7. Capital risco

    Tema 6. Relevancia da estrutura de capital
    6.1. Por que importa a estrutura de capital?
    6.2. Estrutura de capital en mercados perfectos
    6.3. Efecto dos impostos na estrutura de capital
    6.4. Efecto dos custes de insolvencia financeira na estrutura de capital
    6.5. Efecto dos custes de axencia na estrutura de capital
    6.6. O endebedamento como sinal financeira
    6.7. Combinación dos elementos que inciden na estrutura de capital

    Tema 7. Estrutura de capital adecuada
    7.1. Efecto dos mercados de produtos e laboral na estrutura de capital
    7.2. Efecto do sector na estrutura de capital
    7.3. Efecto da cualificación crediticia na estrutura de capital
    7.4. Teoría da orde de xerarquía e do tempo de mercado
    7.5. Crecemento e valor da empresa
    7.6. Factores que afectan á elección da estrutura de capital
    7.7. Aspectos da estrutura de capital relacionados co tipo de títulos
    7.8. Como determinan as empresas a súa estrutura de capital

    Tema 8. A política de dividendos
    8.1. Distribución de fondos aos accionistas e tipos de dividendos
    8.2. A política de dividendos en mercados de capitais perfectos
    8.3. O efecto dos custes de transacción
    8.4. O efecto dos impostos
    8.5. O efecto informativo dos dividendos
    8.6. O efecto dos custes de axencia
    8.7. A elección da política de dividendos e as súas interrelacións coas decisións de investimento e endebedamento

    Tema 9. Interrelación das decisións de investimento e financiamento: o custe de capital
    9.1. O custe de capital: custe de capital medio ponderado
    9.2. Custe de capital medio ponderado despois de impostos e a súa utilización na valoración de proxectos de investimento
    9.3. Valor actual axustado
    9.4. O desconto dos fluxos de fondos dos accionistas
    9.5. Comparación dos métodos CCMP, VAA e DFFA

    PARTE IV: TEMAS ESPECIAIS EN FINANZAS EMPRESARIALES

    Tema 10. Fusións e adquisicións. Tomas de control empresarial
    10.1. Formas de adquisición e tomas de control
    10.2. Por que se producen fusións? Factores determinantes das mesmas
    10.3. Determinación das ganancias e perdas dunha fusión
    10.4. Valoración dos fluxos de fondos descontados dunha fusión
    10.5. Medios de pago da operación
    10.6. Outras consideracións relevantes no proceso de fusión

    Tema 11. Fracaso e reorganización empresarial
    11.1. Tipoloxía do fracaso empresarial
    11.2. Causas do fracaso empresarial
    11.3. Predición da insolvencia financeira.
    11.4. Reorganización informal
    11.5. Concurso de acredores

    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAL BÁSICO:
    Pindado, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    BESLEY, S. e BRIGHAM, E. (2000): Fundamentos de Administración Financiera, McGraw Hill.
    BODIE, Z. e MERTON, R. (1999): Finanzas, Prentice Hall.
    BREALEY, R., MYERS, S. e ALLEN, J. (2006): Principios de Finanzas Corporativas, 8ª ed., Irwin, McGraw Hil.
    CALVO, A., RODRÍGUEZ, L., PAREJO, J.A. e CUERVO, A. (2002): Manual de Sistema Financiero Español, Ariel.
    DAMODARAN, A. (2001): Corporate Finance. Theory and Practice, 2ª ed., John Wiley & Sons, Nova York.
    DE PABLO, A. e FERRUZ, L. (1996): Finanzas de Empresa; Centro de Estudios Ramón Areces.
    DIEZ DE CASTRO, L.T. e LÓPEZ, J. (2007): Dirección Financiera. La Inteligencia Financiera en la Gestión Empresarial, Prentice Hall.
    DURÁN HERRERA, J.J. (1992): Economía y Dirección financiera de la empresa, Pirámide.
    EMERY, D.R. e FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
    FANJUL SUÁREZ, J. e CASTAÑO GUTIERREZ, F.J. (2006): Dirección Financiera, Dykinson
    FAUS, J. y TAPIES, J. (1996): Finanzas operativas, Estudios y Ediciones IESE.
    GOMEZ CALVET, A.R. (2006): Teoría de la Financiación II. OPT, estructura de capital y dividendos, Pirámide.
    HIGGINS, R.C. (2004), Análisis para la dirección financiera, Mc Graw Hill.
    KEOWN, A.; PETTY, J.; SCOTT, D. e MARTIN, J. (2000): Financial Management. Principles and Applications, Prentice Hall.
    KEOWN, A.J. e outros (1999): Introducción a las finanzas, Prentice Hall.
    LASALA NAVARRÉ, C. e outros (2006): Dirección Financiera II. Medios de financiación empresarial, Pirámide.
    ROSS, S.A.; WESTERFIELD, R.W. e JAFFE, J.F. (2005): Finanzas Corporativas (7ª edición); Irwin McGraw-Hill, Madrid.
    SHIM, J.K. e SPIEGEL, J.G. (2004): Dirección financiera, McGraw Hill
    SUÁREZ SUÁREZ, A. (1996): Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa, Pirámide.
    VAN HORNE, J.C. e WACHOWICH, J,M, (2002): Fundamentos de Administración Financiera, Prentice Hall.
    VEN HORNE, J.C. (1997), Administración financiera, Prentice Hall
    WESTON, J. F. e COPELAND, T.E. (1995): Finanzas en Administración (9ª edición); McGraw-Hill.
    www.bolsamadrid.es
    www.bde.es
    www.cnmv.es

    Competencias
    – Coñecer as particularidades das finanzas operativas referidas á xestión do circulante da empresa.
    – Coñecer os distintos tipos de decisións que conforman a actividade financeira da empresa, así como as súas interrelacións.
    – Interpretar a empresa como un conxunto de relacións contractuais e entender como estas afectan ás decisións financeiras.
    – Coñecer os principais elementos que conforman o sistema financeiro no que actúa a empresa, tanto a nivel nacional como internacional.
    – Adquirir unha metodoloxía axeitada para a valoración de activos.
    – Coñecer as principais fontes de recursos financeiros dispoñibles para a empresa, as súas características e o custe asociado a cada unha delas.
    – Comprender as principais aportacións teóricas acerca da definición dunha política axeitada de endebedamento empresarial e reparto de dividendos.
    – Trasladar as claves teóricas anteriores á realidade financeira da empresa e, en particular, á pequena e mediana empresa.
    – Observar a realidade da actualidade financeira a través da prensa ou outros medios e aplicar os coñecementos adquiridos a esas situacións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas tres horas de docencia semanal intentarase seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:
    - Compatibilizar o rigor lóxico da Dirección Financeira da Empresa con unha necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
    - Resolver exercicios que permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos.
    - Plantexar o análise de casos reais ou ficticios nos que o alumno deba por en valor os coñecementos e competencias adquiridos en relación co análise e tratamento da información e a toma de decisións.
    - Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente como fora del.
    - Fomentar o diálogo no aula e a participación activa en clase.
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
    As clases interactivas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Estas consistirán na resolución de exercicios e casos no aula e nas horas de traballo autónomo do alumno e están encamiñadas a enfrontar ao alumno á procura de información, o análise dos datos, a aplicación das ferramentas e técnicas explicadas nas clases teóricas e a toma de decisións. Nalgúns casos estas prácticas haberán de resolverse de forma individual e noutras en grupos reducidos, tratando de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. Os traballos programados ao longo do semestre pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar de maneira oral e escrita a información que se teña obtido convenientemente. Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: procura de material bibliográfico, lectura deste material, elaboración de informes, traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías.
    Promoverse tamén o uso dos recursos tecnolóxicos (vídeos, Internet, programas informáticos), e o campus virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    Para unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta, por un lado, o resultado obtido nunha proba final teórico-práctica e, por outro lado, a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos ao longo do curso. A proba final teórico-práctica terá un peso do 70% na cualificación final e a valoración continua do traballo do alumno un 30% na cualificación final.
    Esta avaliación continua basearase nos seguintes criterios:
    - Asistencia a clase: esixirase unha porcentaxe de asistencia mínima do 80% para poder someterse ao proceso de avaliación continua.
    - Estudios de caso e comentarios: as actividades propostas aos alumnos para o seu traballo con carácter autónomo e a posterior posta en común das súas conclusións será calificada polo profesor atendendo non só á calidade e corrección das resolucións dos casos senón tamén á calidade da presentación dos resultados. O seu peso na avaliación continua corresponderase con unha porcentaxe do 50%. Esixirase a presentación presencial de, a lo menos, 4 actividades.
    - Controis parciais dos contidos do programa: prevese a realización de 2 controis parciais. Non terán carácter liberatorio (é dicir, no exame final avaliaranse todos os contidos do temario) e o seu peso na avaliación continua corresponderase con unha porcentaxe do 50%.
    A proba ou exame final, a realizar nas datas oficiais propostas no calendario académico do centro, dentro dos dous períodos previstos pola normativa (xaneiro para as materias do primeiro semestre e xullo) posuirá en ambas convocatorias un peso do 70% na cualificación final e combinarase coa cualificación alcanzada na avaliación continua. Nesta proba-exame final será necesario obter unha cualificación mínima para promediar coa avaliación continua.
    O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica e cualitativa. A calificación global corresponderá á puntuación ponderada dos diferentes aspectos e actividades que integran o sistema de avaliación.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    Docencia en grupo grande: 15
    Docencia en grupo reducido: 30
    Titoría en grupo: 10
    Outras sesións con profesor (avaliación): 5
    Total horas traballo presencial no aula: 60

    Horas non presenciais:
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 60
    Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 25
    Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 3
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais, debates ou similar: 2
    Total horas traballo persoal do alumno: 90

    Total horas traballo alumno: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de:
    - Análise e cálculo financeiro: taxas de xuro simple e composto, leis de capitalización e desconto, rendas constantes e perpetuas e amortización de préstamos.
    - Contabilidade financeira: manexo e comprensión dos estados contables e das partidas básicas.
    - Dereito mercantil: tipos de sociedades, instrumentos e produtos financeiros, dereitos e obrigas dos accionistas e dos acredores, etc.
    - Dirección Financeira I.
    Así mesmo é imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas. Un nivel básico de inglés tamén facilitará a lectura de textos e artigos recomendados.
    Outras recomendacións son:
    - Asistir regularmente e participar no desenvolvemento das clases teórico-prácticas, así como revisar previamente o material dispoñible no manual básico e a través do campus virtual sobre o que se traballará no aula.
    - Tratar de resolver os casos prácticos e exercicios por sí mesmo, antes de que sexan resoltos no aula. Esta forma de actuar desenvolverá a creatividade e soltura do estudante á hora de enfrontarse a un problema de xestión financeira.
    - Seguir a actualidade financeira, posto que é onde mellor se observa a aplicación dos coñecementos teóricos. Moitas das situacións actuais relacionadas coa materia coméntanse na clase para exemplificar os coñecementos estudados.